"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

  • Froito múltiple integrado por moitas núculas e xeralmente por partes engrosadas do eixe ou do receptáculo, como por exemplo os amorodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer remuíños de po.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Remuíño de po provocado polo vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Manzaneda, no concello homónimo. O seu cumio acada os 667 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Medeiros (Monterrei). O seu cumio acada os 628 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Cofundadora do Teatro do Antroido, participou nos espectáculos Amor e crimes de Xan Panteira (1975), de Blanco-Amor, Bailadela da morte ditosa (1980), de Euloxio Ruibal, e, co Centro Dramático Galego, en Woyzeck (1985), de G. Büchner. Ademais de desenvolver diversos proxectos para televisión desde a década de 1980, nas pantallas cinematográficas protagonizou, en 1989, un dos episodios que compoñen a longametraxe Urxa (C. A. López Piñeiro e A. García Pinal). En 1991 participou en Martes de Carnaval (Pedro Carvajal e Fernando Bauluz), en 1997 en A noiva de medianoite (Antonio F. Simón), en 2000 na curtametraxe O río ten mans (B. del Monte), en 2004 na longametraxe León y Olvido, entre 2004-2005 interpretou a Maruxa en 4º sen ascensor. No 2008 destaca o seu papel de Dorinda en Os Atlánticos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia, intensamente colorada, que contén na súa estrutura o sistema da porfina. Atópase no protoplasma das células dos seres vivos constituíndo a base dos pigmentos respiratorios. As máis importantes son as ferroporfirinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza de porfirinas no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á porfirina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza anormal de porfirinas nos ouriños, sen a clínica propia destas. É secundaria en varias enfermidades, como a intoxicación por chumbo, anemias, hemólises e leucoses.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Porriño ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante do Porriño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no O da parroquia de Carballido (Lugo). O seu cumio acada os 504 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Santiago de Gaioso e Candai (Outeiro de Rei). O seu cumio acada os 600 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no Porriño. Obra de Antonio Palacios Ramilo, en que se mesturan os elementos máis característicos do románico, do gótico e do barroco, comezou a construírse en 1921 e rematouse en 1924. Destaca polas estruturas que entran e saen ou se abren a través de arcos semicirculares na planta baixa, onde forman un pórtico de entrada, e no piso superior, onde os arcos se apuntan e se adornan con tracerías neogóticas no balcón. Palacios baseouse nas catedrais-fortaleza medievais e incorporou elementos como as ameas no remate das torres e das partes altas do edificio e contrafortes na torre. Nos arcos laterais da balconada destaca o traballo da filigrana das celosías e na parte baixa dos pórticos sitúase unha decoración a base de festóns e arquiños cegos. En 1976 incendiouse e houbo que modificar todo o interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club Balonmano Porriño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello do Porriño, onde está a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Vigo, situado na provincia de Pontevedra no SO da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 09’ 70” de latitude N e 8° 37’ 30” de lonxitude O. Limita ao N con Mos (comarca de Vigo), ao L con Ponteareas (comarca do Condado) e Salceda de Caselas (comarca de Vigo), ao S con Salceda de Caselas (comarca de Vigo) e Tui (comarca do Baixo Miño), e ao O con Gondomar, Mos e Vigo (os tres na comarca de Vigo). Abrangue unha superficie de 61,2 km 2 , en que acolle unha poboación de 16.745 h (2007), distribuída nas parroquias de Atios, Cans, Chenlo, Mosende, Pontellas, O Porriño, San Salvador de Budiño e Torneiros. A capital esta na vila do Porriño, na parroquia homónima, a 83 km de Santiago de Compostela e a 29 km de Pontevedra. Está adscrito, á diocese de Vigo-Tui e ao partido xudicial de Vigo.
    Xeografía física
    O seu relevo caracterízase polo forte contraste entre as terras chás do centro do concello, situado en plena Depresión Meridiana, e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Mos, O Porriño e Salceda de Caselas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Porriño. No seu terreo existiu un antigo edificio construído no s XVI baixo a advocación de san Xurxo. En 1778 tiña a advocación da Nosa Señora do O e en 1809 xa tiña a denominación de Santa María baixo a advocación da Purísima Concepción. En 1909 comezaron as obras de reedificación da nova igrexa, baixo un deseño de Manuel Felipe Quintana Ochaita, que se inaugurou en 1913. Construída en estilo neogótico, aproveitouse da antiga igrexa a fachada, na que se abriron inferiormente dúas estreitas fiestras e se substituíu a portada e a fornela por unha porta rematada nun arco apuntado que acubilla unha vidreira gótica. Substituíuse tamén a fiestra rectangular por un óculo e levantouse o corpo superior de remate en vertical. Aproveitouse o primeiro corpo da antiga torre e fíxose de novo o segundo. Ten planta de cruz latina cunha única nave, cruceiro e unha soa ábsida poligonal. Os tres tramos da nave, os laterais do cruceiro e o corpo que precede á ábsida, cóbrense...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Política. Militante do PP, foi concelleira no concello de Vigo (1995-1999), directora xeral de Servizos Sociais na consellería de Sanidade e Servicios Sociais (1999-2001) e conselleira de Asuntos Sociais (2001-2003). Foi deputada no Parlamento de Galicia na VI lexislatura (2002-2003) e en 2003 acadou a alcaldía de Vigo, despois da cuestión de confianza que destituíu a V. Pérez Mariño. Desde 2004 é senadora.

    VER O DETALLE DO TERMO