"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico. Estudiou filosofía e teoloxía no seminario de Ourense. Chantre das catedrais de Valladolid e València, fundou a revista Soluciones Católicas. Publicou Tierra Santa. La cuestión de Oriente (1877), La transformación de la Roma pagana estudada en la Roma actual (1882) e Nerón. Escenas del primer siglo del cristianismo (1895).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Andar dun lado para outro sen parar remexendo e enredando.
-
Ferver moi lentamente algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen non para de moverse, de enredar ou de remexer onde non debe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fervellasverzas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadoiro do río Xallas na súa desembocadura na ría do Ézaro, no lugar do Cadoiro, no límite entre as parroquias (e concellos) do Pindo (Carnota) e do Ézaro (Dumbría). É o único río do continente europeo que desemboca nun cadoiro. A fervenza prodúcese por mor da resistencia á erosión do Monte Pindo, litoloxicamente un batolito de granito de biotita, que o caudal do río non é capaz de desgastar. A construción do encoro de Santa Uxía privou o curso do seu caudal, deixando o leito seco, sen respectar o caudal ecolóxico mínimo legalmente establecido. En agosto de 2000 a compañía titular da presa accedeu a proporcionar caudal ao río durante o mediodía de todos os domingos.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico francés. Foi un dos precursores do cine francés e traballou como realizador da casa Gaumont. Dirixiu filmes cómicos e históricos e as series La vie telle qu’elle est (1911-1913), Fantomas (1913-1914) e Judex (1916- 1918).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade francesa da época da Revolución formada pola á moderada do club dos xacobinos, que tomou o seu nome do convento dos feuillants (orde cisterciense orixinaria da abadía de Feuillant, Gascoña), onde tiñan a súa sede. Defenderon a Constitución de 1791 e a monarquía.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido como Il Sarzana, formouse en Xénova e Roma. A súa obra caracterizouse polo eclecticismo e o manierismo. Destacan, entre outras, Escenas da vida de Esther no palacio Lomellini.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista. Médico especialista en cirurxía ortopédica e traumatoloxía, traballou na Ciudad Sanitaria La Paz de Madrid e participou nas reivindicacións dos MIR (Médicos Internos e Residentes), polo que foi despedido en 1975. Readmitido en 1976, ingresou en CC OO en 1977. Foi elixido secretario xeral de Sanidade (1981), secretario de Política Institucional (1987) e secretario xeral do sindicato CC OO (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Premio concedido du-rante a celebración, cada catro anos, do Congreso Internacional de Matemáticas a dous eminentes matemáticos en activo, tradicionalmente de menos de 40 anos de idade, e dende 1966 a un máximo de seis. O xurado, formado por oito membros, desígnase entre dous congresos consecutivos polo comité executivo da Unión Internacional de Matemáticas. Creada e dotada polo matemático canadense J. Ch. Fields durante o congreso de Toronto do ano 1924, comezou a concederse en 1936.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operacións militares en Filipinas durante a Segunda Guerra Mundial. A ofensiva xaponesa (10 de decembro de 1941) obrigou a McArthur a abandonar as illas (marzo de 1942) e á rendición dos últimos continxentes norteamericanos en Bataan e Corregidor. A resistencia das guerrillas impediu o control total das Filipinas polos invasores. O contraataque aliado reconquistou o arquipélago e liberou Manila (4 de febreiro de 1945).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate entre os cesarianos Marco Antonio, Octavio e Lépido e os republicanos Bruto e Casio, que tivo lugar na Macedonia oriental o 23 de outubro do 42 a C. Trala vitoria das tropas dos cesarianos, Bruto e Casio suicidáronse.
-
PERSOEIRO
Pintor e teórico da arte checa. Foi membro do grupo Osma e pasou dun período expresionista influenciado por E. Munch reflectido en Lector de Dostojevskij, e outro período cubista. Realizou unha síntese do surrealismo moi persoal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situada sobre o río Tea, en Salvaterra de Miño. Trátase dunha ponte de orixe medieval, con catro vans, alombada e con arcos apuntados. Pertenceu ao antigo camiño de Tui a Ponteareas.
-
-
de fillar.
-
Aplícase ao froito que nace dividido en dúas ou máis partes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Botar fillos ou anovos unha planta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de fillos ou anovos dunha planta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
enteado.
-
PERSOEIRO
Avogado e político. En 1848 foi elixido vicepresidente de EE UU polo partido Whig e posteriormente ocupou a presidencia (1850-1852). Tratou de conciliar os estados do N e do S na Guerra de Secesión.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Torta doce moi fina que se elabora coa mestura de fariña, auga ou leite, ovos e sal. Unha vez mesturados estes ingredientes, o resultado bótase nunha tixola ou nunha filloeira e esténdese ata formar unha película fina que se doura un pouco por ambos os dous lados. Finalmente, bótaselle un pouco de azucre, mel ou nata por riba para darlle un sabor máis doce. É un postre tradicional do Entroido galego, xunto coas orellas. En moitas parroquias de Galicia engádeselle o sangue do porco para facer as filloas de sangue. Os crêpes ou galletes bretóns son moi semellantes na súa preparación e ingredientes.
-
-
Un animal en relación ao seu pai ou nai. Na tradición oral recóllense ditos como: “A quen Deus lle negou fillos, o demo apareoulle sobriños. Fillo es e pai serás; como fixeres, así o terás. Fillo aínda non o temos e xa nome lle puxemos. Fillos criados, pesares dobrados. Nin para o fillo bo compre gañar, nin para o malo traballar. O fillo da miña filla ponmo onda a lareira para que coma; e o da miña nora, dálle unha codecha de pan para que vaia para fóra. Os fillos da miña filla, todos meus netiños son; e os das miña nora, serán ou non. O fillo do burro ben sabe ornear. O fillo do fidalgo, un pé calzo e o outro descalzo. Onde hai fillos, nin parentes nin amigos. Se o fillo sae ao pai, saca de dúbida a nai.
-
Descendente máis directo dunha persoa que, respecto a esta, ocupa o primeiro grao de parentesco en liña recta.
-
filla política
nora.
-
fillo adoptivo
Descendente por adopción.
-
fillo adulterino
Fillo nacido dunha unión na que, polo menos, unha das persoas está unida validamente en matrimonio con outra.
-
fillo espiritual
Persoa que recibiu a herencia espiritual de alguén e que é continuador das súas ideas ou da súa obra.
-
fillo ilexítimo
Fillo que teñen dúas persoas que non poden casar.
-
fillo incestuoso
Fillo nado de persoas ligadas por parentesco nun grao en que teñen prohibido casar entre elas.
-
...
-
-