"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

    1. de damasquinar.

    2. Traballo decorativo de artesanía que se realiza incrustando ouro sobre unha superficie de ferro ou aceiro. Orixinaria de oriente, foi unha técnica empregada polos árabes na Península Ibérica, sobre todo en Granada. En Toledo emprégase para decorar armas, empuñaduras e reproducións de armaduras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen damasquina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incrustar en frío e cun martelo fíos de ouro ou doutro material sobre un obxecto de ferro, aceiro ou coiro para facer damasquinados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Damasco ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Damasco.

    3. Aplícase ao tecido ou a outra cousa feita coa tea denominada damasco.

    4. Aplícase ao aceiro das armas brancas de finos adornos e un tempero que proporciona boas calidades de flexibilidade e dureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado francés. Foi procurador do Consello do Rei (1785-1791), pero dende 1789 participou nos movementos revolucionarios e alistouse dende o primeiro momento na Garda Nacional. Foi nomeado presidente do distrito de Cordeliers e fundou, xunto con Marat e Desmoulins, entre outros, a Sociedade dos Dereitos do Home e do Cidadán (1790), que se transformou posteriormente no Club dos Cordeliers. Formou parte da Comuna de París e do Directorio do departamento de París, desde o que encabezou a revolta republicana que se produciu despois da fuxida do monarca Luís XVI e culminou na matanza do Campo de Marte. Despois deste suceso exiliouse por pouco tempo no Reino Unido, pero ao seu regreso a París participou na revolución do 10 de agosto de 1792. A Asemblea decretou a suspensión do rei e nomeouse un Comité Executivo, en substitución do goberno, no que Danton foi nomeado ministro de Xustiza. Elixido deputado por París para a Convención Nacional, en setembro de 1792, foi un dos xefes do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto e economista. Estudiou na Universitat de València, na que posteriormente foi profesor. Publicou Lecciones de economía civil o del comercio (1779), libro no que deu a coñecer as doutrinas económicas francesas (fisiócratas e Condillac) e británicas (Hume e Cantillon). Foi membro da Academia da Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Estudiou debuxo e pintura en Madrid. Participou en exposicións en Lugo, Santiago de Compostela e Madrid. Entre os galardóns que recibiu destaca a terceira medalla do XXX Salón de Otoño (Madrid, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma contracta que agrupa a preposición de + o demostrativo masculino aquel(es) ou o feminino aquela(s).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Indica a coincidencia da acción co momento de referencia. OBS: Só pode ser usada para referirse ao pasado ou ao futuro.

    2. Introduce o efecto ou a consecuencia do que se expresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma contracta que agrupa a preposición de + o demostrativo neutro aquelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma contracta que agrupa a preposición de + o demostrativo masculino aqueloutro(s) ou o feminino aqueloutra(s).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma contracta que agrupa a preposición de + o demostrativo neutro aquilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Discípulo de Robert Campin, cultivou o retrato, a pintura relixiosa e o debuxo. Pintou un políptico por encargo de Le Clerq, abade de Saint Vaast de Arras, distribuído en diversos museos de Berlín (Visitación e Adoración dos Magos), París (A presentación no templo) e Lugano (Natividade). Realizou tamén cartóns para tapices e miniaturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Discípulo de Joseph-Marie Vien, gañou o Prix de Rome (1774) e trasladouse co seu mestre a Italia ata 1780; alí coñeceu a Antigüidade clásica. A súa obra caracterízase polo predominio do debuxo sobre a cor e pola sobriedade da linguaxe que se afastou da exhuberancia rococó. As obras Le serment des Horaces (O xuramento dos Horacios, 1784), Socrete au moment de prendre la cigüe (Sócrates no momento de tomar a cicuta, 1787) e Les liteurs rapportent à Brutus le corps de ses fils (Os litores lévanlle a Bruto o corpo dos seus fillos, 1789) consolidárono como artista neoclásico comprometido coa revolución. Foi membro da Convención e inspector xeral de Belas Artes. A Asemblea Nacional encargoulle en 1789 que realizase un cadro sobre o Sermente de jeu de paume (Xuramento do xogo da pelota), do que só se conservan os bosquexos. Inmortalizou os mártires da Revolución en La mort de Lepelletier (A morte de Lepelletier), La mort de Marat (A...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Francisco Franco o 18 de xullo de 1949 a Fidel Dávila y Arrondo, ministro de Defensa Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta inglés. De vida bohemia marcada polo opio, fixo amizade con Coleridge, Wordsworth e Southey. A súa obra constitúe un precedente do simbolismo posterior. Influenciado pola filosofía alemá escribiu Prolegomena of the Future Systems of Political Economy (1819). Da súa produción destacan “The Confessions of an English Opium-Eater” (Confesións dun opiómano, 1821), artigo aparecido nas páxinas do London Magazine; Murder Considered as One of the Fine Arts (O asasinato considerado como unha das belas artes, 1827) e Suspiria de Profundis (1845)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (249-251). Comandante do exército do Danubio, derrotou os godos en Messia e na Panonia, e despois de eliminar a Filipo na Batalla de Verona foi nomeado emperador polas súas tropas. Emprendeu unha restauración do poder e das tradicións romanas, devolveulle ao Senado o dominio sobre a administración civil e restableceu a relixión romana mentres perseguía os cristiáns. Morreu durante unha campaña contra os godos e os blemios debido á traizón do seu legado Treboriano Galo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico aparecido na cidade de Vigo entre os anos 1910 e 1919.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade mensual que apareceu o 1 de agosto de 1934 en Pontevedra. Subtitulouse “Órgano de la asociación de inquilinos y defensor de sus derechos” e imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Popular de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO