"rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intestino recto.
-
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Saviñao baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Samos. Construída en estilo románico no s XII, ten nave única e ábsida pentagonal con tres ventanais. Na fachada, moi reformada, presenta unha porta cun dobre arco de medio punto. Conserva varios canzorros na cornixa. No interior destaca o retablo maior, barroco.
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Pequeno sistema montañoso que se estende polos concellos de Paradela e O Saviñao. A súa altitude oscila entre os 608 e os 681 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
XACEMENTOS
Xacemento arqueolóxico situado en Barrañán (Arteixo). Nel atopáronse restos de grans de cereais cuxa datación se situou no V milenio a C (Mesolítico) así como restos de cerámica lisa, que delataron unha elaboración tosca, posiblemente debida ao emprego dunha técnica deficiente.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite dos concellos de Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso. O seu cumio acada os 1.474 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
xoaniña.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que provén do latín reges ‘reis’. De recente introdución, con este nome refírese á Adoración dos Reis Magos cando estes foron visitar o Neno Xesús a Belén. Tamén ten certa tradición como apelido, Rei, ou grafado ordinariamente como Rey. A súa festividade celébrase o 6 de xaneiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido en 1496 pola bula Si convenit outorgada polo Papa Alexandre VI a Fernando II de Aragón e a Isabel I de Castela. Os motivos foron a unificación e pacificación dos seus reinos, a expulsión dos xudeus que non aceptaban o bautismo, a reconquista de Granada de mans do Islam, a liberación de Nápoles e dos Estados Pontificios do xugo dos exércitos franceses e a promesa de iniciar unha cruzada contra os otománs. O matrimonio dos monarcas supuxo a unión dinástica das coroas de Castela e Aragón pero non a unión política de ambos os dous reinos, que continuaron a ter as súas propias institucións. O título tamén o ostentaron os seus sucesores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estilo artístico desenvolvido no segundo terzo do s XV durante o reinado dos Reis Católicos, especialmente no eido da pintura. Desenvolveuse como consecuencia da expansión da arte flamenga desde 1430. Entre outros aspectos asumiuse o óleo aínda que se mantiveron algúns modelos góticos. Entre outras obras destacan os sepulcros dos reis Xoán II e Isabel de Portugal na cartuxa de Miraflores de Burgos e a capela do Condestable da catedral de Burgos, e dos pintores sobresae Fernando Gallego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que se dá tradicionalmente a cada un dos magos procedentes de Oriente que, segundo o Evanxeo de san Mateo (2, 1-11) foron a adorar a Belén ao Mesías acabado de nacer, guiados por unha estrela. San Mateo, non obstante, non especificou o seu número, o seu nome, a súa nacionalidade nin a data deste suceso. A primeira mención aos nomes dos Magos na tradición occidental apareceu no s VII, nun códice da Bibliothéque National de París. A partir do s IX no Liber Pontificalis de Ravenna apareceron repartidos xeograficamente e asociados ás idades da vida. Existen interpretacións que din que os Reis Magos poderían ter sido astrólogos babilonios, sacerdotes persas ou cultivadores das ciencias, particularmente a astroloxía e a astronomía. Desde un punto de vista teolóxico, a tradición popular máis tardiamente converteunos en tres homes sabios, magos ou santos reis. Aínda que nos albores do cristianismo se representaban como dunha mesma raza, crese que a diversidade posterior,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Epopea persa escrita por Firdawsī e que constitúe unha compilación de lendas que van desde os primeiros reis asirios ata a conquista árabe de Persia. Unha gran parte da obra narra as aventuras de Rustām, heroe lendario da antiga literatura persa que deu morte involuntaria ao seu fillo Suhrāb. Foi considerado a conclusión da literatura clásica en lingua persa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de dous libros do Antigo Testamento que conteñen a historia da realeza, desde os últimos días de David (971 a C) ata a caída dos reinos de Israel e Xudea (722 e 586 a C). O redactor final (s VI? a C), á luz da teoloxía deuteronomista, puxo especialmente de relevo a actuación dos profetas, sobre todo de Elías e Eliseu. As versións grega e latina déronlle este nome tamén aos dous Libros de Samuel, de tal xeito que hai catro libros dos Reis, pois os libros I e II de Samuel cóntanse como os libros III e IV dos Reis.
-
-
Ave da orde dos paseriformes de pequeno tamaño, sen diferenciación morfolóxica externa entre machos e femias, e de cores pardas e arrubiadas. En Galicia están presentes o reiseñor común e o de auga.
-
Ave duns 16 cm de lonxitude coa plumaxe dorsal parda, a ventral máis clara, o rabo arrubiado, as patas de cor carne e un anel ocular branco. Coñécese principalmente polo seu canto rechamante. Viven en zonas boscosas e nas ribeiras dos ríos, alimentándose de insectos, larvas, miñocas e algúns froitos. É invernante en África, polo que a súa presenza en Europa é estival; en Galicia, como estival, pode verse entre abril e setembro principalmente no SL da rexión.
-
Ave duns 14 cm de lonxitude, coa plumaxe dorsal parda arrubiada e a ventral esbrancuxada, peteiro fino, patas rosadas e unha mancha linear máis clara enriba do ollo. Vive en zonas de espesura arbustiva ligadas a zonas acuosas como marismas, ríos ou encoros, alimentándose de insectos e sementes. É sedentario en Europa, e tamén en Galicia, onde está espallado por toda a rexión.
-
-
PERSOEIRO
Debuxante e caricaturista francés. Foi colaborador habitual das revistas Hara Kiri e Charlie Hebdo. Baseándose na experiencia cotiá, desenvolveu un sentido do humor directo e corrosivo, potenciado por un debuxo de trazo libre e dinámico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta noruegués. A súa poesía caracterízase polo sentimento de liberdade, que plasmou en Indvielsens aar (Os anos de iniciación, 1921), Horisont (1934) e Dikt fra krigstiden (Poesías de tempo de guerra, 1946), ademais dunha recompilación de poemas (1946).
VER O DETALLE DO TERMO