"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Planta herbácea perenne na súa zona de procedencia, que se cultiva como anual en gran parte do mundo. Presenta talos de 40 a 200 cm de altura, pilosos, brandos ou enderezados. As follas son alternas, imparipinnadas, con folíolos ovados coas beiras dentadas. As flores son de cor amarela dispostas en cimas. Coñécense moitas variedades de cultivo polo que o froito varía en canto á forma e tamaño, desde o esférico ata o piriforme. É orixinaria de América tropical, onde xa era cultivada polos amerindios. O seu cultivo está estendido a todas as rexións temperadas e tropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anaco de tea, coiro ou doutro material que se cose a unha peza de roupa ou ao calzado para reforzalo ou tapar un roto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Esquiador italiano. Na tempada 1987-1988 obtivo 9 vitorias na Copa do Mundo e dúas medallas de ouro nos Xogos Olímpicos de Calgary (1988), en xigante e slalom; en Albertville (1992) gañou as medallas de ouro e prata nas probas de slalom olímpico e xigante; nos Xogos de Lillehammer (1994) gañou a de prata na proba de slalom. No Campionato do Mundo de Sierra Nevada (1996) gañou a medalla de ouro de slalom. Retirouse en 1998.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á gaita que ten o son grave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Guiné-Bissau (3.736 km2; 72.441 h [1991]). A súa capital é Catió (5.170 h [1979]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. olta que dá unha cousa ou persoa ao caer de súpeto.

    2. Caída súbita ou repentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botar algo ou a alguén que estaba de pé ao chan.

    2. Inclinarse unha cousa para un lado ata tocar o chan.

    3. Deitarse para descansar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo. Traballou no observatorio Lowell de Flagstaff e foi profesor na Universidade de Novo México. En 1930 localizou o planeta Plutón. Das súas obras destacan The search for small natural Earth satellites (1959) e The transneptunian planet search (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de EE UU de 665 km de lonxitude. Nace preto de Bonneville (Mississippi), atravesa os estados de Mississippi e Alabama e desemboca na baía de Mobile, no golfo de México, despois de unirse ao Alabama e de tomar o nome de Mobile.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. olta que dá sobre si mesmo un corpo cando cae.

    2. Movemento violento e brusco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro grande de pergamiño con ilustracións en miniatura, onde as igrexas, concellos e comunidades tiñan copiados literalmente os privilexios e demais escrituras das súas pertenzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lotaría, de carácter benéfico ou comercial, en que diferentes obxectos son ofrecidos como premios.

    2. Posto dunha feira onde se sortean estes premios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recheo formado por unha frecha ou cordón litoral que une unha illa ao continente. É orixinado pola acumulación de materiais que achegan as ondas entre a illa e a liña de costa. Poden ser simples ou dobres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Mali (496.611 km2; 462.000 h [estim 1995]). A súa capital é Tomboutou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capital da rexión de Tomboutou, Mali, situada ao NO do gran meandro do Níxer (19.166 h [1976]). Fundado polos bérberes, probablemente tuaregs, islamizados (1077?), foi un florecente centro comercial (ouro, sal e escravos) e cultural do Islam africano. Anexionada ao Reino de Mali en 1336 e ao imperio dos Songhay en 1468, a partir da expedición marroquí a Sudán (1591) dependeu dos sultáns de Marrocos. A comezos do s XVIII iniciou a decadencia, tanto económica como cultural, e volveu pasar a mans dos tuaregs (1792). O tratado franco-británico de 1890 asignoulla a Francia, que a ocupou ata 1894.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e filósofo. Coñecido polos títulos de Doutor común e Doutor anxélico, en 1243 ingresou na orde de predicadores. Foi discípulo de Alberte o Magno e profesou en París e en Italia (1259-1268), mentres estaba ao servizo da curia pontificia. A partir de 1272 ensinou en Nápoles. Canonizado en 1323 e proclamado doutor da Igrexa en 1567, é o representante máis característico da escolástica. Autor de numerosas obras filosóficas, esexéticas e teolóxicas, destaca a interpretación literaria e conceptual do Libro das Sentenzas de Pedro Lombardo e as de Aristóteles, Boecio e o Pseudo-Denís e, sobre todo, os comentarios bíblicos. Respecto ás súas quaestiones organizou a quaestio disputata, acto universitario por excelencia. Escribiu dúas sumas, a Summa contra gentiles (1259-1264), análise crítica das filosofías e teoloxías anteriores, e a Summa teheologica (1267-1274), articulación da súa visión cristiá do mundo e de home,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e místico. De nome Thomas Hemerken, foi educado polos irmáns da vida común e relacionouse cos ambientes da Devotio Moderna. Dos seus escritos, haxiográficos, ascéticos e de espiritualidade, destaca Imitación de Cristo (1489).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e escultor. Colaborou co seu pai, Antonio Tomé, e co seu irmán Diego Tomé na fachada da Universidad de Valladolid (1715). Mestre de obras da catedral de Toledo desde 1721, realizou Transparente (1721-1723) do deambulatorio. Fixo tamén o retablo maior da catedral de León.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Apóstolo. Coñecido tamén como Dídimo, o Evanxeo de Xoán preséntao como o incrédulo, pola súa actitude negativa ante a resurrección de Xesús Cristo. Formou con Pedro, Natanael, os fillos de Zebedeo e dous máis, un grupo especial ao que se lle apareceu o resucitado en Galilea. Segundo Eusebio de Cesarea (s IV) foi evanxelizador dos partos; e, segundo outra tradición predicou en India, onde construíu un palacio celestial e morreu mártir. Desde o s III venérase en Edessa (Siria) na pretendida tumba, que era un lugar importante de peregrinaxe. Represéntase vestido con túnica e palio e cun libro e porta escuadra dos albaneis e unha lanza, suposto instrumento do seu martirio. A súa festividade celébrase o 3 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do latín eclesiástico Thomas -ae, que reproduce o grego neotestamentario Thomâs. A terminación -é do galego provén posiblemente dun antigo xenitivo. A forma masculina Tomé é a tradicional galega. O nome é semítico e explícao o Evanxeo: Tomé, o chamado Xemelgo (Xoán 11,16). Moitas veces os hebreos que vivían no estranxeiro levaban dous nomes e o segundo era a tradución do primeiro (Thomâs é a transliteración do arameo t’ômâ’, do hebreo tô’am.m ‘xemelgos’ e do árabe tau’am, tu’âm ‘xemelgo’).

    VER O DETALLE DO TERMO