Tomé, san

Tomé, san

Apóstolo. Coñecido tamén como Dídimo, o Evanxeo de Xoán preséntao como o incrédulo, pola súa actitude negativa ante a resurrección de Xesús Cristo. Formou con Pedro, Natanael, os fillos de Zebedeo e dous máis, un grupo especial ao que se lle apareceu o resucitado en Galilea. Segundo Eusebio de Cesarea (s IV) foi evanxelizador dos partos; e, segundo outra tradición predicou en India, onde construíu un palacio celestial e morreu mártir. Desde o s III venérase en Edessa (Siria) na pretendida tumba, que era un lugar importante de peregrinaxe. Represéntase vestido con túnica e palio e cun libro e porta escuadra dos albaneis e unha lanza, suposto instrumento do seu martirio. A súa festividade celébrase o 3 de xullo.