"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • PERSOEIRO

    Botánico e citólogo alemán. Fundou o instituto de bioloxía vexetal de Breslau (1866). Foi un dos primeiros en afirmar que o citoplasma das células animais e o das vexetais son idénticos. Estudiou sobre todo a morfoloxía e o desenvolvemento das bacterias, que el consideraba vexetais e denominou esquizomicetos, e tamén a morfoloxía dos vexetais inferiores. Sinalou por primeira vez, en 1853, a analoxía estrutural de bacterias e cianofíceas. Tamén descubriu a capacidade dalgunhas bacterias de producir endosporas resistentes a condicións adversas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal editado en Santiago de Compostela entre xaneiro e abril de 1813, primeiro na imprenta de Los Dos Amigos e, despois, na de Manuel María de Vila. Defendeu firmemente as doutrinas absolutistas. Foi moi polémico, xa que acollía escritos de carácter político que despois criticaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución pedagóxica fundada no ano 1598 a expensas reais e baixo o patrocinio de Diego Brocher (primado de Irlanda) e Daniel O’Sullivan Beare (conde de Birhaven), Beare e Bantry, exiliado na cidade da Coruña desde 1602. Neste centro estudiaban os fillos das familias nobres irlandesas exiliadas en Galicia como consecuencia da persecución que sufrían os católicos baixo o reinado de Enrique VIII (1509-1547). Este colexio, dirixido por Eugene Carty ata o 1613, foi o lugar de residencia dos irlandeses que asistían ás clases (normalmente estudiaban artes e canons) na Universidade de Santiago de Compostela. No 1613, por orde real, pasou a formar parte da Compañía de Xesús; a partir dese momento converteuse en seminario de nenos irlandeses de Santiago, dependente do seminario irlandés de Salamanca, centro encargado de formar sacerdotes irlandeses que, unha vez ordenados, volvían a Irlanda para loitar contra o anglicanismo. Os alumnos recibían instrución de filosofía durante tres anos e despois...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor renacentista flamengo. Rematou o mausoleo de Maximiliano I en Innsbruck (1561-1583) e esculpiu na catedral de Praga a tumba dos reis de Bohemia, Fernando I e Maximiliano II, rematada en 1589.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, xurista e humanista italiano. Serviu a Xoán Sforza, Lourenzo o Magnífico e César Borja. Escribiu un Compendio della storia del Regno di Napoli (Compendio da historia do Reino de Nápoles, 1539).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fernando Collor de Mello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Andrés García de la Riva Colombo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Comezou a súa carreira elaborando curtametraxes. Sentou as bases da chamada “comedia madrileña” con títulos como Tigres de papel (1977), Qué hace una chica como tú en un sitio como este? (1978) ou La mano negra (1980). Outras producións destacadas son: El caballero del dragón (1985), La vida alegre (1987), Bajarse al moro (1988), Rosa, Rosae (1993), Alegre ma non troppo (1994), El efecto mariposa (1995) e Los años bárbaros (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cosmógrafo e bibliófilo, fillo natural de Cristovo Colón e de Beatriz Enríquez de Arana. Viaxou ás Indias en 1502, acompañando o seu pai na súa cuarta viaxe, e en 1509. Reuniu unha importante biblioteca de máis de 15.000 volumes que conformaron a Biblioteca Colombina. Escribiu unha Historia del almirante don Cristóbal Colón (1571).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor canadense. Formouse no Mount Allison University (New Brunswick) onde foi profesor (1946-1963). Participou na Segunda Guerra Mundial como artista militar (1942-1946). A súa obra achégase ao realismo. Realizou os deseños para as moedas conmemorativas do centenario de Canadá (1967). En 1982 doou os seus debuxos de guerra ao Canadian War Museum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultora chilena. Formouse na Escuela de Bellas Artes da Universidad de Chile, da que foi profesora de escultura (1950). Ampliou estudios en París (1948) e Londres (1951). Na súa obra, realizada en pedra e madeira, evocou as manifestacións artísticas dos pobos amerindios. Entre as súas obras destacan Puerta del Sol (1976) e Signel (1988). Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Concurso Internacional do Monumento ao Prisioneiro Político Descoñecido (Londres, 1952), o primeiro Premio de Escultura da VIII Bienal de São Paulo (1965), a Medalla do Congreso Nacional (1970) e o Premio Nacional de Arte (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Autoridade ou facultade de comandar que ten ou exerce alguén, especialmente un xefe militar.

      2. Cargo de comandante.

    1. Edificio, cuartel ou departamento onde están as oficinas do comandante.

    2. Distrito ou comarca sobre o que o comandante exerce a súa autoridade.

      1. Conxunto dos órganos de dirección do exército.

      2. Conxunto de autoridades militares superiores.

      3. posto de comandancia

        Lugar no que se atopan os que dirixen as operacións militares.

      4. comandancia naval

        Sede da comandancia dunha provincia marítima.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quen comanda no exército, independentemente da entidade das tropas e do grao.

    2. Piloto responsable dunha aeronave.

      1. Grao militar do exército español superior ao de capitán e inferior ao de tenente coronel, equivalente en case todos os exércitos ao grao de maior.

      2. Militar que, polo maior grao, comanda unha comunidade de tropas constituída ocasionalmente.

      3. comandante maior

        Xefe encargado dos servicios de contabilidade nos corpos e establecementos militares, cargo que tamén pode desempeñar un tenente coronel.

      4. comandante militar

        Xefe que comanda as tropas e os servicios nunha determinada localidade.

      5. comandante militar da Mariña

        Oficial da mariña de guerra española que comanda unha provincia marítima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estar un militar ao mando dunha praza do exército ou dunha tropa, dunha flota ou doutra unidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sociedade na que existen socios colectivos con responsabilidade persoal e ilimitada, con facultades de xestión e con socios capitalistas nos que non concorren estes caracteres. Os socios, denominados comanditarios, só achegan fondos e limitan a súa responsabilidade á cifra do capital que achegaron. Se o capital dos comanditarios está representado por accións, recibe o nome de comandita por accións.

    2. Fracción do capital social achegado polos comanditarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Achegar os fondos necesarios para unha empresa comercial ou industrial, sen contraer obrigas mercantís.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á comandita.

      1. Persoa que comandita unha empresa doutra.

      2. Socio que contribúe con fondos nunha empresa social comanditaria e que limita a súa responsabilidade a esta contribución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mando militar.

      1. Forza de asalto autónoma con poucos efectivos, organizada e preparada para cumprir misións especiais. Xeralmente realiza operacións dobremente ofensivas, rápidas e dunha gran calidade. A selección dos comandos é moi minuciosa e nútrese de voluntarios. A instrución é moi coidada, o armamento é o propio das forzas de choque e a organización das unidades é dunha gran flexibilidade. As misións máis importantes do comando son a sabotaxe, o golpe de man, as misións informativas e de recoñecemento, etc. O seu nome provén das guerrillas bóers que continuaron loitando despois da vitoria inglesa; sen embargo, o seu desenvolvemento táctico conseguiuse durante a Segunda Guerra Mundial.

      2. Cada un dos integrantes dun comando.

    2. Grupo de terroristas que realizan actuacións armadas en conxunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Orde dada ao ordenador para que realice unha acción determinada.

    2. Tecla que se acostuma empregar soa ou en combinación con outras co obxecto de que un ordenador execute unha operación determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Estudiou Enxeñería de Camiños en Madrid, e ocupou, en 1866, a praza de enxeñeiro auxiliar no estaleiro da Mariña en Ferrol e de profesor de Física e Xeometría na Maestranza. Na cidade departamental desenvolveu unha notable actividade social e cultural. Como enxeñeiro destaca pola proxección e dirección da construción do dique da Campá do Arsenal ferrolano, rematado en 1879, a obra de enxeñería máis importante do século XIX en Galicia. Nomeado xefe do estaleiro, realizou as primeiras experiencias telefónicas coa instalación das liñas para comunicar o arsenal e a capitanía. Participou en congresos científicos internacionais e publicou, entre outras obras, Curso práctico de construción naval (1868), texto que obtivo unha medalla na Exposición maritíma de Barcelona, e Los castillos feudales de Moeche, Narahío y Andrade (1903).

    VER O DETALLE DO TERMO