"Ada" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • ES-TRAD;mso-fareast-language: leitaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e humanista retorrománico. Coñecido como Simon Lemnius, en 1538 suscitou as iras de Lutero con dous libros de epigramas. Publicou o drama Monachopornomachia, obras líricas e o poema épico Raeteis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de vidas de santos e lendas piadosas, obra de Iacobo da Varazze (1266?), titulada tamén Historia lombardica. Baséase na Escritura, Casiodoro, Xerome, Agostiño, Beda e outros. Pouco valiosa historicamente, evidencia, sen embargo, unha vea poética inxenua, unha fe profunda e unha grande imaxinación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de terreo que está delimitado por accidentes naturais.

    2. Espacio que queda no teito ou no chan entre dúas viguetas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ento forte e continuo do L.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente de auga canalizada por un leito artificial que se desvía do curso dun río ou regato, e que se emprega para mover algún mecanismo ou para regar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo Liberato/Liberata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Informe da Unesco que se realiza desde 1993, en que se evalúa o estado das linguas do mundo, tanto das linguas xa mortas como das linguas en perigo de extinción ou das linguas máis ou menos estabilizadas. Segundo este documento, só 45 das 94 linguas europeas están fóra de perigo de ser substituídas. Neste informe o galego aparece como unha lingua potencialmente en perigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro agrónomo e profesor. Foi director do Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia, director xeral de Estruturas e Desenvolvemento Rural e Agricultura na Xunta de Galicia, vogal do Consello Rector do Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria e xerente do Consorcio da cidade de Santiago. Das súas obras destaca Interpretación de análises de suelos (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bebida refrescante feita con zume de limón, auga e azucre.

    2. Bebida refrescante, de produción industrial, que se fai con ácido fosfórico, cítrico ou tartárico.

    3. Solución en xarope de citrato de magnesio ou tartarato sódico, que se emprega como purgante suave, xa que é máis tolerada co sulfato de magnesio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bebida refrescante feita con zume de limón, auga e azucre.

    2. Bebida refrescante, de produción industrial, que se fai con ácido fosfórico, cítrico ou tartárico.

    3. Solución en xarope de citrato de magnesio ou tartarato sódico, que se emprega como purgante suave, xa que é máis tolerada co sulfato de magnesio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista. Afiliado inicialmente á UGT, en decembro de 1930 constituíu, no Sindicato Nacional Ferroviario e xunto con Calderón e Jacinto Méndez, o Sindicato de Industria Ferroviaria, afiliado á CNT. Membro da directiva do Centro de Estudios Germinal, en decembro de 1933 foi un dos líderes da folga xeral revolucionaria contra o goberno republicano de dereitas, na Coruña. Morreu no asalto ao cuartel da Garda Civil en Oleiros no trascurso da folga xeral convocada pola CNT.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manda ou conxunto de lobos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Invención que alguén discorre para enganar ou despistar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fronte armada que se articulou dentro da organización Galiza Ceibe e levou a cabo diversas accións terroristas, entre 1978 e 1980, como a queima de camións en Santiago de Compostela, bombas contra a construción da autoestrada Vigo-Santiago e o intento de asalto á polvoreira de Noia. A detención pola policía dos dirixentes do grupo entre setembro e novembro de 1980 provocou o seu esmorecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe que se leva no lombo ao caer de costas.

    2. Golpe que se recibe no lombo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da literatura. Foi autor de edicións críticas e de artigos sobre novela pastoral e bizantina. Publicou Introdución á literatura medieval española (1953), Métrica española del siglo XX (1969), Notas sobre la espiritualidad española de los siglos de oro (1972), Lírica medieval española (1977), Tomás Moro y España: sus relaciones hasta el siglo XVIII (1980) e Panorama crítico sobre el poema del Cid (1982). Correspondente da Real Academias Española, é autor de edicións literarias como Poéticas castellanas de la Edad Media (1985) e colaborou en dous volumes do Século de Ouro da Historia y Crítica de la Literatura Española, que dirixiu Francisco Rico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, un león de azur, linguado de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestra e escritora. É autora de Cantares (1983), unha achega á poesía infantil. Escribiu tamén a peza breve, O muíño baleiro (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO