"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • Acción e efecto de inchar ou incharse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non é eficaz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en   Soutolongo (Lalín). Está realizado en cantería e cachotería. Ten planta rectangular cun engadido lateral a xeito de solaina apoiada en tres arcos de medio punto e cunha balaustrada barroca (s XVIII). Foi propiedade dos López Gundín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Cruces (Padrón). Ten planta en forma de L. No portón conserva un remate brasonado coroado por unha cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación Pedro Barrié de la Maza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estableceu en Rececende (A Pontenova). As súas armas traen, en campo de ouro, cinco paxaros de sable, peteirados e membrados de goles, postos en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido polo pseudónimo de Bernardo Atxaga, a súa primeira obra, Ziutateaz (1976), é unha escolma de contos, poemas e teatro unidos por unha trama argumental común. Despois dunha intensa actividade literaria, a súa traxectoria culminou cos relatos de Obabakoak (Premio Nacional de Literatura, Premio de la Crítica e Premio Euskadi de Literatura, 1988). Dedicouse tamén á realización de radionovelas e literatura xuvenil. En poesía, publicou en 1990 Poemas híbridos (1994), que reúne composicións entre 1974 e 1989.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que adoptou un sector das Irmandades da Fala, dirixido por Vicente Risco na IV Asemblea Nacionalista de Monforte de Lemos (1922). Publicou o boletín Rexurdimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode substituír.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de música popular estadounidense. Apareceu, a principios do s XX, principalmente na área de New Orleans, pero desenvolveuse simultaneamente noutros puntos de EE UU. As súas orixes son escuras, e cómpre atribuírllas á intervención de elementos de folclore africano, música relixiosa, música de baile de tabernas e clubs, música militar e elementos clásicos europeos (sobre todo polo que se refire aos instrumentos empregados) e, dun xeito directo, aos seus antecedentes, o minstrel show, o ragtime e, sobre todo, o blues. A instrumentación era variable e a improvisación moi frecuente. Cómpre situar esta etapa de formación e evolución entre 1900 e 1917, e tivo como figuras destacadas a Buddy Bolden (1875?-1931) e Scott Joplin (1868-1917). Non se adquiriu consciencia do jazz como unha entidade independente ata os anos 1912-1914, e non se popularizou o nome ata a aparición da Original Dixieland Jazz Band de Nick La Rocca, que en 1917 gravou os primeiros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compositor ou intérprete vogal ou instrumental de música de jazz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao jazz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Músico de jazz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Catedrático de Patoloxía Médica das universidades de Sevilla (1922) e Madrid (1926), foi creador do instituto e da fundación que levan o seu nome e da clínica da Concepción de Madrid (1956). Foi unha das autoridades máis destacadas no ámbito da medicina interna no Estado español. Das súas moitas obras destacan Lecciones de clínica médica, Enfermedades del intestino delgado e El médico explorando a su enfermo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Ceará, situada ao pé da montaña chapada de Araripe, Brasil (125.248 h [1980]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade infecciosa producida por tres subespecies pertencentes ao complexo Leishmania donovani, de diferente distribución xeográfica e distintas bioquimicamente. Caracterízase por febre irregular, anemia, trombopenia, leucopenia e hipergammaglobulinemia, aumento do volume do fígado e do bazo, adelgazamento e cor escura da pel. O principal vector son mosquitos do xénero Phlebotomus. Tamén é denominada leishmaniose visceral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Membro dun corpo especial de ataque de aviadores suicidas xaponeses, organizado durante a Segunda Guerra Mundial. Tomaron o termo do vento que destrozara a flota mogol ao intentar a invasión do arquipélago no s XIII.

    2. Avión tripulado por este tipo de pilotos.

    3. Persoa que pon en perigo a súa vida e a dos demais coas súas accións temerarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ken de Ishikawa, situado na illa de Honshū, Xapón (455.386 h [2000]). Conserva o aspecto da antiga cidade fortaleza feudal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome turco do Bósforo.

    VER O DETALLE DO TERMO