"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • Uso terapéutico do ferro e dos seus compostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica fotográfica que se empregaba para obter probas positivas directas a partir dun negativo. Inventada por Adolphe Alexandre Martin en 1852, consistía en estender unha capa fotosensible de colodión nunha fina placa metálica, cuberta con verniz negro ou marrón escuro. O revelado realizábase cunha mestura de sulfato de ferro, ácido acético e alcol; a imaxe positiva aparecía polo branqueamento con bicloruro de mercurio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe de ferro e titanio, cun 28 a 75% de Ti, que se emprega na obtención de aceiros especiais, en aliaxes lixeiras e como desoxidante. Para esta última finalidade obtense en alto forno; para a obtención de aliaxes utilízase o ferrotitanio producido por aluminotermia ou silicotermia, que ten unha porcentaxe de C inferior a 0,16.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe de ferro e tungsteno, cun 75 a 85% de W, que se emprega na estabilización dos carburos por fixación de carbono, para mellorar os resultados da temperanza dos aceiros e para a obtención de aceiros de corte rápido. Obtense por aluminotermia do óxido de tungsteno ou en forno eléctrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘cicel’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe de ferro e vanadio, cun 55 a 82% de V, que se emprega na fabricación de aceiros de corte rápido e aceiros laminados e para resortes. Obtense por aluminotermia a partir do óxido de vanadio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Camiño composto por dúas vías de ferro paralelas sobre as que circulan as rodas dos trens.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ferrocarril.

    2. Persoa que traballa no ferrocarril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francesco di Simone.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Coñecido como Andrea da Fiésole, foi discípulo de Francesco di Simone. Das súas obras destaca o dosel da catedral de Fiésole (1492) e o busto de Marsilio Ficino da catedral de Florencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francesco del Tadda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Navalla de pequeno tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Punta de ferro que ten un obxecto nun extremo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capa de óxido de ferro hidratado que se forma na superficie dos obxectos de ferro por mor do aire ou da humidade.

    2. Capa de óxido que se forma sobre a superficie doutros metais.

    3. Sabor que toma a auga ou outros alimentos ao porse en contacto co ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten ferruxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao composto que contén ferro.

    2. Que ten aparencia ou a cor do ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Deputado republicano (1869), formou parte do gabinete de Defensa Nacional, foi alcalde de París (1870) e embaixador en Atenas (1872-1873), ministro de Instrución Pública e de Belas Artes (1879-1883), presidente do consello (1880-1881; 1883-1885) e ministro de Asuntos Exteriores (1883-1885). Polas súas decisións políticas de reforma do sistema educativo, merece ser considerado o fundador do novo sistema educativo francés republicano-burgués, regulado polas chamadas Leis Ferry e baseado no ensino primario gratuíto, laico e obrigatorio. O aspecto máis conflitivo deste novo sistema foi o laicismo que afectaba tanto aos planos de estudios coma aos profesores (persoal laico) nos programas educativos substituíuse o ensino da relixión polo ensino ético e cívico. As Leis Ferry significaron o desbotamento da idea da escola como “unha obra de caridade” e o triunfo da educación como base da integración moral da sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • transbordador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e diplomático. Conde de Fersen e mariscal de Suecia, fillo do conde Fredrik Axel Fersen. En 1779 entrou ao servizo de Francia e foi axuda de campo do conde de Rochambeau na Revolución Americana. Tras converterse en favorito da Raíña María Antonieta volveu a Suecia (1784), desde onde organizou a fuxida do Luís XVI e María Antonieta. En 1809, trala Revolución Sueca, forzou o Rei Gustavo IV a abdicar, polo que foi acusado de traizón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enrique Fernández Sendón.

    VER O DETALLE DO TERMO