"ILi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1725.
-
PERSOEIRO
Investigador e crítico literario. Catedrático de Lingua e Literatura da Universidad de Granada, é autor de estudos sobre mística castelá e especializouse na literatura castelá do Século de Ouro. Da súa obra destacan Temas del Barroco. De poesía y pintura (1947), El teatro y la teatralidad del Barroco (1969), Manierismo y Barroco (1970), Góngora y Quevedo, poetas (1972), Lope y Góngora frente a frente (1973) e Qué es el “Arte nuevo” de Lope de Vega? (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Anión de fórmula SiO44-, que forma parte dos silicatos discretos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido non coñecido en estado libre, que é un dos ácidos dos que derivan formalmente os silicatos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de ostensible.
-
PERSOEIRO
Compositor e pianista, fillo do compositor galego Emilio Otero Val. Foi un membro destacado da coral Airiños da Terra, do Centro Gallego de Santander. Autor de diversas obras musicais, entre as que destacan a foliada A muller de Roque e a muiñeira Meigas de Campos, nos seus concertos como solista destacou polo seu repertorio galego. Por este labor recibiu a medalla de ouro do Apóstolo Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico e compositor. Dirixiu a Banda Municipal de Melide (1932-1937) e, tras a Guerra Civil Española, fíxose cargo da banda da Policía Armada de Santander, á que incorporou unha sección de gaitas. Tamén organizou, no Centro Gallego de Santander, a coral Airiños da Terra. En 1957 foi nomeado presidente do Centro Gallego de Santander, co que desenvolveu un intenso labor de promoción cultural da música galega. Na súa obra destacan composicións de inspiración galega, Lembranzas, Miña xoíña, Na feira de Monterroso, Pandeirada de Melide ou Foliada de Rodeiro; e obras de raíz cántabra, Brisas de mi Santander, Cumbres Cántabras ou Perla del Cantábrico. Recibiu o título de Director Honorario da agrupación Aires de Melide e o de Presidente Perpetuo do Centro Gallego de Santander.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que ten a súa orixe na latinización dun nome xermánico derivado de Othal ‘patria’.
-
PERSOEIRO
Relixiosa, filla de Adalrico, conde de Alsacia. Naceu cega e o seu pai quíxoa matar pero a nai conseguiu evitalo e levouna a un mosteiro preto de Besançon, onde se criou. Fundou os mosteiros de Hohenburg e Niedermunster, en Mont Sainte-Odile, dos que foi abadesa. A súa lenda di que salvou a alma do seu pai do purgatorio e que resucitou para recibir a comuñón dun anxo. A súa festividade celébrase o 14 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de oxidable. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
PERSOEIRO
Historiador irlandés. Chegou a Galicia coa súa familia en 1602 e foi alumno do seu compatriota Synnot, con quen estudou gramática na Coruña. Foi oficial da Mariña de Guerra e escribiu varias obras sobre a historia da súa patria, das que destacan Historicae Catholicae Ibernae Compendium (1621) e Decas Patritiana (1629).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Amida bromoacética da anilina que se presenta en forma de cristais solubles en benceno e en alcohol, que se funden a 168°C. Emprégase como analxésico e antipirético.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado bromado da anilina. Preparado por bromación directa da anilina, emprégase na obtención de colorantes azo.
-
PERSOEIRO
Escritor. Caracterizouse pola singularidade da súa visión lírica e pola multiplicidade de formas poéticas, tradicionais e modernas. Da súa obra destacan a novela Morirás lejos (1967), os libros de poesía No me preguntes cómo pasa el tiempo (1969, Premio Nacional de Poesía Mexicana), El principio del placer (1972), Irás y no volverás (1974), Islas a la deriva (1976), a recompilación Ciudad de la memoria (1989) e Siglo pasado (desenlace) (2000). Recibiu o Premio Iberoamericano de las Letras José Donoso (2001) e o Premio Octavio Paz (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico italiano. Foi profesor na facultade de medicina de Florencia. Especializado en anatomía e histoloxía, en 1835 estudou os corpúsculos sensoriais cutáneos (corpúsculos de Pacini ou de Vater-Pacini), e posteriormente (1844) a estrutura da retina. En 1854 descubriu o vibrión colérico no intestino.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto das calidades sensoriais dun alimento, non necesariamente relacionadas co valor nutritivo, que se aprecian nunha dimensión psicolóxica, segundo os hábitos alimentarios.
-
-
Relativo ou pertencente ao padal e á úvula.
-
Pequeno músculo do padal brando que se insire na apófise palatina e na úvula. Contribúe á elevación e ao acurtamento do veo do padal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
María del Pilar Villar Rivas.
-
GALICIA
Escritor. Traballou en Madrid como tipógrafo ata que se trasladou en 1854 a Filipinas co cargo de oficial da secretaría do goberno xeral de Manila. Foi director da Gaceta de Manila e redactor de Diario de Manila, en 1875 fundou a Revista de Filipinas. Das súas obras destacan Dicionario de la administración, del comercio y de la vida práctica en Filipinas (1879?), La población de Filipinas (1883), Los chinos en Filipinas (1886) e Documentos para la historia de Filipinas (1891), e as novelas El aderezo de Paquita (1882), Diez millones de pesos o El tesoro de Marianas (1885), Los pretendientes de Carmen o Perfiles de novios (1888) e Un náufrago en la isla de la Cruz Blanca (1889).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga rexión de Asia Menor situada na zona meridional de Anatolia, entre as rexións da Licia e a Cilicia, os montes Tauro e o Mar Mediterráneo. Pertenceu durante o II milenio a C ao país de Arzawa, sometido arredor de 1340 polo soberano hitita Mursilis II. Colonizada polos aqueos, pasou a poder dos lidios, dos persas (546 a C) e de Alexandre o Grande (339). En 43 uniuse a Licia formando unha provincia do Imperio Romano.
-
-
Que ten forma de papila.
-
Que é semellante a unha papila.
-