Otero Val, Emilio
Músico e compositor. Dirixiu a Banda Municipal de Melide (1932-1937) e, tras a Guerra Civil Española, fíxose cargo da banda da Policía Armada de Santander, á que incorporou unha sección de gaitas. Tamén organizou, no Centro Gallego de Santander, a coral Airiños da Terra. En 1957 foi nomeado presidente do Centro Gallego de Santander, co que desenvolveu un intenso labor de promoción cultural da música galega. Na súa obra destacan composicións de inspiración galega, Lembranzas, Miña xoíña, Na feira de Monterroso, Pandeirada de Melide ou Foliada de Rodeiro; e obras de raíz cántabra, Brisas de mi Santander, Cumbres Cántabras ou Perla del Cantábrico. Recibiu o título de Director Honorario da agrupación Aires de Melide e o de Presidente Perpetuo do Centro Gallego de Santander.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Vilapoupre, Antas de Ulla