Pacheco, José Emilio

Pacheco, José Emilio

Escritor. Caracterizouse pola singularidade da súa visión lírica e pola multiplicidade de formas poéticas, tradicionais e modernas. Da súa obra destacan a novela Morirás lejos (1967), os libros de poesía No me preguntes cómo pasa el tiempo (1969, Premio Nacional de Poesía Mexicana), El principio del placer (1972), Irás y no volverás (1974), Islas a la deriva (1976), a recompilación Ciudad de la memoria (1989) e Siglo pasado (desenlace) (2000). Recibiu o Premio Iberoamericano de las Letras José Donoso (2001) e o Premio Octavio Paz (2003).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ciudad de México