"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade ou condición de protagonista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Política económica dirixida a protexer a economía dun estado, defendendo os seus produtos da competencia estranxeira. Esta política pode ir desde a prohibición da importación ou a exportación, ata a utilización dos aranceis como instrumentos desta protección, graduando a subida dos dereitos segundo a intensidade proteccionista que se queira asegurar. Esta foi a política escollida polos estados nacionais nacentes e por países menos desenvolvidos, e tivo a súa expresión no mercantilismo (ss XVI e XVII). Tratábase de gravar as entradas de produtos manufacturados e as saídas das materias primas.
-
-
Conxunto das confesións cristiás xurdidas da Reforma do s XVI ou influídas por ela. Esta designación provén da Dieta de Spira (1529), aínda que por razóns teolóxicas e históricas, algúns grupos consideraron mellor ser denominados evanxélicos ou reformados. Antes da Reforma houbo outros movementos que a anticiparon, comos os valdenses (s XII), os loardos de J. Wycliffe (s XIV) e os husitas (s XIV), e, con posterioridade, xurdiron as catro tradicións protestantes principais: luterana, calvinista, anabaptista e anglicana. Aínda que teñen diferenzas nas súas prácticas e doutrinas, coinciden no rexeitamento da autoridade do papa e a importancia concedida á Biblia, e á fe individual. Orixinariamente pretendían volver á doutrina e ás prácticas apostólicas, pero a separación da Igrexa Católica converteuse nun feito. Valórase a predicación da Palabra por riba do sacramentalismo e das cerimonias litúrxicas e consérvanse dous sacramentos: o bautismo e a eucaristía. Rexeitan a vida monástica,...
-
Correntes teolóxicas protestantes, sobre todo luteranas, encamiñadas a conciliar a teoloxía coas ideas liberais dos ss XVIII e XIX, moi combatidas polas posicións tradicionais e ortodoxas. Partindo dun estudo do cristianismo como feito histórico e, con métodos exclusivamente históricos e filolóxicos, os primeiros teólogos liberais (D. F. Strauss, F. Ch. Baur, B. Bauer) baseáronse na filosofía da relixión de F. E. Daniel Schleiermacher, no romanticismo de F. W. Joseph von Schelling e no idealismo hegeliano. Os máximos representantes foron os discípulos de A. Ritschl, E. Troeltsch e A. von Harnack, un dedicado ás cuestións de historia cultural e social e outro máis sensible á historia dos dogmas. Ligadas a estas posicións hai diversas correntes máis recentes, como o escatoloxismo de A. Schweitzer, a Formgeschichte de M. Dibelius, R. Bultmann e H. Gunkel.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de tautomería en que as dúas formas en equilibrio se intercambian mediante o desprazamento dun átomo de hidróxeno. Este concepto foi introducido por T. M. Lowry en 1923 e constitúe o primeiro intento de sistematizar os fenómenos de tautomería. Comezou aplicándose aos casos nos que a especie migradora era un protón e logo estendeuse a calquera tipo de desprazamento, xa sexa por mecanismos iónicos, radicais ou concertados, que conducen a un equilibrio tautomérico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento lingüístico propio do provenzal, ou que procede del, que se incorporou noutra lingua.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que afirma que todo sucede por disposición da providencia divina.
-
-
Afección ou preferencia polos usos ou costumes da provincia.
-
Exaltación da afección política á provincia.
-
Doutrina que propugna as prerrogativas políticas da provincia fronte ao poder central do estado. Propio do federalismo e do anarquismo, tamén os rexionalistas e nacionalistas o consideraron un primeiro paso histórico para a afirmación da propia autonomía. En Galicia comprende, aproximadamente, o período de 1840 a 1885, no que se defenderon as prerrogativas políticas de Galicia, entendida esta como unha unidade política diferenciada, o antigo Reino de Galicia, fronte ao poder central do estado liberal. Na primeira fase do provincialismo destacaron os membros da chamada Xeración do 46: A. Faraldo Asorey, A. Romero Ortiz, P. Rodríguez Terrazo e F. Añón Paz, entre outros, que tiñan como ideal o republicanismo federal. A renovación xeracional desenvolveu nas décadas de 1850 e 1860 un segundo provincialismo, caracterizado polo rexurdimento literario, que culminou coas obras de Rosalía de Castro, E. Pondal e M. Curros Enríquez e polo desenvolvemento teórico e ideolóxico do movemento, no que destacaron...
-
Xiro ou palabra propio dunha provincia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade ou condición de provinciano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de actividades, escritos e correntes de pensamento que propugnan proxectos para aumentar ou mellorar a facenda pública. Nos reinos hispánicos destacaron os proxectistas ou arbitristas dos ss XVI e XVII, que buscaban un arbitrio que solucionase os problemas da monarquía.
-
-
Oficio ou práctica de proxeneta.
-
Acción delituosa, incluída entre os delitos relativos á prostitución, que consiste en inducir, por engano, violencia ou coacción, a practicar relacións sexuais entre persoas. Distínguese entre o cometido sobre maiores de idade e menores de idade; este último denomínase corrupción de menores. Inclúese tamén a retención coactiva dunha persoa que xa practicaba a prostitución.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carácter do exército prusiano, baseado na despersonalización, a obediencia cega e a instrución inflexible, que caracterizou as tropas alemanas ata 1945.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade de presentar pseudoalelos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno conxénito en que un individuo posúe as glándulas sexuais dun sexo, pero os xenitais externos do sexo oposto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade hereditaria, causada por unha resposta deficiente dos tecidos periféricos á acción da hormona paratiroidal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade segundo a que un mineral foi substituído por outro, pero conservando a forma externa deste último, e que tivo lugar dunha maneira lenta e continua.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente ou doutrina filosófica que se desenvolveu durante parte do s XIX, que tende a reducir os problemas, lóxicos, estéticos ou metafísicos aos seus factores ou determinantes psíquicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto dos trazos característicos da psique dun individuo.
-
-
Trastorno da fala que consiste en pronunciar e repetir palabras, frases, etc, sen saber o que significan.
-
Método de ensino baseado exclusivamente na pura repetición memorística.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Secreción esaxerada de saliva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
infantilismo.