"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • Bartolomé Leonardo de Argensola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lupercio Leonardo de Argensola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Destacado guionista e asistente de directores importantes como William Wyler, converteuse no máximo expoñente do subxénero spaghetti western cos filmes Per un pugni di dollari (1964), Per qualche dollare in piú (1965), Il Buono, il brutto, il cattivo (1966) e Unce Upon a Time in America (1984), epopea sobre o gangsterismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Militante do occitanismo, a súa poesía, desde Cap de l’aiga (1952), tivo un papel destacado na actualización da expresión literaria en lingua de oc, o que se confirmou en Cor prendre (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: letarxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lexislador e rei de Esparta. Segundo a tradición ocupouse do ordenamento e a constitución das leis e dos costumes dos lacedemonios. Atribúeselle a fundación do consello de anciáns e da asemblea popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Orador e político. Alumno de Isócrates e de Platón foi un fervente antimacedonio e interveu na política da súa cidade. Editou os textos dos tráxicos e dos seus discursos só se conserva Contra Leócrates.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Esparta. Presidiu o partido antimacedonio, pero non puido impedir o avance de Filipo V de Macedonia. Trala Paz de Naupacte (217 a C) consolidou o seu poder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Cantabria, situado ao pé da serra de Gándara e regado polo río Mieres (2.305 h [2001]). O núcleo do termo é El Mercadillo. A economía está baseada principalmente na agricultura (patacas e cereais), na gandería bovina e na industria derivada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bairalín e coreógrafo ucraíno. Formou parte (1923-1929) dos Ballets Rusos de D’agilev e máis tarde foi primeiro bailarín da Ópera de París. En 1945 fundou o Nouveau Ballet de Montecarlo. Foi autor da coreografía de máis de 200 ballets e de libros como La danse (1938) ou Giselle (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor húngaro. Naturalizouse austríaco e foi profesor da Academia de Música de Budapest (1950-1956). Presentou unha música composta de toques sonoros e evolucionou cara a coloracións harmónico-tímbricas. Das súas obras destacan Apparition (1960), Atmosphéres (1961) e Lontano (1967), para orquestra, así como Requiem (1963-1965), Lux aeterna (1966), para coro, e a ópera Le grand macabre (1974-1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e médico brasileiro. Coñecido como o poeta da brasilidade, foi un notable estilista e un destacado pintor. A súa obra tivo unha evolución moi importante a partir do poema “Banguê”(1927), e destaca tamén Invenção de Orfeu (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Iluminadores de manuscritos de orixe holandesa, chamados Herman, Jean e Paul , falecidos os tres en 1416. A súa obra anunciou a análise naturalista da paisaxe e expresou formalmente o estilo o gótico internacional. Paul e Jean traballaron para o duque Filipe II de Borgoña, e xunto a Herman, a partir de 1411 para o duque Xoán de Berry para quen iluminaron as Belles Heures e as Très Riches Heures.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do NL de Bélxica, que ten como límites Países Baixos e o río Mosa (2.422 km2; 791.178 h [estim 2000]). A súa capital é Hasselt. Comprende dúas rexións separadas polo río Demer, ao N, a parte oriental de Kemper, con notables xacementos de carbón, e ao S, Hesbaye, como zona agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia situada no S de Países Baixos (82.209 km2; 1.141.192 h [2000]). A capital é Maastricht. Limburg meridional é unha chaira cuberta de loess, con cultivos de arroz, remolacha azucreira e gandería bovina. O sector setentrional reúne unha actividade agropecuaria máis diversificada, a avicultura e a floricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica dividida entre a provincia homónima do NL de Bélxica e a provincia tamén homónima do S de Países Baixos. Dominada sucesivamente polos romanos e os francos, tralo reparto do Imperio Carolinxio (843) foi atribuída a Luís o Xermánico. Constituída en condado en 1082 e ducado en 1155, integrouse no Ducado de Brabante en 1188. Pola Paz de Westfalia (1648) as Provincias Unidas acadaron a parte oriental de Limburg mentres que a occidental permaneceu en poder dos monarcas hispanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piloto estadounidense. Fixo o primeiro voo directo Nova York-París, o 20 de maio de 1927, en 33 horas e media, co avión Ryan NYP “Spirit or St. Louis”. O rapto e asasinato do seu fillo de dous anos en 1932, tiveron unha gran resonancia. Durante a Segunda Guerra Mundial adoptou unha actidude de non intervención contra Alemaña, e aceptou unha condecoración de H. Göring.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ferramenta que utilizan os zoqueiros para baleirar o interior das zocas.

    2. Aparato que se utiliza para realizar legrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político británico. Deputado por Caernarvon (1890-1945), opúxose á Guerra dos Boers, e formou parte do gabinete de Campbell-Bannerman (1905) onde presidiu o Board of Trade. Chanceler do exchequer, (1908) impulsou as leis sobre as pensións de vellez (1908) e da seguridade social (1911), financiadas cun imposto especial sobre as grandes fortunas e a propiedade da terra, aprobado polo parlamento malia a oposición da Cámara dos Lores. Como primeiro ministro (1916-1919), favoreceu a unificación militar aliada, pero na Conferencia de París (1919) opúxose ás pretensións de Clemenceau sobre Renania e Alta Silesia. O recoñecemento da República de Irlanda (1921) e a súa política antiturca durante a Guerra Greco-turca provocaron unha crise do seu goberno e a súa dimisión. Permaneceu á fronte do Partido Liberal e foi nomeado conde en 1944. Contribuíu activamente á recuperación da cultura galesa e publicou War Memories (1933-1936) e Memoirs of the Peace Conference (1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Berrande (Vilardevós), no límite con Portugal. O seu cumio acada os 700 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO