"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
PERSOEIRO
Rei dos Países Baixos e gran duque de Luxemburgo (1849-1890), fillo e sucesor de Guillerme II. Durante o seu reinado produciuse a conversión do Ducado de Luxemburgo nun territorio neutral baixo a garantía das grandes potencias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Inglaterra, Escocia e Irlanda (1830-1837), terceiro fillo e herdeiro de Xurxo III. Durante o seu reinado aprobouse a reforma electoral de 1832, que reformou a cámara dos comúns e estendeu o sufraxio á clase media.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Stadhouder das Provincias Unidas (1747-1751). Nomeado stadhouder de Frisia e Groningen en 1718, foi nomeado stadhouder hereditario en 1747 trala ameaza de invasión francesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Aquitania e de Gascoña (1086-1127), fillo de Guillerme VIII de Aquitania. Participou na Cruzada de 1101, onde o seu exército foi derrotado polos turcos. Ao seu regreso a Francia invadiu sen éxito e en varias ocasións o condado de Toulouse. Entre 1120 e 1123 axudou a Afonso I de Aragón na loita contra os musulmáns. É o trobador máis antigo coñecido. Consérvanse da súa autoría once poemas amorosos, ademais doutros de tipo tabernario e obsceno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Heroe lendario da independencia helvética, orixinario do cantón de Uri. Crese que en 1307 xurou liberar a patria da dominación austríaca, polo que se negou a renderlle homenaxe ao gobernador austríaco Gessler. Por este motivo foi sometido á proba de lle ter que atinar cunha frecha, lanzada cunha bésta, a unha mazá colocada sobre a cabeza do seu fillo. Superada a proba, vingou a afronta dándolle morte ao gobernador. Os suízos considérano o forxador da súa nacionalidade. A lenda deste personaxe constituíu a base argumental da obra Wilhelm Tell (1804) de F. Von Schiller e do libreto da ópera Guillaume Tell de G. Rossini (1829).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? 960? - Maillezais 1030) Duque de Aquitania (964-1030) e conde de Poitiers. Intitulouse a si mesmo duque de toda a monarquía de Aquitania, de tal xeito que acentuou a súa independencia do poder real.
-
PERSOEIRO
Derradeiro stadhouder das Provincias Unidas (1751-1795), fillo e sucesor de Guillerme IV de Orange-Nassau. Asumiu o cargo de stadhouder en 1766 trala rexencia da súa nai primeiro e do duque de Brunswick despois. A súa derrota na guerra contra o Reino Unido (1780-1784) e a influencia da Revolución Francesa, levárono a fuxir a Inglaterra en 1784 e a exiliarse en Alemaña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Aquitania e de Gascoña (1127-1137), fillo de Guillerme IX de Aquitania. Mecenas de numerosos trobadores, antes de morrer durante a súa peregrinación a Santiago de Compostela, cedeu o seu ducado a Luís VI de Francia e casou a súa filla, Leonor de Aquitania, co herdeiro ao trono francés, Luís Plantagenet.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do xermánico Willehelm ou Willahelm, nome composto das palabras xermánicas willja ‘vontade’ e helm ‘helmo’, ‘protección’. No latín medieval documéntase a forma Guilielmus e Vilielmus, pero a variante Guillén foi a máis común na Idade Media e perviviu, tralo proceso de castelanización, convertido en apelido. Presenta as variantes Guillelme, Guillelmo, Guillermo e Guillén. Á súa popularización contribuíu a lenda medieval de Guillerme Tell, amais dos moitos santos, reis e emperadores europeos, especialmente anglosaxóns, que levaron este nome. En Fisterra sitúase a “cama de san Guillerme”, un penedo en forma de cama, usado tradicionalmente como culto á fertilidade. Na abadía de Saint-Guilhem-du-Desert (Occitania) creouse a lenda de san Guillerme, popularizada polos peregrinos que se dirixían a Saint-Gilles-du-Gard e a Santiago de Compostela. Para ennobrecer esta abadía...
-
PERSOEIRO
Raíña dos Países Baixos (1890-1948), filla e sucesora de Guillerme III. Trala súa coroación (6 de setembro 1898), produciuse a separación definitiva con Luxemburgo, que rexeitou ser gobernado por unha muller. Mantivo a neutralidade dos Países Baixos durante a Primeira Guerra Mundial e durante a ocupación nazi, na Segunda Guerra Mundial, exiliouse en Londres xunto co goberno. Regresou aos Países Baixos en 1945 e tres anos máis tarde abdicou na súa filla Xiana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiron os partidarios de Guillerme III de Inglaterra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante masculina do antropónimo Guillerme/Guillermina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación dunha bolsa serosa, situada nun lugar en que os tendóns pasan por riba das prominencias óseas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Luís Gutiérrez del Arroyo Cebreiro (15.8.1877- 12.1.1938) Profesor. Licenciado en Ciencias Exactas, foi profesor da Institución Libre de Enseñanza (ILE), onde deu clases de aritmética, álxebra, xeometría, trigonometía e nocións de cálculo diferencial e integral, e xeometría analítica. Asistiu en Madrid (1916), xunto con Gumersindo de Azcárate e Manuel Bartolomé Cossío, á creación da Fundación Francisco Giner de los Ríos. Traduciu libros de autores estranxeiros, e publicou Aritmética de 1º, 2º y 3º grado (1916), Aritmética, grado 2º... en Libro Escolar, volumes 1º, 2º e 3º, e Enseñanza de la aritmética y del cálculo mental (1641). A súa irmá, Consuelo Gutiérrez del Arroyo Cebreiro , foi profesora da ILE e directora das colonias de vacacións dos antigos alumnos da ILE, e o seu irmán, Xosé Gutiérrez del Arroyo Cebreiro , mestre en Meis e Ponteareas, profesor da colonia de vacacións do Museo Pedagógico...
-
FILOSOFOS
Filósofo e sociólogo alemán. Profesor nas universidades de Heidelberg e Frankfurt, foi xunto con T. Adorno o máximo representante da escola sociolóxica de Frankfurt. Influenciado por G. W. F. Hegel e K. Marx, a súa filosofía busca a emancipación do home a través dun movemento dialéctico. Entre as súas obras destacan Theorie und Praxis (Teoría e praxis, 1963), Zur Logik der Sozialwissenschaften (A lóxica das ciencias sociais, 1967), Erkenntnis und Interesse (Coñecemento e interese, 1968) e Nachmetaphysiches Denken (Pensamento posmetafísico, 1988). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Desorde gastrointestinal producida por unha substancia antitiamínica (antivitamina B1), presente nas vísceras dos peixes, relacionado coa inxesta das vísceras ou polo consumo de peixe mal cociñado. Son coñecidos os casos procucidos por unha especie do Báltico e de Canadá (Ictiobus cyprinellus). O máis característico desta enfermidade é a rabdomiólise ou destrución do músculo esquelético. Identificouse en Europa en 1924.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dos compostos de fórmula CHX3, nos que X é un halóxeno. Son exemplos deste tipo o bromoformo (HCBR3) ou o cloroformo (HCCl3).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos órganos ou organismos que teñen forma de anzol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
⇒ lepra.
-
PERSOEIRO
Rei de Noruega (885?-933). Despois de herdar tres pequenos dominios na zona central de Noruega, iniciou unha serie de campañas militares que culminaron na Batalla de Hafrsfjord (885) trala que unificou todo o país. O seu reinado caracterizouse pola reorganización do sistema tributario e o aumento da inmigración a Islandia. Á súa morte o reino dividiuse entre os seus fillos.
VER O DETALLE DO TERMO