"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

  • CAPITAIS

    Capital de Haití e do departamento de Oeste (990.558 h [1999]). Está situada na costa occidental da illa e na fértil chaira de Cul de Sac, cun excelente porto no golfo de Genâve. Posúe industria azucreira e de bebidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora estadounidense. Dun estilo moi rico nas primeiras narracións (Flowering Judas, 1930), despois mantívose dentro da análise psicolóxica en Noon Wine (1937), The Leaning Tower (1944) e Days Before (1952). Recibiu o Premio Pulitzer (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Nicolao que dá nome ao concello de Portomarín, onde está a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Portomarín baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca e da provincia de Lugo, situado no centro da Comunidade Autónoma de Galicia, no centro-oeste da provincia de Lugo, a 42° 48’ de latitude N e 7° 37’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Guntín (comarca de Lugo), ao L co Páramo e Paradela (ambos os dous na comarca de Sarria), ao S con Taboada (comarca de Chantada) e ao O con Monterroso (comarca da Ulloa). Abrangue unha superficie de 115,1 km2, en que acolle unha poboación de 1.898 h (2007), distribuída nas parroquias de Bagude, Caborrecelle, O Castro de Soengas, Castromaior, Cortapezas, Fiz de Rozas, Gonzar, León, Narón, Nespereira, Portomarín (San Nicolao), Portomarín (San Pedro), Recelle, Sabadelle, San Mamede de Belaz, San Mamede do Río, Soengas, Vedro, Vilarbasín e Vilaxuste. A capital do concello é Portomarín, situada a 28 km ao S da cidade de Lugo e a 108 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Lugo e ao partido xudicial de Chantada.
    Xeografía física
    Sitúase...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Miño en Portomarín. Trátase dunha ponte medieval de laxes de xisto, asolagada polo encoro de Belesar. Sitúase no Camiño Francés de peregrinación a Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Miño en Portomarín. Datada no s XX, realizouse en cantaría e cachotaría con arcos rebaixados e tallamares redondeados. Ten sete vans e situábase na estrada de Portomarín a Sarria e foi asolagada no encoro de Belesar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • San Xoán de Portomarín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Portomarín. Data do s XII, e a mediados do s XIII contaba cun hospital de peregrinos. Foi consagrada polo bispo de Lugo Rodrigo II en 1182 e dedicada á Virxe e aos santos Pedro, Cosme e Damián. Trátase dunha construción románica realizada en cantaría de granito. De época medieval só queda a portada, composta de tripla arquivolta de medio punto, abucinada e con media cana na rosca e no intradorso, que se decora con motivos xeométricos. O lintel bilobulado data de 1182 segundo se recolle nunha epígrafe. O tímpano é liso. No interior destaca o sepulcro do marqués de Bóveda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro feminino situado en Portomarín. Recibiu a cuarta parte dos bens de Gundulfo na repartición que realizaron en 925 os pais de san Rosendo, Gutier e santa Aldara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou San Nicolao de Portomarín Igrexa parroquial situada en Portomarín. Pertenceu ao antigo mosteiro de san Xoán, que pertenceu aos cabaleiros de Santiago e despois aos de San Xoán de Xerusalén. En 1963 trasladouse, xunto coa vila, á súa localización actual seguindo un proxecto do arquitecto F. Pons-Sorolla. Construíuse ao longo do s XII. Trátase dunha igrexa-fortaleza con ameas no seu exterior polas que circulaba un camiño de ronda. Ten unha soa nave de planta rectangular, cuberta cunha bóveda de canón, e ábsida semicircular, máis pequena que a nave, decorada cunha moldura de billetes e tres seteiras decoradas. No interior conserva pinturas murais. A fachada principal acubíllase baixo un gran arco de descarga, sobre o que se sitúan dúas pequenas torres con ameas. Baixo o arco a fachada divídese en dúas partes: na superior atópase un gran rosetón calado; e na inferior a portada que amosa as influencias do mestre Mateo. Está formada por unha tripla arquivolta decorada: a...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Portomarín ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Portomarín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • portomarinense.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Port-au-Prince ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Port-au-Prince.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Santiago de Compostela 22.9.1772 - 19.1.1822) Escultor, irmán de Melchor de Prado Mariño. Formouse na Escuela Patriótica de Dibujo da Real Sociedad Económica Amigos del País de Santiago e co seu irmán, que lle encargou a realización das imaxes da Dolorosa e das Ánimas para San Mamede de Carnota. Influído por Xosé Ferreiro, na súa obra está presente o historicismo e o eclecticismo que aínda mira ao barroco. Buscou a individualización dos personaxes e a representación das paixóns da alma a través dos rostros, que nas representacións femininas están idealizados. Entre as súas obras destacan varias imaxes e retablos para as igrexas de San Miguel e Santa María do Camiño, varias imaxes para a igrexa de San Bieito do Campo e os retablos da igrexa das Ánimas e a Inmaculada Concepción para a capela maior da catedral compostelá. Fóra de Santiago de Compostela realizou a Virxe das Dores para a igrexa do convento San Domingos da Coruña, o retablo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Santiago de Compostela 1760? - A Coruña 1834) Arquitecto, irmán de Manuel Francisco de Prado Mariño. Foi discípulo de Miguel Ferro Caaveiro na Escuela Patriótica de Dibujo da Real Sociedad Económica Amigos del País de Santiago e en 1792 ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Foi arquitecto da catedral de Santiago de Compostela desde 1807 e arquitecto municipal da Coruña desde 1834. Antes de rematar os estudos (1796) realizou un proxecto de remodelación da cabeceira da catedral compostelá (1794), que non se chegou a materializar, e a reedificación de San Bieito do Campo (1795). Influído polo racionalismo académico e o neoclasicismo, realizou a igrexa das Ánimas, a fachada de San Miguel dos Agros (1814), a colexiata de Santa María de Vigo (1815) e os planos para a fachada principal da Universidade de Santiago de Compostela (facultade de Xeografía e Historia) en 1798, e foi arquitecto municipal da Coruña (1818-1834). Colaborou co seu irmán...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio de poesía convocado desde 2001 pola asociación cultural Ergueitos, de Sarria, en colaboración co concello da localidade luguesa. Estevo Creus, con Decrúa (2003), e Miguel Mato Fondo, con O whiskey na barrica (2004), foron algúns dos premiados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce efectos máis graves dos que pretendía causar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Circunstancia agravante de delito, no sentido de que o resultado dun acto cometido é máis grave ca o que se tiña intención de causar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prince Rogers Nelson.

    VER O DETALLE DO TERMO