"llo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1518.
-
VER O DETALLE DO TERMO
remoallo.
-
PERSOEIRO
Escultor. A súa obra insírese na estética barroca de G. L. Bernini. Realizou as estatuas dos Apóstolos de San Giovanni in Laterano (1708-1718), e o monumento a Gregorio XIII (1725), na basílica vaticana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Foi desterrado dúas veces polas súas sátiras. Destacan La hija de Celestina (1612), Casa del placer honesto (1620), El subtil cordobés Pedro de Urdemalas (1620) e Don Diego de Noche (1623).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Coahuila, México (578.046 h [2000]). Posúe industria alimentaria, siderúrxica, papeleira, téxtil e de maquinaria agrícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico, profesor e investigador. Destacou a súa loita contra rutinas e supersticións, en prol da inoculación e da vacina antivariólica, e en xeral da hixiene e da salubridade pública. Os seus estudos comprenden campos tan diversos como a navegación aerostática, o telégrafo eléctrico e sen fíos, a navegación submarina, o impulso para o desenvolvemento das comarcas, a conservación química dos alimentos, a meteoroloxía e melloras técnicas para a industria, ademais de estudos demográficos e sociais. Escribiu Años clínicos e Pensamientos sobre el arreglo de la enseñanza del arte de curar (1812).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Continuou co taller do seu pai, un escultor napolitano establecido en Murcia. Dedicouse á realización das escenas que compoñen o belén, seguindo a tradición napolitana, e dos pasos de Semana Santa, dos que destacan Oración en el Huerto (1754), La Cena (1763) e Cristo atado a la columna (1777-1778).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dirixente deportivo e diplomático. Seleccionador nacional de hockey a patíns, foi presidente da federación española deste deporte e do Comité Olímpico Español (1967-1970). Membro do Comité Olímpico Internacional desde 1966, foi o seu vicepresidente (1974-1978) e presidente (1980-2001), durante cuxo mandato Barcelona foi elixida (1986) para organizar os Xogos Olímpicos de 1992. Presidiu a Deputación de Barcelona (1973-1977) e foi embaixador na Unión Soviética (1977-1980). Foi presidente da Caixa de Pensions (1987-1999), que baixo o seu mandato pasou a ser a Caixa d’Estalvis i Pensions de Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título outorgado por Carlos III en 1765 a Antonio Pardo e Sánchez de Taibo , señor de San Xoán de Carballo, que se dedicou ao comercio coas Indias desde a súa residencia en Cádiz. Os seus sucesores foron Celestina Pardo Quindós , II marquesa de San Juan de Carballo, Manuel María Pardo Liaño , III marqués de San Juan de Carballo, Antonia Pardo Liaño e Tirado , IV marquesa de San Juan de Carballo, José López Liaño , V marqués de San Juan de Carballo, e á súa morte o título estivo vacante ata que se rehabilitou en 1968 con Estevo Carballo de Cora e González (Lugo 1905-Madrid 1982), VI marqués de San Juan de Carballo. En 1983 outorgouse Real Carta de Sucesión a favor do seu fillo Esteban Carballo de Cora Romero e en 2002 esta sucesión cancelouse e expediuse Real Carta de Sucesión a favor de María de los Ángeles Esquivias García del Cid . Trae por armas,...
-
-
-
-
PERSOEIRO
Raíña de Nápoles, filla do Rei Sancho I. Casou en 1304 co Rei Roberto I de Nápoles. Ao quedar viúva (1343), axudou ao seu sobriño Xaime III de Mallorca contra Pedro IV de Aragón.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Xefe de gabinete do Concello de de Santiago de Compostela (1983-1987) e concelleiro do PSOE desde 1987, foi membro da Deputación Provincial (1991-1999). En 1998 asumiu o cargo de alcalde de Santiago de Compostela, tras a renuncia de Xerado Estévez. Foi elixido alcalde da cidade en 1999 e reelixido en 2003. No seu mandato conseguiu que Santiago de Compostela acadase o estatuto de capitalidade e xestionou a Capitalidade Cultural Europea de 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse en Flandres con Antonio Moro e foi pintor de cámara de Filipe II (1560). Os seus retratos áulicos seguen o esquema compositivo do seu mestre e mostran unha gran cromática e unha pincelada solta. Cultivou tamén a pintura relixiosa. Destacan Isabel de Valois, El príncipe don Carlos, Ana de Austria e Los desposorios místicos de santa Catalina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Mallorca (1311-1324), fillo de Xaime II de Mallorca. En 1302, ao ingresar o seu irmán Xaime na orde franciscana, xurou como herdeiro do trono de Mallorca. Ao ano seguinte rendeu homenaxe en Barcelona ao seu curmán Xaime II de Aragón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. De nome Antonio Giamberti, foi axudante do seu irmán Giuliano da Sangallo. Arquitecto militar, restaurou Castel Sant’Angelo (desde 1493) e construíu a Rocca de Civitacastellana (1494-1499), Poggio Imperiale de Poggiobonsi (1495-1513) e Nepi (1499-1503). En 1515 proxectou e iniciou a fortaleza vella de Liorna. Desde 1518 centrou a súa actividade en Montepulciano, onde construíu ao gusto do s XVI, os palacios Tarugui, Contuci, Cervini e Del Pecora, e a igrexa de San Biagio de Montepulciano (1518-1529).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, sobriño de Antonio e Giuiliano da Sangallo. De nome Antonio Cordiani, especializouse en fortificacións. Traballou en Roma desde 1503 con D. Bramante. Construíu Santa Maria di Loreto (1507) e, unha vez morto R. Sanzio, dirixiu as obras de San Pedro do Vaticano. Para a familia Farnese construíu a Rocca Oaolina en Perusa, a capela Paolina e sala rexia no Vaticano, parte de vila Farnese en Caprarola e o Palazzo Farnese en Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e medallista, fillo de Giuliano da Sangallo. De nome Francesco Giamberti, foi coñecido tamén como il Margotta. Fixo a estatua de Paolo Giovino, no claustro da igrexa de San Lorenzo en Florencia (1560).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Giuliano Giamberti.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Angarellos.