Sangallo, Antonio da o Vello
Sangallo, Antonio da o Vello
Arquitecto. De nome Antonio Giamberti, foi axudante do seu irmán Giuliano da Sangallo. Arquitecto militar, restaurou Castel Sant’Angelo (desde 1493) e construíu a Rocca de Civitacastellana (1494-1499), Poggio Imperiale de Poggiobonsi (1495-1513) e Nepi (1499-1503). En 1515 proxectou e iniciou a fortaleza vella de Liorna. Desde 1518 centrou a súa actividade en Montepulciano, onde construíu ao gusto do s XVI, os palacios Tarugui, Contuci, Cervini e Del Pecora, e a igrexa de San Biagio de Montepulciano (1518-1529).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Florencia -
Deceso