"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
-
Que produce e restablece o ton normal do organismo.
-
Que vigoriza moral ou mentalmente.
-
Que se caracteriza por unha tensión continua.
-
tonificante.
-
auga tónica
Bebida non alcohólica feita a base de extractos ou esencias de froitas cítricas, auga gaseada ou mineral, con azucre ou sen el, con pequenas cantidades de quinina, que lle dá o sabor amargo característico.
-
-
Aplícase á vogal ou á sílaba que leva o acento musical ou de intensidade en oposición ás átonas. En relación co acento, unha sílaba chámase pretónica ou postónica segundo preceda ou siga inmediatamente á sílaba acentuada. Ás veces dáse o nome de acento tónico ao acento de intensidade.
-
Aplícase á nota central dunha escala musical.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de tonificar.
-
-
Que tonifica.
-
Aplícase ao produto que aumenta o ton muscular ou nervioso, que é similar ao reconstituínte, pero cun efecto máis inmediato e breve.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dar vigor e maior enerxía ao organismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cetáceo odontoceto de 135-185 cm de lonxitude e 45-65 kg de peso. Vive en grupos numerosos, frecuentemente preto da costa, e ás veces entra nos ríos. Aliméntase de peixes, crustáceos e moluscos. Pode atoparse no hemisferio boreal, e no Mediterráneo de forma accidental. A súa carne é comestible e apreciada.
-
DISTRITOS
Distrito de Serra Leoa, situado na provincia Setentrional (7.003 km2; 243.051 h [1985]). A súa capital é Magburaka (17.000 h [1985]).
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago de Camboxa, situado no medio da gran depresión tectónica bordeada ao SO polas cimas do Phnum Krâvanh e ao N polos Phnum Kulên. É un dos grandes centros mundiais de pesca (100.000 t/ano).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudita. Coñecida como a marquesa de Châtelet, está considerada como unha das mulleres máis destacadas das ciencias do s XVIII. Naceu no seo dunha familia nobre e desde pequena relacionouse con personaxes eminentes da intelectualidade francesa. En 1725 casou co marqués de Châtelet, con quen tivo tres fillos. Mantivo unha longa relación sentimental con Voltaire, algo que se reflectiu no pensamento do sabio. Impulsou os intereses da ciencia, especialmente a difusión das ideas de Newton en Francia. En 1734 participou na elaboración dos Elements de la philosophie de Newton, publicados por Voltaire en 1738. En 1737 comezou a escribir as Institutions de Physique, un novo tratado sobre esa materia destinado a substituír outro, de 1671, que ignoraba a física newtoniana. O traballo de maior esforzo e que máis contribuíu á súa gloria foi a tradución ao francés da obra de Newton Philosophiae naturales principia Matematica, que comezou en 1744 e rematou pouco antes...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e director de escena francés. Coñecido como Firmin Gemier, colaborou co Théâtre Libre de A. Antoine e no Ubu Roi que presentou Lugné-Poe co Théâtre de L’oeuvre. Despois de traballar en varios teatros de París puxo en marcha en 1911 un teatro popular ambulante co que percorreu Francia. En 1920 creou en París, no Trocadero, a primeira sala de Teatro Nacional Popular, para despois pasar ao Teatro Odeón, que dirixiu (1922-1930). As súas formulacións tiveron influencia no desenvolvemento dos proxectos de teatro popular e de descentralización teatral en Francia tras a Segunda Guerra Mundial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo alemán. Intentou conectar a teoría orgánica e a teoría contractual da sociedade. Escribiu Gemeinschaft und Gesellschaft (Comunidade e asociación, 1887), onde definiu as comunidades como agrupacións baseadas nas relacións persoais onde a razón de ser está nelas mesmas, e como organizacións estruturadas de forma racional para obter finalidades externas, Die Sitte (O costume, 1909) e Kritik der offentlichen Meinung (Crítica da opinión pública, 1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘ton’, ‘tensión’. Ex tonómetro. OBS: Tamén se emprega como sufixo coas formas -tono e -tonía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Imposibilidade de recordar un canto musical. OBS: Tamén se denomina afasia musical.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fibrila diferenciada do interior dalgunhas células contráctiles.
-
-
Medición do ton ou tensión.
-
Técnica dixital ou instrumental que se emprega para medir a tensión intraocular.
-
-
-
Instrumento que se emprega para medir o número de vibracións dos sons.
-
Instrumento que se emprega para medir a presión, especialmente a sanguínea ou a intraocular.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capa que delimita un vacúolo.
-
REXIÓNS
Rexión setentrional de Vietnam (115.700 km2). Limita ao N co sheng chinés de Yunnan e o zizhiqu de Guangxi Zhuang, ao S coa rexión de Annam e ao L co mar da China Meridional, onde constitúe o golfo de Tonquín. Corresponde esencialmente coa conca fértil e o delta do Sông Nhi Ha. O clima é monzónico, con chuvias de xuño a setembro. Habitada polos tai, a poboación concéntrase no delta. O arroz ocupa o 80% da superficie de cultivo, a metade dela con dúas colleitas anuais. Outros cultivos importantes son o millo, a pataca doce, a cana de azucre e o algodón. Destaca a pesca, tanto marítima como fluvial. O subsolo é rico en minerais. A industria concéntrase arredor de Hanoi e Hai Phong, principal porto. Habitada por pobos montañeses (tai, man e meo), no s III a C formou parte do Reino de Nam Yu (en vietnamita Nam Vièt ou Vietnam). A rexión foi dominada polos chineses durante mil anos (111 a C - 939 d C). Recuperada a independencia co nome de Dai Vièt, durante as dinastías...
VER O DETALLE DO TERMO -
GOLFOS
Golfo do mar da China Meridional, situado entre as costas vietnamitas de Annam setentrional e de Tonquín, e as costas chinesas de Guangdong ata a península de Leizhou e a illa de Hainan. A costa central está constituída polo amplo delta e o estuario do Sông Nhi Ha.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
amígdala palatina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás tonsilas.