"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • amigdalectomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cerimonia relixiosa na que se cortan os cabelos, parcial ou totalmente, para mostrar unha consagración especial da persoa. Costume xeneralizado entre os monxes cristiáns (ss V-VI), introduciuse na igrexa latina (ss VI-VII) como rito de admisión do clero, distinto das ordes menores. Foi suprimida pola reforma do Concilio Vaticano II.

      2. Maneira de levar cortados os cabelos os que recibiron a tonsura relixiosa. Entre as formas coñecidas, están a dos monxes budistas, que levan todo o cabelo rapado, a que deixaba só unha franxa de cabelo á maneira de aro (conservada ata hai pouco pola maioría das ordes relixiosas católicas) e a que levan sacerdotes e clérigos latinos reducida á coroa da cabeza, chamada por iso mesmo coroa

    1. Alegar carácter clerical para librarse da xurisdición ordinaria ou para obter mitigación ou modificación dunha pena. Está en vigor en países cun concordato coa Santa Sé ou nos que hai un privilexio de inmunidade eclesiástica.

    2. Beneficio eclesiástico que se podía gozar en canto se recibira a tonsura, sen necesidade de ningunha orde sagrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de tonsurar.

    2. Que ou quen recibiu a tonsura clerical.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer a tonsura a alguén.

    2. Conceder a condición de clérigo por medio do rito da tonsura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Operación financeira, ideada polo banqueiro italiano do s XVII Lorenzo Tonti, antecesora do seguro de vida e de vellez, na que, mediante o pagamento dunha cota determinada durante un número de anos por parte de diversas persoas que se asocien para este fin, constitúese un capital que, acumulado cos seus intereses, se reparte entre os superviventes ao final dos contratos respectivos.

    2. Asociación formada para ese fin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e financeiro inglés. Partidario do librecambismo, sostivo que as variacións de prezos se motivaban por cambios nas condicións xerais da oferta e a demanda dos bens e non só pola oferta do diñeiro. Publicou History of Prices and of the State of the Circulation During the Years 1793-1856 (1838-1857).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Breve sinal eléctrico que serve de referencia para unha medida de tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribunal de Orden Público.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ocución que indica que algo é absolutamente secreto ou confidencial, especialmente referido a un documento oficial ou a unha noticia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que significa ‘lugar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de vestir feminina que cobre o tronco, polo xeral curta, moi escotada e sen mangas nin tirantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soberano inca (1525-1532), fillo de Huayna Cápac. Coñecido como Huáscar, non herdou do seu pai a rexión de Quito que pasou ao seu irmán Atahualpa, que o venceu durante a guerra civil en Riobamba e Cotobamba (1532), e foi capturado e executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aluminosilicato hidratado con flúor, de fórmula Al2SiO4(OH,F)2, que cristaliza no sistema rómbico en cristais prismáticos moi grandes, tamén se presenta en masas de gran fino ou groso. Ten unha dureza de 8 e unha densidade de 3, 5-3, 6. É incoloro ou branco, aínda que pode presentarse en cristais transparentes de cor azul ou amarela clara, e algunhas veces rosada. Os exemplares transparentes empréganse en xoiaría como pedras preciosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe involuntario contra algo ou alguén.

    2. Unión ou encontro de dúas ou máis persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. atopar.

    2. Tocar lixeiramente algo ou a alguén.

    3. Chocar ou golpear algo violentamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza que se pon nalgún lugar, para evitar golpes ou que algo sobrepase un límite.

      2. Cada un dos dispositivos, xeralmente provistos de resortes, que se colocan, dous na parte dianteira e dous na parte posterior, nos vagóns do tren e nas locomotoras, para mantelos en contacto elástico durante a marcha e amortecer os choques, por exemplo no enganche e nas desaceleracións.

      3. Dispositivo semellante ao que se coloca nas locomotoras e vagóns para amortecer o contacto entre eles, que se sitúan ao final dunha vía ferrea para deter o tren se a freada é insuficiente.

    1. Peza ou parte dunha peza que limita o xogo doutra peza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Punto máximo que se pode acadar.

    2. Extremo superior de algo.

    3. Extremo superior do mastro dunha nave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Kansas, EE UU, situada na ribeira do Kansas (122.377 h [2000]). Ten industrias alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO