"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Franciscano e escultor. Ingresou na orde (1881) e tomou os hábitos (1887). Realizou numerosas pezas para as igrexas da orde franciscana e construíu, entre outros, os órganos dos conventos de Herbón e Canedo, ademais de reparar os das catedrais de Lugo e Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Agostiño e escritor. Formado no convento de Santiago, foi destinado a Filipinas (1785), onde foi vogal e definidor da orde. Das súas obras destacan Filosofía cristiana (1838) e Libro de lo que debe hacer el hombre cristiano todos los días (1844).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso dominicano e escritor. Profesou en Salamanca (1828) e foi destinado ás misións de Filipinas (1832). Foi lector de humanidades no colexio de San Tomé de Manila, e mestre de novicios en varios conventos daquelas illas. Colaborou no Dicionario ibanag-español (1854) dos dominicanos e no Dicionario español-ibanag (1864), e dirixiu a reimpresión do Catecismo en lingua ibanag.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrador. Iniciouse no mundo da ilustración e do deseño na súa etapa universitaria. Traballou nas historias Os viaxeiros do tempo e Un misterio para Simón, de Fausto Isorna. Colaborou con Carlos Portela nas series Forest Hill e Guinsy para Atlántico Diario. Publicou na revista de banda deseñada erótica Penthouse Comix, e posteriormente en El Víbora, con historias que combinan humor e erotismo. Logo de colaborar con Elipse, realizou para a revista Golfiño a serie “O castelo regadeira” e participou no tomo Magical Mystery Tour.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Entallador. Realizou, entre outras obras, o retablo de San Xoán de Sardiñeiro (Fisterra, 1580), pintado por Xoán de Moreira, as mesas, asentos, respaldos e púlpito do refectorio de San Xoán de Poio, as andas da confraría do Rosario de Santiago (1585), unha custodia de madeira para a colexiata de Santa María de Vigo, o retablo maior de San Martiño de Fruíme (Lousame, 1600) e os retablos de San Salvador de Cis (Oza dos Ríos, 1601), Santa María de Asados (Rianxo, 1603) e Santa María de Rutis (Culleredo, 1605).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de cantería. Traballou dende 1544 no colexio de Fonseca e foi mestre de obras da cidade e da catedral dende 1564, onde dirixiu as obras que pecharon o claustro polo O (1566-1567). En 1564 recibiu o encargo de realizar a escaleira da praza das Praterías e trazou a planta dunha capela do mosteiro de Caión. Proxectou o campanario da antiga igrexa de San Francisco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cerralleiro. De orixe francesa, foi veciño de Santiago de Compostela. Traballou co mestre Guillem Bourse ata o falecemento deste en 1558, ano en que abriu un obradoiro. Realizou, entre outras obras, as reixas do púlpito de Santa María a Grande de Pontevedra (1567), as da capela de San Pedro da Cerca ou da Azucena na catedral compostelá (1571), e as da capela de T. Gómez en Santa María de Salomé (1573). En 1587 o concello de Santiago nomeouno cerralleiro do Santo Oficio do Reino de Galicia, título expedido pola Inquisición en 1584.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. Traballou nas obras da catedral compostelá, da que foi mestre de obras dende 1606. Continuou as obras iniciadas por Ginés Martínez: a escalinata do Obradoiro, o colexio de Sanclemente, do que foi mestre de obras dende 1609, e a urbanización da praza da Quintana (1611-1616), onde proxectou a Porta Santa. En 1611 trazou a fachada do pazo arcebispal que dá á praza do Obradoiro. Realizou tamén a galería que coroa a fachada do claustro e a torre da Vela (1614), situada no ángulo SO. Na cidade compostelá, encargouse das reparacións das fontes (1612) e contratou a construción do claustro e doutras obras no convento de Santo Agostiño (1618), que realizou B. Fernández Lechuga. Fóra de Santiago, deu as trazas da capela maior de Santo Andrés de Zas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras, fillo de Xácome Fernández. Foi fontaneiro da cidade de Santiago (1637) e colaborador de B. Fernández Lechuga. Traballou no mosteiro de San Paio de Antealtares (1641-1645), onde terminou o lenzo da fachada da Quintana. Na igrexa do convento de Santo Agostiño realizou a cúpula, as bóvedas, os arcos torais e outras obras (1642), e en 1645 rematou a capela da confraría do Rosario en San Domingos de Bonaval. En 1651 contratou a construción dun lenzo do claustro de Santa María de Conxo. Con este mesmo nome, documéntase outro mestre de obras, que podería ser o seu fillo, que traballou no mosteiro de San Martiño Pinario (1667).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Entallador. Activo entre 1600 e 1615, realizou, entre outras obras, os retablos de Santa María de Mixós (Monterrei, 1600-1601), o da capela maior de Santo Estevo de Sandiás (1603), o de Santo Estevo de Ambía (Baños de Molgas, 1604) e o retablo maior de Santa Comba de Treboedo (Maside, 1615).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Doutor en Arquitectura e catedrático emérito da Universidade da Coruña. A súa obra pode cualificarse de funcionalista e relaciónase coa obra de Mies van der Rohe. Destacan, entre outras construcións, a planta embotelladora de Coca Cola e a SEAT na Coruña, o complexo de Sargadelos, as sedes do Banco Bilbao na Coruña e Pontevedra, o Centro de Cálculo de Caixa Galicia, a rehabilitación da Casa Museo de Rosalía de Castro, a Escola de Idiomas e o Conservatorio da Coruña. Foi decano do Colegio de Arquitectos de León, Asturias e Galicia, e o primeiro en ocupar o mesmo posto ao crearse o COAG (1973-1979). Colaborou en Boletín Académico da ETSA, Luzes de Galicia, Coruña paraíso del turismo, On diseño, Obradoiro e, entre outras obras, en R. González Villar e a súa época (1975), Isaac Díaz Pardo: un proxecto socio-cultural para Galicia (1990) e Xosé Bar Boo, arquitecto (1996). Pertenceu á Real Academia Galega, Academia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora, filla de Xulio Antón Fernánez Argüelles. Coñecida como Coco Argüelles, formouse co seu pai e co pintor Juan Luis e no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Na súa obra, de carácter intimista, predomina o debuxo. Cultivou a paisaxe e as escenas de interiores. Aínda que a súa obra é figurativa, en ocasións achégase á abstracción. Os seus traballos foron seleccionados, entre outras mostras, na VI Bienal de Pontevedra (1982), no Premio Concello de Cambre (1985 e 1987), na I Mostra Unión Fenosa (1989), 33 artistas con Amnistía Internacional (1991) e na Exposición Homenaxe Laureano Álvarez (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou pintura na Escuela de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1943). Na Coruña foi profesor na Escola de Náutica e Máquinas (1948), no Instituto Masculino (1950), na Escola de Comercio e na Escola de Artes e Oficios Artísticos (1957), da que foi director. Membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario (1969), foi dende 1980 vogal do padroado do Museo de Belas Artes da Coruña. Presidiu a Asociación de Artistas da Coruña (1952-1953). Realizou numerosas exposicións individuais na Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Crítico musical. Licenciado en Dereito, exerceu a avogacía e estableceuse en Madrid. Foi crítico musical do ABC, Tarea, Informaciones e Arriba, así mesmo, colaborou con La Estafeta Literaria, Blanco y Negro, Mundo Hispánico, La Vanguardia e Diario de las Américas. Escribiu, entre outras obras, Cien años de teatro musical en España (1875-1975) (1975), Panorama de la música en España (1949), La música española en el siglo XX (1973), Pucini. El hombre, la obra, la estela (1974), La ópera (1976), Músicos que fueron nuestros amigos (1967), Ataúlfo Argenta (1971), Granada, historia de un festival (1984) e Historia del Teatro Real como sala de conciertos (1966-1988) (1991). Académico de honor da Institución Fernán-González, membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, da Real Academia Galega e membro correspondente da Real...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador da Arte. Director do CGAC, foi profesor nas facultades de Belas Artes de Salamanca (1988-1992) e Pontevedra (1993-1995). Fundador de Arte y parte, foi o seu director, editor e membro do consello de redacción (1996-1998). Colaborou como crítico de arte, entre outras publicacións, en ABC, La Voz de Galicia e Faro de Vigo, e foi xefe de redacción de Buades, periódico de arte (1984-1989). Foi membro do consello reitor (1996-1998) e do comité de compras (1997-1998) do IVAM e responsable de compras da Fundación Coca-Cola España (1995-1998). Foi comisario de numerosas exposicións, responsable da delegación española na Bienal de São Paulo de 1989 e membro do xurado de diversos premios artísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xinecólogo. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en xinecoloxía e en anatomía patolóxica. Foi membro fundador do Institut Universitari Dexeus e da Sociedad Española de Patología Mamaria. Xefe dos servicios de xinecoloxía do Institut Universitari Dexeus, centrouse no problema da detección precoz do cancro de mama. Publicou numerosos artigos científicos en revistas médicas, varias monografías, como Derrames, Macroquistes e Patología mamaria infanto-juvenil, e o Dicionario de mastología (1999) e dirixiu as obras Patología mamaria (1982) e Mastología (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Produtor cinematográfico. Cursou estudios nas universidades de Santiago de Compostela e de Oviedo e na Escuela Oficial de Cine de Madrid obtivo o título na rama de Produción. Foi axudante de produción en 1959 en dous filmes relacionados coa cultura galega: La casa de la Troya, dirixida por Rafael Gil sobre a novela do mesmo título de Alejandro Pérez Lugín, e Sonatas, de Juan Antonio Bardem, sobre a obra de Ramón María del Valle-Inclán. Como axudante participou, así mesmo, en Viridiana (Luis Buñuel, 1961). A partir de Los inocentes (J.A. Bardem, 1962) traballou como director de produción ou como produtor executivo en máis de 25 longametraxes, e como produtor a través das marcas Avenir Films, Zoom, Arte7 ou Margen. Noutras dúas obras, volveu tratar temas galegos. En 1972, produciu Flor de santidad, sobre un texto de Valle-Inclán, nunha visión un pouco tenebrista da Galicia rural. En 1991 foi o produtor de Martes de Carnaval, codirixida por Fernando Bauluz e Pedro Carvajal, unha obra que,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Secretario xeral de FE de las JONS (1934), foi encarcerado tralo triunfo do Frente Popular (1936) e intercambiado polo Mando Nacional no transcurso da Guerra Civil. Foi ministro de Xusticia (1945-1951), ministro secretario xeral do Movemento (1951-1956) e conselleiro nacional do Movemento. Contrario á reforma política, en 1976 promoveu a asociación Frente Nacional Español, que reconverteu ese mesmo ano en Falange Española de las Juventudes Obreras Nacional-Sindicalistas (FE de las JONS), que presidiu ata febreiro de 1983.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, escritora e política. Neta do deputado liberal e fundador de La Voz de Galicia Xoán Fernández Latorre, asinaba os seus artigos como Victoria Armesto. Graduouse na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid (1949). Foi correspondente en EE UU (1950-1955) e Bonn (1956-1966) de La Voz de Galicia; ademais colaborou con Pueblo e a revista Semana. No eido político exerceu como deputada pola Coruña no Congreso na lexislatura constituínte (1977-1979) por AP, na I lexislatura (1979-1982) por Coalición Democrática (CD) e na II lexislatura polo PP (1982-1986) e polo Grupo Mixto (marzo-abril 1986). Escribiu Dos gallegos, Feijoo y Sarmiento (1964), Galicia feudal (1969), Verbas galegas (1973) e Los liberales coruñeses (1996). Entre outros galardóns, en 1970 recibiu o Pedrón de Ouro concedido polo Patronato Rosalía de Castro e o premio Concepción Arenal polo seu traballo “Concepción Arenal e nós”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Coñecida como Elena Gago, iniciou a súa formación na Coruña da man de Dolores Díaz Baliño e despois asistiu á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e ao Círculo de Bellas Artes. Ampliou estudios en París, onde traballou en diversos talleres e, a finais da década de 1960, regresou a Galicia. A súa obra, de carácter realista, amosa espacios interiores como paredes, fiestras, mobles, escaleiras e estancias cheas de obxectos cotiás, matizados polas sombras e cortados pola luz que entra dende o exterior; a estrutura das obras é xeométrica. En ocasións incluíu a figura dunha muller. Dende 1972 o tema foi ocupando un lugar secundario para acadar maior relevancia e interese os valores pitóricos e espaciais. Tamén fixo paisaxes monocromáticas. Realizou as ilustracións de Claridade en que a tentas me persigo (1977), de Miguel González Garcés. Realizou exposicións, entre outras, en Múnic, Bruxelas, Xenebra, Toquio e en diversas cidades españolas. Participou, entre...

    VER O DETALLE DO TERMO