"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Acordo asinado en Tordesillas o 7 de xuño de 1494, entre os Reis Católicos e Xoán II de Portugal, polo que Castela e Portugal fixaron a liña de demarcación das súas futuras posesións en ultramar. O resultado foi un pacto no que a liña de demarcación se situou a 370 leguas ao O das illas de Cabo Verde; desta maneira, a terra descuberta ao L desta liña pasaba a depender de Portugal e a do O, de Castela. Foi ratificado polos Reis Católicos en Arévalo (2 de xullo de 1494), por Xoán II de Portugal en Setúbal (5 de setembro de 1494) e polo Papa Xulio II (1506).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao animal que ten o pelo branco ou gris e con manchas negras.

      1. Nome común que reciben algunhas aves do xénero Turdus, da familia dos túrdidos, coa plumaxe de tons pardos, o peteiro fino e os sexos totalmente iguais. Aliméntanse de froitos, insectos, caracois ou miñocas.

      2. tordo charlo [port: tordeia; cast: zorzal charlo; ingl: mistle thrush] [Turdus viscivorus, Fam dos túrdidos]

        Ave de 27 cm de lonxitude, coa plumaxe dorsal entre castaña e cincenta, e a ventral máis clara pero con manchas circulares pequenas máis escuras. A cola é longa, coas plumas rectrices externas de cor branca. Vive en fragas e distribúese por case toda Europa; en Galicia é sedentaria.

      3. tordo galego [port: tordo-comum; cast: zorzal común; ingl: song thrush] [Turdus philomelos, Fam dos túrdidos]

        Ave de 23 cm de lonxitude, coas partes inferiores de cor branca rosácea e listas de manchas escuras e as superiores de cor terrosa. Vive en arboredos, nas ribeiras dos ríos e en grandes parques. Habita en Asia noroccidental e en toda Europa, excepto no centro e o S da Península Ibérica e Italia, e nas illas mediterráneas. En Galicia é sedentaria e común en todo o territorio.

      4. tordo malvís [port: tordo-ruivo; cast: zorzal alirrojo; ingl: redwing] [Turdus iliacus, Fam dos túrdidos]

        Ave de 21 cm de lonxitude, cos flancos e a parte inferior das ás de cor vermella viva, as manchas do peito son alongadas e ten unha franxa supraocular e outra por debaixo das fazulas, ambas as dúas de cor máis clara. Vive nos bosques. Habita en Europa e na Siberia setentrional e hiberna nas illas Británicas, Francia, o N de Italia, na Península Ibérica e en Galicia.

      5. tordo real [port: tordo-zornal; cast: zorzal real; ingl: fieldfare] [Turdus pilaris, Fam dos túrdidos]

        Ave duns 25,5 cm de lonxitude, coa plumaxe da cabeza, pescozo e mitra de cor cincenta, cun risco supraocular claro; o dorso é de cor parda arrubiada, o peito ocráceo e o ventre branco. A cola é longa e de cor negra. Atópase nos campos abertos e distribúese como estival no N e L de Europa, como sedentaria no centro e como hibernante no S e O do continente, zona na que está incluída Galicia, onde poden observarse exemplares hibernantes entre os meses de outubro e marzo.

    2. Peixe perciforme, duns 45 cm de longo, cunha cor, xeralmente uniforme, verde oliva ou terrosa e oliva, sen bandas nin manchas brancas e corpo alto e comprimido. Habita no Atlántico e no Mediterráneo, e é especialmente abundante no Adriático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Xoán que dá nome ao concello de Tordoia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Ordes situado no centro da provincia da Coruña ao O da Comunidade Autónoma de Galicia (43° 05’ latitude N e 8° 33’ lonxitude O). Limita ao N cos concellos de Carballo (comarca de Bergantiños) e Cerceda (Ordes), ao S co de Trazo (Ordes), ao L cos de Cerceda e Ordes e ao O cos de Trazo, Val do Dubra (Santiago) e Coristanco (Bergantiños). Abrangue unha superficie de 124,5 km 2 cunha poboación de 4.467 h (2007), distribuída nas parroquias de Andoio, Anxeriz, Bardaos, Cabaleiros, Castenda da Torre, Gorgullos, Leobalde, Numide, Tordoia e A Vila do Abade. A súa capital, Pontepedra, está situada na parroquia de Cabaleiros, a 50 km da Coruña e 38 km de Santiago de Compostela. Pertence á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Ordes.
    Xeografía física
    O concello de Tordoia presenta un relevo caracterizado pola presenza na súa maior parte dun bloque aplanado na vertente dereita do río Tambre, basculado de O a L, cunha altitude que oscila...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas da familia das apiáceas con flores de pétalos brancos ou rosados e froito piloso e comprimido. En Galicia florece entre xuño e agosto a especie T. maximum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Muros baixo a advocación de san Xián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. A súa obra representou a etapa idealista do gótico inglés. Foi autor das estatuas de Enrique III e Leonor de Castela da abadía de Westminster.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Formouse co seu pai e con F. Solimena e estableceuse en Dresde, onde pintou principalmente retratos, cadros de altar e murais. Máis adiante trasladouse a Peterburgo, onde foi o pintor da corte de Catarina II de Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (12.286 h [2001]). É un centro industrial con industrias variadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, situado na comarca do Bierzo (4.117 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello das Nogais baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga construción situada nas Nogais. Consérvase a súa torre de homenaxe ameada, de planta cadrada, con tres andares e un soto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • . É un importante centro hulleiro da conca do Donbass. Chamado antigamente Cist’akovo, en 1964 modificou o seu nome en recordo do comunista francés Maurice Thorez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito unitario de Gales, Reino Unido (126 km2; 90.949 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. uz.

    2. Pau que se coloca en sentido horizontal no pescozo dalgúns animais domésticos para evitar o seu paso por determinados lugares.

    3. ara verde e flexible que se utiliza para atar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adolfo Correia da Rocha.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco ou trapo de tea vello e sen ningún servizo.

    2. Persoa sucia e descoidada no seu aspecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sufrir unha obstrución na gorxa debido a algo que se bebeu ou que se comeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Raíz da torgueira.

    VER O DETALLE DO TERMO