tordo -da
(
-
adx
Aplícase ao animal que ten o pelo branco ou gris e con manchas negras.
-
[ANIMAL/ORNIT]
-
s
m
Nome común que reciben algunhas aves do xénero Turdus, da familia dos túrdidos, coa plumaxe de tons pardos, o peteiro fino e os sexos totalmente iguais. Aliméntanse de froitos, insectos, caracois ou miñocas.
-
tordo charlo [port: tordeia; cast: zorzal charlo; ingl: mistle thrush] [Turdus viscivorus, Fam dos túrdidos]
Ave de 27 cm de lonxitude, coa plumaxe dorsal entre castaña e cincenta, e a ventral máis clara pero con manchas circulares pequenas máis escuras. A cola é longa, coas plumas rectrices externas de cor branca. Vive en fragas e distribúese por case toda Europa; en Galicia é sedentaria.
-
tordo galego [port: tordo-comum; cast: zorzal común; ingl: song thrush] [Turdus philomelos, Fam dos túrdidos]
Ave de 23 cm de lonxitude, coas partes inferiores de cor branca rosácea e listas de manchas escuras e as superiores de cor terrosa. Vive en arboredos, nas ribeiras dos ríos e en grandes parques. Habita en Asia noroccidental e en toda Europa, excepto no centro e o S da Península Ibérica e Italia, e nas illas mediterráneas. En Galicia é sedentaria e común en todo o territorio.
-
tordo malvís [port: tordo-ruivo; cast: zorzal alirrojo; ingl: redwing] [Turdus iliacus, Fam dos túrdidos]
Ave de 21 cm de lonxitude, cos flancos e a parte inferior das ás de cor vermella viva, as manchas do peito son alongadas e ten unha franxa supraocular e outra por debaixo das fazulas, ambas as dúas de cor máis clara. Vive nos bosques. Habita en Europa e na Siberia setentrional e hiberna nas illas Británicas, Francia, o N de Italia, na Península Ibérica e en Galicia.
-
tordo real [port: tordo-zornal; cast: zorzal real; ingl: fieldfare] [Turdus pilaris, Fam dos túrdidos]
Ave duns 25,5 cm de lonxitude, coa plumaxe da cabeza, pescozo e mitra de cor cincenta, cun risco supraocular claro; o dorso é de cor parda arrubiada, o peito ocráceo e o ventre branco. A cola é longa e de cor negra. Atópase nos campos abertos e distribúese como estival no N e L de Europa, como sedentaria no centro e como hibernante no S e O do continente, zona na que está incluída Galicia, onde poden observarse exemplares hibernantes entre os meses de outubro e marzo.
-
s
m
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe perciforme, duns 45 cm de longo, cunha cor, xeralmente uniforme, verde oliva ou terrosa e oliva, sen bandas nin manchas brancas e corpo alto e comprimido. Habita no Atlántico e no Mediterráneo, e é especialmente abundante no Adriático.