Tordesillas

Tordesillas

Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, situado á beira do río Duero (8.045 h [2001]). É un importante centro comercial. Residencia dos reis casteláns, tivo un papel importante na historia da Coroa de Castela e aquí asinouse en 1494 o Tratado de Tordesillas. Do seu patrimonio cultural destaca o convento de Santa Clara (BIC, 1931), de estilo mudéxar, e as igrexas de Santa María (BIC, 1984) e San Antolín (BIC, 1998). Os baños árabes do antigo palacio real son dos mellores conservados na Península Ibérica. O conxunto histórico da vila foi declarado BIC (1977).