Tordesillas, Tratado de
Tordesillas, Tratado de
Acordo asinado en Tordesillas o 7 de xuño de 1494, entre os Reis Católicos e Xoán II de Portugal, polo que Castela e Portugal fixaron a liña de demarcación das súas futuras posesións en ultramar. O resultado foi un pacto no que a liña de demarcación se situou a 370 leguas ao O das illas de Cabo Verde; desta maneira, a terra descuberta ao L desta liña pasaba a depender de Portugal e a do O, de Castela. Foi ratificado polos Reis Católicos en Arévalo (2 de xullo de 1494), por Xoán II de Portugal en Setúbal (5 de setembro de 1494) e polo Papa Xulio II (1506).