"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
dióxido de torio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido de torio e uranio, de fórmula (Th,U)O2, que cristaliza no sistema cúbico. É de cor negra ou gris escura, ten unha dureza de 5,5 a 6,5 e unha densidade de 8 a 9,7. É un mineral radioactivo e un isomorfo da uranita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do grego Thorybios ‘ruidoso’, derivado de thoribos ‘ruído, estrondo’.
-
PERSOEIRO
Relixioso. Bispo de Lima, reuniu numerosos sínodos para promover a vida relixiosa no vicerreinado e defendeu os dereitos da Igrexa. Iconograficamente represéntase con capa, mitra e palio (arcebispo) e cun indio aos pés, como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 23 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Bispo de Astorga, combateu a idolatría e o priscilianismo. A finais do s IX trasladouse ao mosteiro cántabro de San Martiño de Turieno, que modificou o seu nome polo de Toribio de Liébana. Iconograficamente represéntase con pontifical (por ser bispo) e cunhas ascuas acesas como atributo persoal, como recordo de que as levou no roquete sen se queimar para librarse dunha acusación de crime; nalgunhas estampas aparece pisando herexes e priscilianistas. A súa festividade celébrase o 16 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento arquitectónico que ten unha forma semellante á letra grega pi (π) e que serve de entrada aos recintos dos templos xaponeses. Xeralmente son de madeira e carecen de ornamentación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas anuais, da familia das apiáceas, con follas pinnadas, flores en umbelas e froito oval. En Galicia pódense atopar as especies T. nodosa e T. arvensis.
-
-
Elemento químico, de número atómico 90 e peso atómico 232,0381, que pertence ao grupo IIIB da táboa periódica. É o primeiro membro da familia dos actínidos e foi descuberto por J. J. Berzelius (1828). Está constituído esencialmente por un só isótopo, 232 Th, radiactivo, con emisión α, que ten unha vida media de 1,39×10 10 anos e é un dos radioisótopos que existiron ao longo de todo o tempo xeolóxico. Atópase amplamente difundido na natureza e a súa abundancia na codia terrestre é similar á do chumbo. Os seus minerais máis importantes son a monacita e a torita. Presenta un marcado carácter electropositivo (E° Th 4+ /Th = -1,899 V) e notable reactividade. Combínase directamente coa maioría dos non-metais a temperaturas elevadas. É atacado polos ácidos minerais e é inerte aos hidróxidos dos metais alcalinos. A súa aplicación máis importante é o seu uso en reactores nucleares rexeneradores para obter uranio 233 e tamén na fabricación...
-
Sólido en forma de pos brancos, con excelentes propiedades refractarias, que se obtén por redución do nitrato de torio.
-
Sólido cristalino branco, soluble en auga e alcohol, que se emprega en medicina e en análise química.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de torio, de fórmula ThSiO4, que cristaliza no sistema tetragonal. É un mineral radioactivo que presenta unha dureza de 4,5 e unha densidade de 4,4 a 4,8. É de cor marrón escura a negra e brillo vítreo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia romana de banqueiros de Auvernia de onde era orixinario Benoit Tourlonias (s XVII). Giovanni Torlonia (? - 1829) fundou a banca Torlonia, adquiriu o ducado de Bracciano, o condado de Pisciarelli do príncipe Odescalchi (1803) e o principado de Civitella-Cessi do príncipe Palavicini (1813). Os seus dous fillos orixinaron dúas liñas: a liña ducal, formada por Marino Torlonia (? - 1860), primeiro duque papal de Pola e Guadagnolo (1847); e a liña principesca, comezada por Alessandro Torlonia (? - 1886), segundo príncipe de Civitella-Cessi.
-
-
Alteración violenta da atmosfera con descarga eléctrica, vento, precipitacións ou neve, que provoca grandes ondas no mar.
-
Perturbación violenta do estado de ánimo dunha persoa ou dunha situación ou estado determinados.
-
-
-
Pena corporal que se inflixe a unha persoa como castigo para forzar unha confesión ou unha declaración.
-
-
Sufrimento físico ou moral de grande intensidade.
-
Persoa ou cousa que causa un gran sufrimento físico ou moral.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á tormenta.
-
Que implica unha situación conflitiva ou violenta.
-
-
-
RIOS
Río da Península Ibérica de 284 km de lonxitude que é o principal afluente, pola esquerda, do Duero. Nace na serra de Gredos ao pé da cume de Plaza del Moro Almanzor e corre en dirección S-O, onde describe unha ampla curva. Pasa por Salamanca e desemboca no Duero, na fronteira con Portugal. No curso alto sitúase o encoro de Santa Teresa e no baixo o de Villarino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Motociclista. Foi campión do mundo de 50 cc, con Bultaco, en 1978 e 1981. Sufriu un grave accidente en 1984 que o afastou da competición.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
tornadoiro.
-
2 morteiro.
-
Quenda para facer uso da auga dun rego.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cobra que remataba un poema formada dunha ou máis estrofas de maior extensión e que adoitaba repetir, todo ou en parte, o esquema métrico e a rima dos últimos versos da estrofa precedente, a miúdo a última parte desta. A súa función corrente era dedicar o poema ao seu destinatario, masculino ou feminino. O poeta sintetizaba alí as intencións e as razóns que resumían o poema e que o moveran a escribilo.