"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi discípulo de Eugène Carrière en París e traballou a pintura mural en Roma. Colaborou con Gaudí no palacio Güell (1889-1890) e na Pedrera (1909-1910). A súa pintura é dun expresionismo tenebroso e persoal. Deseñou mobles e foi director e propietario da revista Hispania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e físico. En 1820 marchou a Rusia, onde foi profesor de matemáticas na Escola de Vías e Comunicacións de San Petersburgo. En 1830 volveu a Francia, onde se dedicou á construción de diversas redes de ferrocarrís, locomotoras e pontes metálicas. Deu forma alxébrica ao principio de Carnot e foi un dos pioneiros da termodinámica. En 1858 ingresou na Académie des Sciences.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diagrama termodinámico que ten o volume por abscisa e a presión por ordenada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Teorema, chamado tamén dos tres momentos, aplicado ao cálculo das trabes continuas; segundo este, os momentos de tres puntos de soporte consecutivos Mi-1, Mi, Mi+1 están relacionados pola expresión

    FORMULA

    onde li, li+1 son as distancias entre os puntos de soporte; Si, Si+1, as áreas do diagrama de momentos; e di-1, di+1, as distancias respectivas dos centros de gravidade destas áreas aos puntos de soporte extremos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador escocés. Saíu de Trípoli (1822) con Oudney e Denham para explorar África central; en 1823 chegaron ao Chad, onde non estivera nunca ningún europeo e, pouco tempo despois, ao reino de Bornu, onde se estableceron durante un ano; ao proseguir co propósito de explorar o Níxer, faleceu Oudney, e Clapperton continuou ata Kano e Sokoto; esgotado, volveu a Bornu e despois a Inglaterra xunto con Denham. En 1826 emprendeu unha nova expedición e regresou a Sokoto, onde morreu de disentería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e guitarrista. Influído por B. B. King, en 1966 fundou o grupo Cream. Posteriormente formou diversos grupos e conseguiu éxitos destacables. Entre a súa discografía destaca Eric Clapton and the Yardbirds (1964), 461 Ocean Boulevard (1974) e Unplugged (Premio Grammy, 1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar romano. Foi cónsul en dúas ocasións, 307 e 296 a C, e exerceu tamén os cargos de ditador, censor, tribuno militar e cuestor. Acometeu unha serie de reformas coas que se lles outorgaban dereitos políticos aos individuos que se enriqueceran co comercio e coa industria, aprobou a inclusión no censo dos bens mobiliarios como outro indicador da fortuna e creou unha plebe rústica a carón da plebe urbana. Permitiu tamén o acceso ao Senado de novos membros, algúns deles fillos de libertos. Ordenou a construción do primeiro acueduto de Roma e da Via Apia (312-310 a C), que favoreceu a conquista da Campania. Permitiu a publicación dos Fastos de Cneo Flavio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación que describe o cambio de fase dunha substancia: dp/dT=DH/TDV, onde p é a presión, T a temperatura na que se produce o cambio de fase, DH a variación de entalpía e DV a variación de volume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor flamengo. É autor dunha extensa obra relixiosa (misas, réquiems, magníficats, motetes) e de numerosas chansons. As súas cancións aparecen recollidas en varias compilacións da época, tanto en Francia coma en Alemaña ou Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento terapéutico fundamentado na crenza dos efectos curativos do clima de certos lugares. Co progreso da farmacoloxía perdeu moita importancia, pero aínda quedan dúas institucións que se basean neste tratamento: os balnearios e os sanatorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Clorofosfato de calcio, de fórmula Ca5Cl(PO4)3. Representa un termo extremo dentro da mestura isomorfa que xeralmente se engloba baixo o termo de apatita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do judet de Cluj, en Transilvania, Romanía, situada sobre o río Someş Mic (332.792 h [1997]). É un importante centro comercial e núcleo industrial (industria química e farmacéutica, maquinaria, coiro, madeira e industria téxtil).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Axuste entre dúas estruturas dun organismo para unha mesma función.

    2. Proceso evolutivo polo que varios xenes, que interactúan de modo favorable, se acumulan no acervo xenético dunha poboación.

    3. Adaptación evolutiva das especies que se relacionan entre si e que se traduce en cambios hereditarios favorables para ambas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adaptación dunha cousa a outra, especialmente dos ósos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adaptar ou axustar unha cousa a outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utilización terapéutica do cobalto radioactivo (isótopo 60), en forma de preparados moldeables para aplicacións superficiais ou de radiacións ionizantes que penetran no organismo. A fonte produtora destas radiacións denomínase bomba de cobalto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recompilación do dereito revolucionario francés, constituída como o primeiro código de dereito civil da historia. Foi elaborado entre 1800 e 1804, e baseouse no relatorio redactado polos avogados Félix Bigot, Jean Portalis e Francois Tronchet, polo Consello de Estado e polos corpos colexisladores do consulado bonapartista. Pouco modificado pola Restauración, foi a norma reguladora da vida xurídica francesa contemporánea e influíu tamén no dereito civil doutros estados europeos e americanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Profesor no City College de Nova York. Defendeu o naturalismo racionalista, que presupón que as relacións matemáticas e lóxicas forman a substancia intelixible das cousas, en obras como Reason and Nature (Razón e Natureza, 1931) e An Introdution to Logic and Scientific Method (Unha introdución á lóxica e ao método científico, 1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Producir un colapso a alguén ou a algo. Ex: A insuficiencia circulatoria aguda colapsoulle o corazón. A manifestación dos traballadores colapsou a rúa principal.

    2. Diminuír intensamente algunha actividade. Ex: O mal tempo colapsou a visita de turistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Retracción anormal das paredes dun órgano baleiro, como o corazón, os vasos sanguíneos ou os pulmóns, co conseguinte efecto nas súas funcións.

      2. Perda do ton das paredes dos vasos sanguíneos pequenos (arteriolas e vénulas) no curso dunha insuficiencia circulatoria aguda, que se manifesta con hipotensión, diminución do fluxo de sangue circulante e con trastornos cerebrais e da consciencia ocasionados por anoxia cerebral. Representa un estadio inicial de choque.

      3. colapso pulmonar

        Retracción total ou parcial do pulmón.

      1. Paralización transitoria dunha actividade calquera. Ex: O comercio exterior do país sufriu un colapso e reducíronse as vendas. A cidade sufre un colapso circulatorio que fai imposible moverse en coche.

      2. Destrución dalgunha cousa, como un sistema ou organización. Ex: O golpe de estado produciu o colapso do sistema anterior.

    1. Contracción da materia dun obxecto celeste, e o correspondente aumento da súa densidade, que se produce cando a atracción gravitacional de toda a masa cara ao centro supera todas as outras forzas presentes. Un colapso deste tipo pódese producir nunha nube de materia interestelar, co que constitúe a primeira etapa da xénese dunha estrela; neste caso, o colapso realízase dunha maneira relativamente lenta e detense cando a presión cara a fóra aumenta, a medida que o gas interestelar se quenta ao comprimirse e iguala a forza da gravitación cara ao centro da nube. Outro colapso moito máis brusco é o que se produce durante a explosión dunha supernova; xa que logo, as rexións centrais dunha estrela afúndense en poucas horas e dan lugar a un corpo superdenso, unha estrela de neutróns na que a forza da gravidade se ve compensada por unha presión de orixe mecánico-cuántica. Finalmente, cando a masa que se condensa é tan grande que non hai ningunha forza que poida superar a atracción cara ao centro,...

    VER O DETALLE DO TERMO