Claudio Apio
Claudio Apio
Político e militar romano. Foi cónsul en dúas ocasións, 307 e 296 a C, e exerceu tamén os cargos de ditador, censor, tribuno militar e cuestor. Acometeu unha serie de reformas coas que se lles outorgaban dereitos políticos aos individuos que se enriqueceran co comercio e coa industria, aprobou a inclusión no censo dos bens mobiliarios como outro indicador da fortuna e creou unha plebe rústica a carón da plebe urbana. Permitiu tamén o acceso ao Senado de novos membros, algúns deles fillos de libertos. Ordenou a construción do primeiro acueduto de Roma e da Via Apia (312-310 a C), que favoreceu a conquista da Campania. Permitiu a publicación dos Fastos de Cneo Flavio.
Cronoloxía
-
Nacemento