"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe galega que se estendeu por toda a Península. Trae como armas, en campo de ouro, tres barras de azul. Outra variante trae, en campo de ouro, a palma dunha man. Pode aparecer grafado coa forma castelanizada Pareja.
-
-
Que garda semellanza con outra persoa ou cousa.
-
Que está ao mesmo nivel ou que apenas presenta variacións con respecto a outra persoa ou cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proverbio ou sentenza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa especialista en paremioloxía.
-
-
Estudo dos proverbios, sobre todo como expresión da alma e dos costumes populares.
-
Conxunto de proverbios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á paremioloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exhortación ou advertencia que se fai a alguén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á parénese.
-
-
-
Tecido vexetal que está constituído por células vivas, poliédricas e máis ou menos isodiamétricas, de paredes celulares finas e non lignificadas, pouco especializadas, pero que normalmente perderon a facultade de reproducirse. É o tecido máis abundante nos órganos vexetais, e por iso se considera fundamental. As súas principais funcións son asimiladoras (parénquima asimilador ou clorénquima) e almacenadoras de materiais de reserva (parénquimas de reserva) como amidón, proteínas, aceites, azucres e mesmo auga (parénquima acuífero). Tamén hai un parénquima aerífero que presenta grandes espazos intercelulares e facilita a osixenación.
-
parénquima en estacada
Parte superior do mesofilo da folla, constituída por células parenquimáticas longas e finas, xuntas e con moitos cloroplastos.
-
parénquima esponxoso/lacunoso
Parte inferior do mesofilo da folla formada por células parenquimáticas separadas por grandes espazos intercelulares.
-
-
Tecido esencial ou nobre dun órgano.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao parénquima.
-
-
Relativo ou pertencente ao parénquima.
-
Que está constituído por parénquima.
-
Que se parece ao parénquima.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Larva dalgunhas esponxas constituída por unha folla externa flaxelada e unha masa parenquimática interna.
-
PERSOEIRO
Arquitecto, urbanista e teórico francés. Fixo prácticas no taller de Le Corbusier (1954). Asociouse con André Bloc, con quen fixo a Maison de l’Iran en París (1961-1968), e con Paul Virilio proxectou a igrexa de Sainte Bernardette du Baulay en Nevers (1964-1966). Foi un dos fundadores do grupo Architecture Principe, e o autor do programa-manifesto Vivre obliquement (1970), unha proposta de revolución pacífica urbana.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos pais ou aos parentes.
-
Que se refire a un ou a ambos os dous proxenitores.
-
-
-
-
Aplícase á persoa que é da mesma familia ca outra (ascendente, descendente ou colateral), por relación de consanguinidade ou de afinidade. Na tradición oral recóllense ditos como: “O parente, como Deus cho dese; o amigo, como ti o escolleses. Máis vale un bo amigo que dez parentes, eles lonxe e el presente. Máis vale un amigo bo que parente e medio. Non hai mellor parente ca o bo amigo. Avarento rico non coñece parente nin amigo. Antes (Primeiro) son os meus dentes ca os meus parentes. Entre parentes non metas os dentes. Quen probreza ten, dos seus parentes fai desdén. Cando o vilán enriquece, non ten amigos nin parentes”.
-
parente consanguíneo
Parente que descende dun mesmo tronco.
-
parente en liña colateral
Cada unha das persoas que provén dun tronco común, sen que unha descenda da outra. Por exemplo, irmán e irmá.
-
parente en liña recta
Cada unha das persoas que están unidas polo vínculo de ascendencia ou descendencia. Por exemplo, avó e neto.
-
-
Que presenta semellanza ou afinidade con respecto a outra cousa.
-
Aplícase a un dos cónxuxes con respecto ao outro. OBS: Nesta acepción adoita empregarse como feminino a forma parenta, e é moi raro que se utilice referido a marido.
-
-
-
Apelido galego que ten a súa orixe no concello Monterrei.
-
Liñaxe galega que trae como armas escudo partido: primeira partición, en campo de azul, un castelo de pedra, de tres torres, e asomada a unha ventá, unha doncela cunha espada na man destra, e un can en actitude de acometer, diante da porta; segunda partición, en campo de ouro, unha nave ao natural enriba dun piñeiro con froitos e terrazados, acompañado de tres flores de lis de goles, unha en xefe e unha en cadanseu flanco.
-
-
PERSOEIRO
Farmacéutico e escritor. Relacionado co galeguismo, participou en diversas xuntanzas e mitins políticos. Vinculado á escola vangardista, principalmente á estética ultraísta de Amado Carballo, na súa obra inclinouse cara ao telúrico. Publicou Con prisma azul (1933), libro de poemas en galego e castelán prologado por Ramón Otero Pedrayo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de parentes dunha persoa.
-
-
Que non ten lugar a través do intestino.
-
Nutrición que se realiza por vía parenteral, necesaria en doentes que non poden inxerir alimentos por vía oral.
-
ía de entrada de medicamentos ou de alimentación diferente da vía dixestiva, como por exemplo, a vía intramuscular ou a intravenosa.
-
-
-
-
ínculo existente entre parentes, por consanguinidade, afinidade ou adopción. Normalmente só se refire ao parentesco por consanguinidade. A proximidade do parentesco mídese polo número de xeracións; cada xeración forma un grao, e unha serie de graos forma a liña, que é directa cando está formada por persoas que descenden unhas doutras, e colateral cando unicamente teñen un tronco común. O parentesco é fundamental na sucesión lexítima ou intestada. O parente máis próximo exclúe da herdanza o máis afastado e os parentes do mesmo grao herdan por partes iguais.
-
parentesco espiritual
Ligazón que contraen polo bautismo os padriños e o afillado, e entre este e o ministro do sacramento, e pola confirmación, entre os padriños e o confirmado.
-
parentesco político/por afinidade
Parentesco que hai entre cada esposo e os consanguíneos do outro.
-
parentesco uterino
Parentesco que liga os fillos dunha mesma muller, aínda que sexan de pais diferentes.
-
-
-
Relación entre cousas que presentan unha orixe común ou características semellantes.
-
parentesco lingüístico
Relación entre dúas ou máis linguas procedentes dun tronco común. Este parentesco, denominado histórico ou xenético, baséase na evolución diverxente dunha primitiva lingua matriz, evolución vertebrada nunhas leis fonéticas, nunhas regras morfosintácticas, etc, propias de cada rama. Axuda a coñecer este tronco orixinario a documentación antiga e o método comparativo, iniciado por Franz Bopp e Rasmus Kristian Rask; isto permitiu a reconstrución hipotética de formas primitivas e aplicouse especialmente ás linguas indoeuropeas: así, do sánscrito gaus, latín bos, letón guovs, etc, reconstruíuse o indoeuropeo gwows ‘vaca’. O parentesco tipolóxico (ou, máis propiamente, afinidade) dáse entre linguas que, sen vínculos xenéticos, tenden ao longo do tempo, á aproximación e á converxencia.
-
-
Conxunto de relacións humanas que se define pola posición relativa que ocupa un individuo nun grupo humano segundo o matrimonio, a descendencia ou calquera das ligazóns derivadas destes vínculos. O parentesco outórgalle ao individuo a adscrición ao grupo e, mediante a relación que establece cos seus membros, determina os seus dereitos e as súas obrigas. A pesar de que o parentesco depende de dous fenómenos biolóxicos como son a copulación e a reprodución, as relacións de parentesco non se limitan a lexitimar estas funcións biolóxicas, senón que son asignadas aos individuos en virtude do estatuto social que resulta, moitas veces á marxe de se cumpren ou reflicten estas funcións biolóxicas ou non. Na nosa sociedade, o exemplo máis común desta non correspondencia entre a relación biolóxica e o parentesco é a adopción. Dentro do conxunto de individuos que, por consanguinidade ou alianza se relacionan entre eles, é posible seleccionar entre uns ou outros segundo diversos criterios. O resultado...
-