"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Xénero de fentos arborescentes, propio dos bosques tropicais do contorno do Pacífico, de ata 12 m de altura e con frondes que acadan os 4 m de lonxitude. A especie C. arborea, orixinaria do centro e sur do continente americano, cultívase como ornamental en parques e xardíns de países con climas cálidos e húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas mariñas da familia das cimodoceáceas. De rizoma longo e cor vermella, en cada nó posúen entre dúas e cinco follas estreitas de 2 a 10 cm de lonxitude e flores unisexuais, illadas e reducidas (as masculinas a 2 estames unidos e as femininas a 1 ou 2 carpelos libres); a polinización é hidrógama. No litoral mediterráneo está presente a especie C. nodosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos gasterópodos mariños da familia dos cipreidos ao que pertence o caurí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da orde das poliporais, de cogomelos semicirculares e planos, de ata 20 cm de diámetro, coa cutícula áspera e de cor crema cinsenta. O himenio aparece disposto en pequenos tubos alongados, a xeito de láminas rudimentarias, que ofrecen un aspecto labiríntico. A especie D. quercina vive sobre carballos aos que infecta; a carne ten unha consistencia coriácea, polo que non ten valor culinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Dahomey ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Dahomey.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea de representantes (en gaélico) da Tithe an Oireachtais ou Parlamento da República de Irlanda. Creada en 1919 en Dublín polos 23 deputados irlandeses disidentes do Parlamento británico, foi a única cámara lexislativa ata a reforma constitucional de 1922, que introduciu o bicameralismo. Consta de 166 membros elixidos para un mandato de cinco anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jean-François d’ Andrieu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Micólogo francés. Especializouse no estudo dos protistas e dos fungos microscópicos. Estudiou a reprodución sexual dos fungos. Descubriu o vacuoma das células vexetais. Escribiu, entre outras obras, Mémoire sur les Chytridinées (Memoria dos Citridinos, 1889), Recherches histologiques sur les champignons (Investigacións histolóxicas sobre os cogomelos, 1890) e Traité d’algologie (Tratado de algoloxía, 1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e xesuíta francés. Foi un dos impulsores da nova teoloxía, movemento de renovación teolóxica que propuña o retorno ás fontes do cristianismo. Xunto a Henri de Lubac fundou a colección Sources Chrétiennes (Fontes do cristianismo). As súas principais obras son Sacramentum futuri (Sacramento futuro, 1950) e Essai sur le mystére de l’historie (Ensaio sobre o misterio da historia, 1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía fundada na Coruña en 1983 por Carlos Clemente Martínez Gallego como Escola de Expresión Rítmica e Dramática. Algúns dos seus primeiros espectáculos foron A máis forte (1985), de Strindberg, e Sobre o tabaco (1985), de Čekhov. No ano 1989 representaron a súa primeira peza de monicreques, Peluquillas Mangariñas II, de Marcelino de Santiago, Kukas, e a partir dese momento realizaron tamén diversas adaptacións de contos, como A Casiña de Chocolate e O pequeno Frankenstein.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrutura típica dos filamentos dicarióticos do micelio da subdivisión ascomicotina e da basidiomicotina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á danxeardia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Catedrático de Xeometría Superior na Université de la Sorbonne. Publicou memorias sobre o estudo das superficies ortogonais, ecuacións diferenciais de segunda orde en derivadas parciais, aproximación de funcións, funcións descontinuas, etc. A súa obra Leçon sur la théorie générale des surfaces et les applications géométriques du calcul infinitésimal (Lección sobre a teoría xeral das superficies e as aplicacións xeométricas do cálculo infinitesimal, 1887-1896) constitúe unha síntese de traballos realizados nos campos da xeometría e do cálculo durante o s XIX. Desenvolveu tamén unha nova teoría sobre as superficies alxébricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hariclea Haricly.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ( Sidney 1901 - 1985) Escritora. As súas novelas reflicten o inicio da colonización de Australia. Publicou, entre outras obras, The Timeless Land (Rexión intemporal, 1941) e Storm of time (Tormenta do tempo, 1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante e político francés. Comandante en xefe da flota desde 1939, foi ministro da Mariña e vicepresidente do goberno de Vichy (1941-1942). Trasladouse a Alxer, onde foi comandante en xefe das forzas francesas libres do norte de África en novembro de 1942. Pouco tempo despois morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo inglés. Catedrático de Botánica da Oxford University desde 1953, fixo numerosas investigacións sobre citoloxía, xenética e evolución. Da súa obra destacan Evolution on Genetic Systems (Evolución sobre sistemas xenéticos, 1958), Genetics and Man (A xenética e o home, 1964), Cytology (Citoloxía, 1965) e The Little Universe of Man (O pequeno universo do home, 1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poemario publicado por Ana Romaní en 1994. Obra de carácter intimista e temática amorosa e existencial, tenta atopar unha linguaxe poética innovadora que reflicta unha nova mentalidade sobre a muller. De aí, a reelaboración de tópicos literarios con valores diferentes dos que sinala a tradición: as historias míticas de Penélope e Ulises, o río, a auga, o mar, o tecer, etc. Neste sentido, a simboloxía mariña que emprega, presente xa no seu primeiro libro Palabra de mar (1987), amosa significativas coincidencias coa de Cristina Peri Rossi nos poemas de Descripción de un naufragio (1975) e coa de Carme Riera en relatos como “Te deix, amor, la mar com a penyora” e “Jo pos per testimoni les gavines”. Na súa construción dun eu lírico feminino propio, entronca tamén coa poética de soidades, sombras, derrotas e desterros de Emily Dickinson e Edith Södergran, ás que se lles engade a figura de Rosalía de Castro e outras voces máis achegadas no tempo, como a de Xohana Torres en Tempo de ría. O percorrido...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director teatral. Discípulo de Jacques Copeau, participou activamente no movemento de descentralización teatral que tivo lugar en Francia ao rematar a Segunda Guerra Mundial. En 1947 fundou en Saint-Étienne o segundo Centre Dramatique National co apoio do concello e do Estado, compañía coa que desenvolveu un programa de promoción teatral e de creación de públicos a partir da posta en escena de textos clásicos europeos e franceses, da exploración doutras tradicións teatrais, como a xaponesa, e da busca de novos autores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista francés. Colaborou con Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon, nas descricións anatómicas de mamíferos da Histoire naturelle (Historia natural, 1749-1804) e interveu en diferentes intentos de aclimatación de animais domésticos exóticos en Francia. Foi o primeiro director e catedrático de Mineraloxía do Muséum National d’Histoire Naturelle.

    VER O DETALLE DO TERMO