Cyathea
Cyathea
[PLANTA]
Xénero de fentos arborescentes, propio dos bosques tropicais do contorno do Pacífico, de ata 12 m de altura e con frondes que acadan os 4 m de lonxitude. A especie C. arborea, orixinaria do centro e sur do continente americano, cultívase como ornamental en parques e xardíns de países con climas cálidos e húmidos.