Cyathus

Cyathus
[FUNGO]

Xénero de fungos da familia das nidulariáceas, formado por cogomelos con forma de cunca, de ata 15 mm de diámetro e de cor acastañada. No interior das súas copiñas teñen as esporas empaquetadas a xeito de pequenas lentellas; mentres maduran están protexidas por unha membrana, que logo cae, de maneira que quedan expostas ao impacto das pingas de chuvia que fan que saian disparadas para espallarse. O fungo desenvólvese sobre madeira e follas en descomposición. En Galicia están presentes as especies C. olla e C. striatus.

Palabras veciñas

Cyaniris | Cyanopica | Cyathea | Cyathus | Cybulski, Zbigniew | Cycas | Cyclamen