"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • Revista editada en Bilbao a partir do 1 de marzo de 1989 pola Casa de Galicia. Dirixida por José A. Fernández, trátase dunha publicación societaria dirixida á xuventude deste centro galego. Contén novas anecdóticas da entidade, seccións de ocio e pasatempos, xunto con algunha entrevista. Incluíu tamén abundantes fotografías e debuxos. Está relacionada coas publicacións O Noso Afán, Cultura, O Curruncho, O Currunchiño e Revista de la Casa de Galicia, editadas na mesma cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade editora fundada por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda en Bos Aires o 15 de xullo de 1957. No período 1961-1964 dirixiuna a poetisa Elsa Fernández. Dedicada á difusión de todas as publicacións galegas ou de interese galego por América, imprimiu diversos catálogos onde se informaba sobre a actividade bibliográfica en Galicia. Tivo diversas filiais en Rosario, Santa Fe, Mar del Plata, Santiago de Chile, Montevideo e Caracas. A partir de 1960 compatibilizou o labor divulgador co editorial e pasou a tirar do prelo algúns títulos en galego. Ademais, encargouse de organizar tres destacadas exposicións de libros galegos: a primeira no Centro Lucense de Bos Aires (xullo de 1958), a segunda na Casa de Galicia de Caracas (setembro 1959), e a terceira no Banco de Galicia de Montevideo (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín de tendencia marxista en galego editado en 1978. Subtitulouse “Voceiro da LCR-ETA (VI)” e ía asinado polo Comité de Galicia da LCR-ETA VI (IV Internacional). Trátase dunha publicación de modesta factura que posiblemente se editou na clandestinidade. Os seus contidos resúmense nun só artigo, de ampla extensión, que contén críticas de carácter político á ditadura, á monarquía e á burguesía e a todos os partidos de ámbito estatal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista cultural editada en Ourense a partir de maio de 1985. Cesou a súa edición no segundo semestre de 1987 (nº13). Subtitulada “Información, creación e humor”, estaba dirixida por Xosé Manuel del Caño e Manuel Díaz Olleros. Nun principio tivo unha periodicidade mensual que logo pasou a ser bimensual e semestral. Malia que a maior parte dos seus textos se redactaron en galego, incluíu tamén algunhas colaboracións en castelán e portugués. A revista estruturouse en tres grandes bloques: o primeiro incluíu información cultural e literaria, o segundo creacións orixinais, e o terceiro humor gráfico. Ademais, dedicou algúns números monográficos a Rosalía de Castro, Uxío Novoneyra, Castelao e Manuel María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘carta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘amañar paraugas’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘paraugueiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bráctea que recobre a espiga do millo.

    2. Póla nova pequena e delgada con follas que bota unha planta, especialmente a vide.

    3. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘paraugas’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘dormitorio’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de follas que ten unha árbore ou unha planta.

      1. Motivo decorativo que imita as formas vexetais.

      2. Adorno excesivo e complicado que pode resultar desagradable e grotesco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador provenzal e bispo de Toulouse (1205). Coñecido como Folquet, escribiu dezanove composicións. Na súa obra poética amosa unha gran formación latina e un certo coñecemento escolástico, expón os conceptos máis típicos da fin’amors en argumentacións lóxicas, con siloxismos e paradoxos. Dirixía as súas poesías a Afonso I de Catalunya-Aragón, a Guillerme VIII de Montpellier, Ricardo I Corazón de León ou Afonso VIII de Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Foi un dos fundadores e redactor da revista Photovision (1980), ademais de colaborador e crítico fotográfico en diversas revistas europeas. Traballou como profesor na facultade de Belas Artes da Universitat de Barcelona (1979-1986) e imparte estudios de comunicación audiovisual na Universitat Pompeu Fabra. Expuxo, entre outros, en The George Eastman House de Rochester (1985), no Museo de Arte Moderna de Nova York (1988), na III Fotobienal de Vigo (1988), no Art Institute de Chicago (1990). Publicou Estética Fotográfica: una selección de textos (1984), Fotografía: conceptos y procedimientos (1990), El beso de Judas. Fotografía y verdad (1997) e Ciencia y frición (1998). Foi distinguido como Chevalier de l’Ordre des Arts et des Lettres polo ministerio de ministerio de Cultura (1998). Foi distinguido como Chevalier de l´Ordre des Arts et des Lettres polo ministerio de Cultura en Francia (1994) e recibiu o Premio Nacional de Fotografía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santa Cruz de Parga (Guitiriz). Ten planta rectangular. Conserva a capela e as construcións adxectivas como os alpendres, e está amurallada

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boca do forno por onde se lle bota a leña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contenda que tivo lugar en Fornelos (Valga) no 968 e na que se enfrontaron as tropas de Sisnando, bispo de Iria, contra os invasores normandos. No trancurso da batalla os normandos deron morte ao bispo e derrotaron as súas tropas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que designa unha bota de viño.

    2. Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘bota de viño’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o regato Firveda, en Santa María a Real de Porqueira. Trátase dunha ponte do s XVIII de catro vans alintelados e tallamares triangulares. Pertenceu ao antigo camiño de Ponte Liñares a Xinzo de Limia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Guerrilleiro antifranquista. De nome Benigno Andrade García, militou na CNT, e ao comezar a Guerra Civil botouse ao monte, onde permaneceu dezaseis anos e adquiriu gran sona popular. Tras pertencer á IV Agrupación, colaborou na organización da V en Pontevedra, cara ao 1947 ao N da provincia. Desmantelada a organización guerrilleira, desprazouse a Betanzos, onde organizou un pequeno grupo. Foi apresado na Costa (Regueira, Oza dos Ríos) en marzo de 1952 e executado en xullo no cárcere da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre e sindicalista. Estudiou na Escola Normal de Santiago de Compostela e exerceu o seu maxisterio nas escolas de Val Miñor, Vilaza, Ponte Caldelas e Vigo (Coia), entre outras. Membro do PCE, foi secretario fundador de FETE-UGT. Fundou o xornal El Heraldo de Puente Caldelas e colaborou en xornais e revistas como Escuela Vivida, órgano de expresión da Casa do Mestre de Pontevedra, na que dirixía a sección dedicada á actividade societaria, ATEO de Ourense e El pueblo gallego. Coa Guerra Civil tivo que fuxir ao monte, pero foi encarcerado e fusilado no Castro (Vigo). Publicou Manual del turista. Guía de Vigo (1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Chieti, nos Abruzos, Italia, situada na costa do Mar Adriático, ao SL de Pescara (23.733 h [2001]). É un centro pesqueiro e turístico que conta cunha estación balnearia. Do seu patrimonio cultural destacan os restos do núcleo medieval e o convento dominicano, recontruído en 1948.

    VER O DETALLE DO TERMO