"rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

  • PRAIAS

    Praia do litoral atlántico situada entre a punta Pepiño e a praia de San Miró, na parroquia de Cambre (Malpica de Bergantiños).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral atlántico situada entre as de Queiruga e Xudemil, na parroquia de Queiruga (Porto do Son).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antón Rodríguez Reixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor teatral. Coñecido como Elmer Rice, as súas obras sitúanse na corrente expresionista que triunfaba nos escenarios estadounidenses da década de 1920. Da súa obra destacan Street Scene (1929, Premio Pulitzer) e We, the people (1933), sobre a depresión da década de 1930.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Reims (459-533). Foi apóstolo dos francos e bautizou e confirmou ao seu rei, Clodoveo I en 496, do que despois foi conselleiro. Organizou a misión cristiá no país franco. A súa festividade celébrase o 1 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Director de produción de Tele 5. Licenciado en Ciencias da Información, completou a súa formación con estudos de xestión de empresas radiofónicas, xornalismo electrónico e produción de video e televisión. Comezou en Radio Lugo (SER) para logo pasar á CRTVG, onde ocupou diversos cargos, e a RNE, onde foi delegado territorial en Galicia. Subdirector de produción en Tele 5 (1992), traballou sucesivamente en Sogecable e Antena 3 TV (2001) para logo voltar a Tele 5 (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu a primeira fase da Revolución Rusa, debido a que tivo lugar en febreiro, segundo o calendario xuliano vixente en Rusia naquela época, marzo segundo o calendario gregoriano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Titulado pola Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1928), traballou con Pedro Mariño Ortega, a quen sucedeu como arquitecto municipal da Coruña (1931-1950). Representante destacado do movemento racionalista en Galicia, as súas obras caracterizáronse pola pureza das formas, a sinxeleza decorativa e a economía no deseño. Despois da Guerra Civil Española, evolucionou cara ao historicismo influído pola arquitectura monumentalista alemá. Realizou a urbanización e ensanche de Ferrol (1929) e na Coruña o mercado de Santo Agostiño (1932-1936), xunto con Antón Tenreiro, onde introduciu a técnica do formigón e unha estrutura formal que lembra a das naves industriais, o Estadio Municipal de Riazor (1939-1944), de estilo monumentalista historicista, o Pazo Municipal dos Deportes de Riazor (1970) e diversos edificios de vivendas. No eido do urbanismo, reivindicaba a necesidade dunha planificación racional. Académico desde 1948 da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da marxe dereita da ría de Muros e Noia situada na parroquia do Freixo de Sabardes (Outes).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista, II marqués de Riestra, fillo de Xosé Riestra López. Militou no Partido Liberal, foi deputado a Cortes polo distrito da Estrada durante tres lexislaturas (1907-1916) e polo distrito de Redondela en tres ocasións (1916-1920). Foi subsecretario do Consello de Ministros en 1918.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pedrafita do Cebreiro baixo a advocación de santa María Madanela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (A Coruña 22.4.1933 - 15.01.2009) Escritor. Centrado especialmente na narrativa, aínda que tamén se achegou á produción dramática, na súa obra denuncia as condicións de inxustiza e alienación dos máis desfavorecidos desde un punto de vista solidario. No apartado teatral destacan as súas pezas Viladesfeita (1979), premiada no II Concurso de Teatro Galego do Ateneo de Ferrol; A vinga (1985), O pau (1985, Premio Keltike de Teatro), o monólogo O coronel ten a quen lle escribir (1989) e O prazo (1994, Premio Álvaro Cunqueiro). En narrativa publicou Pola ida e pola volta (1977), O pano (1982), As cereixas (1988), O patrón (1990) e Corpo canso (1993, Premio de Novela García Barros). Recibiu diversos premios no Certame Nacional Galego de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo e o Pedrón de Ouro. Morreu o precipitarse desde a fiestra do seu domicilio na Coruña o 15 de Xaneiro de 2009.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Miguel Torga, licenciouse en Medicina pola Universidade de Coimbra (1937). Nos seus inicios literarios vinculouse ao grupo formado arredor da revista Presença (1927-1940), que influíu nos seus primeiros libros de poemas, Ansiedade (1928) e Rampa (1930). O seu desacordo coa liña da revista afastouno do grupo e colaborou na fundación de Sinal e Manifesto. Caracterizado por un pensamento político de corte democrático e antiditatorial, converteuse nun símbolo de oposición ao salazarismo. Na súa obra conxuga a ameaza constante da morte coa crónica político-social da intrahistoria de Portugal e coa análise do papel do país na Europa contemporánea. Publicou os libros de poemas Tributo (1931), Abismo (1932), O outro Libro de Job (1936), Lamentação (1943), Libertação (1944), Odes (1946), Nihil Sibi (1948), Cântico do homem (1950), Alguns poemas ibéricos (1952), Penas do Purgatório (1954), Orfeu rebelde (1954), Câmara ardente (1962), Poemas ibéricos (1965) e Antologia poética...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Estudou farmacia e medicina en Santiago de Compostela, e cofundou El Ciclón e El Tricornio. Director de El Correo Gallego en Ferrol, colaborou en diversos medios xornalísticos. É autor do libro de poemas Muestras sin valor (1884), da recompilación de reportaxes Esbozos y siluetas de un viaje por Galicia (1890), do libro de poemas Escumas e brétemas galegas (1923), con influencias de Curros Enríquez, E. Pondal e os membros da Cova Céltica; e dunha autobiografía, titulada Evocaciones. Foi membro da Real Academia Galega (1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Coñecida como Trini Barreiro, realizou bodegóns, paisaxes e motivos florais nos que explorou todas as posibilidades do impresionismo. As súas obras destacan polas cores brillantes que se reflicten nos xogos de luz das mariñas e bodegóns e nas sombras e luces das paisaxes. Ten obra en diversas coleccións privadas e públicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Dotado dunha coidada formación musical, en 1900 fundou a Banda Popular de Música de Baiona e en 1905 o orfeón Os Baioneses. Durante esa etapa coñeceu a Rafael Dieste e Castelao en Santiago de Compostela. Fundador dos semanarios El Valle Miñor, agrarista, e Pueblo de Bayona, anticaciquil, en 1911 estreou en Vigo a zarzuela A Virxen da Roca. En 1916 estableceuse en Montevideo, onde fundou e dirixiu os semanarios Tierra Gallega e Galicia Nueva, e promoveu a creación da Casa de Galicia (1917), de carácter mutualista, e o orfeón Pascual Veiga. Alí realizou un labor cultural moi diversificado como poeta, director de orquestra e autor teatral, coa estrea do drama Gente de mar (1917), o sainete La Romería de San Roque de Vigo (1918) e a comedia de costumes Pan quente (1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Universidad Autónoma de Madrid, foi maxistrado (1989-1998) e presidente (1995-1998) do Tribunal Constitucional, conselleiro do Tribunal de Cuentas, e desde 2000, defensor do cliente do Grupo Winterthur en España. Escribiu El presupuesto del estado: introdución al derecho presupuestario (1970), Introdución al estudo del derecho financiero: un ensayo sobre los fundamentos teóricos del derecho financiero (1976) e El Sistema tributario en la constitución: los límites del poder tributario en la jurisprudencia del Tribunal Constitucional (1992). Recibiu a Cruz de la Real y Muy Distinguida Orden de Carlos III (1998) e a da Orden del Mérito Constitucional (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico, escritor e produtor audiovisual. Coñecido como Antón Reixa, licenciouse en Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, onde entrou en contacto coas vangardas artísticas do momento. En 1975 fundou, xunto con Alberto Avendaño, Manuel Romón e Camilo Valdehorras, o Grupo de Comunicación Poética Rompente, co que publicou as obras Silabario da turbina (1978), As ladillas do travesti (1979) e A dama que fala (1983). A comezos da década de 1980 iniciou un achegamento a distintas formacións musicais como Siniestro Total e fundou, en 1982, o grupo de rock Os Resentidos, do que foi vocalista. Durante estes anos colaborou con outros intérpretes e formacións musicais, como Henrique X. Macías, Bibiano, Xosé Manuel Piñeiro, Na Lúa e La Fura dels Baus. En 1995 comezou un novo proxecto musical coa creación do grupo Nación Reixa, que tivo unha proxección nacional, e colaborou con grupos como Negu Gorriak. Director e presentador de programas en Radio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Demógrafo e xeógrafo. Creou unha tipoloxía de modelos migratorios que permite estimar migracións cando as fontes estatísticas son irregulares ou deficientes. Desde 1986 traballou no Institut of Behavioral Sciences da University of Colorado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador de orixe descoñecida. Puido pertencer á liñaxe dos Freire, señores de Andrade, que xa en 1220 tiña membros pertencentes á Orde de Santiago. Segundo a Tavola Colocciana e no Cancioneiro da Biblioteca Nacional atribúenselle dúas cantigas de amor. Activo entre o primeiro e segundo cuarto do s XIII, nas súas composicións “Oimais non sei eu, mia senhor” e “Pois eu d’atal ventura, mia senhor” trata o motivo da ‘coita’ que o trobador sofre pola falta de interese da amada, á vez que pensa na morte como solución á súa desesperación.

    VER O DETALLE DO TERMO