Rodríguez Barreiro, Xosé María
Escritor e xornalista. Dotado dunha coidada formación musical, en 1900 fundou a Banda Popular de Música de Baiona e en 1905 o orfeón Os Baioneses. Durante esa etapa coñeceu a Rafael Dieste e Castelao en Santiago de Compostela. Fundador dos semanarios El Valle Miñor, agrarista, e Pueblo de Bayona, anticaciquil, en 1911 estreou en Vigo a zarzuela A Virxen da Roca. En 1916 estableceuse en Montevideo, onde fundou e dirixiu os semanarios Tierra Gallega e Galicia Nueva, e promoveu a creación da Casa de Galicia (1917), de carácter mutualista, e o orfeón Pascual Veiga. Alí realizou un labor cultural moi diversificado como poeta, director de orquestra e autor teatral, coa estrea do drama Gente de mar (1917), o sainete La Romería de San Roque de Vigo (1918) e a comedia de costumes Pan quente (1919).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Baiona -
Deceso