"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Escritor. A súa obra insírese no realismo social e alterna o testemuño documental coa ficción narrativa. Da súa produción destaca Caminando por las Hurdes (1960), Tierra de olivos (1964), El gran gozo (1979), Con las manos vacías (1980) e Cuentos (1983)

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ácido ferricianhídrico.

    2. Ácido que deriva formalmente do anión hexacianoferrato(III), de fórmula [Fe(CN) 6 ] 3- .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dos sales que derivan do anión hexacianoferrato(III), de fórmula [Fe(CN)6]3-. Os ferricianuros obtéñense tratando un sal de ferro(III) cun exceso de cianuro alcalino, segundo a reacción Fe2(SO4)3+12KCN "Times New → 3K2SO4+2K3Fe(CN)6. Tratando un ferricianuro soluble con Fe2+ obtense o ferricianuro ferroso, ou azul de Turnbull.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado na Pobra do Brollón que pode identificarse co de San Salvador de Ferreiros ou Ferreira. Documéntase nun preito pola súa propiedade datado en 1001.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formouse con Fernando de Casas, a quen substituíu como mestre de obras da catedral en 1749. Traballou co seu mestre na capela de Nosa Señora dos Ollos Grandes na catedral de Lugo (1727), onde tamén fixo a capela de San Roque (1730), que reedificou en 1734. En Lugo realizou a casa dos Sangro (1730) e a casa do concello (1735), na que destaca a fachada cun corpo de soportais ao xeito das loxas e con dúas torres nas esquinas. A primeira obra que trazou en Santiago de Compostela foi o colexio de Exercitantes (sede do Instituto de Ciencias de Educación). Nos anos seguintes encargouse da ponte Ulla en Vedra (1741) e reedificou o arco de ingreso á capela do colexio de Fonseca (1744). En San Paio de Antealtares traballou na galería situada sobre a Porta dos Carros (1749). Na catedral compostelá traballou na reconstrución da á occidental do claustro tralo incendio de 1751 e en 1757 deu as trazas á fachada da Acibechería que comezou a construírse en 1759 coa colaboración de Clemente Fernández...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filósofo, teólogo e cóengo. Ingresou en 1924 no Seminario Conciliar de Santiago de Compostela e acadou dous anos máis tarde unha bolsa para estudar na Universidad Pontificia de Comillas, onde se doutorou en Filosofía e se licenciou en Teoloxía. En 1941 ordenouse presbítero en Comillas e converteuse en profesor do Seminario Conciliar de Santiago. Durante o curso 1958-1959 foi bolseiro en Roma, onde se integrou no grupo de investigadores Monserrat. Os seus estudios centráronse nas relacións entre a fe, a teoloxía e a filosofía. Da súas obras destacan “El virtual revelado” (1956), “La figura de Amor Ruibal” (1956), “La analogía y la relatividad en el ser natural y sobrenatural” (1960), “La Iglesia y la evolución de la cultura” (1967) e “Fórmulas dogmáticas e sistemas filosóficos” (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. De tendencia liberal, foi detido pola Inquisición e encarcerado en 1816, cando estudiaba leis na Universidade de Santiago de Compostela. Trasladouse a Madrid e foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas lexislaturas 1836-1837, 1837-1838, 1839-1840 e 1841-1842, nas que participou no proxecto da lei de imprenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e político. Foi un dos principais impulsores do modernismo en Portugal, labor que realizou como editor da revista Orpheu (1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ácido ferrocianhídrico.

    2. Ácido que deriva formalmente do anión hexacianoferrato (II) [Fe(CN) 6 ] 4- .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Nome xenérico dos sales que derivan do anión hexacianoferrato(II), de fórmula [Fe(CN)6]4-. Obtéñense tratando un sal de ferro(II) cun exceso de cianuro alcalino, segundo a reacción:

    FORMULA

    FeCl2+6KCN "Times New → 2KCl+K4Fe(CN)6
    Tratando un ferrocianuro soluble con Fe3+ obtense o ferrocianuro férrico ou azul de Prusia. A análise estrutural con raios X estableceu que o ión ferrocianuro se compón dun átomo de ferro envolto de 6 grupos CN- dispostos nos vértices dun octaedro regular, do que o átomo de Fe ocupa o centro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Guntín e construída no s XVII. Ten planta de nave única e ábsida rectangular, á que se engadiron posteriormente dúas capelas formando unha cruz. No interior destaca a capela dereita, construída en 1613, cuberta cunha bóveda de casetóns e na que se atopan, baixo un arcosolio, os restos de Álvaro de Taboada. No seu exterior destaca a espadana dun só van.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Guntín. Da primitiva construción románica só conserva a porta principal de dúas arquivoltas e flanqueada por dúas columnas acobadeladas con bases toscanas e capiteis de entrelazos; o tímpano non ten decoración. Ten nave rectangular e capela maior cuadrangular; á súa esquerda engadíuselle unha sancristía. No interior destaca o retablo maior neoclásico e, no exterior, o reloxo da torre procedente da catedral de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Ferrol a partir de setembro de 1990 polo Club de Prensa da cidade departamental. Dirixiuna Germán Castro Tomé (1990-1999) e Julia Díaz Sixto (2000). Patrocinada polo Concello de Ferrol e por diversas empresas, o seu obxectivo principal é servir como medio de reflexión e debate sobre os avances da ciencia e tecnoloxía, a cultura e o saber, cunha atención especial á propia cidade. Deste xeito, incluíu análises históricas referidas a Ferrol e a súa importancia na historiografía galega contemporánea, a realidade lingüística da comarca ferrolá, os problemas de contaminación das rías, a crise industrial, o comercio, o urbanismo, a sanidade, etc. Na súa elaboración colaboran destacados xornalistas e intelectuais galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Inicialmente dedicouse á fotografía de nenos xunto con J. Castuera, influenciado pola obra de Pla Janini. En 1952 estableceuse en Ferrol como retratista e logo trasladouse á Coruña. Durante eses anos formou parte do equipo de rodaxe de Rafael Gil. En 1955 realizou unha reportaxe sobre a emigración e en 1958 marchou a Alemaña para estudar fotografía en cor no Hamburger Photo Schule. Ao ano seguinte foi correspondente de TVE en Galicia e algunhas das súas imaxes expuxéronse na I Fotobienal celebrada en Vigo (1984). Expuxo a súa obra no Centro de Arte Reina Sofía, no Círculo de Bellas Artes de Madrid e no Palacio Tokio de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ferrol. Construíuse no 1757 en terreo que ocupara o convento franciscano construído por Fernán Pérez de Andrade o Bo (s XIV). Ten planta rectangular inscrita nunha cruz latina e divídese en tres naves separadas por piares con pilastras acaroadas de orde toscana. A cúpula do cruceiro ten tambor circular con óculos. Sobre as naves laterais sitúase unha tribuna aberta por arcos carpaneis e na entrada un coro alto. A cúpula é de tambor circular con óculos. No interior destaca o retablo de Xosé Ferreiro. A fachada divídese en tres rúas por medio de pilastras toscanas pareadas, apoiadas en grandes bases. Na rúa central ábrese a porta arquitrabada e con frontón triangular e, sobre ela, un óculo. Remata cun entaboamento e cunha cornixa sen decoración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no barrio da Magdalena en Ferrol. Dende 1959 ten o rango de concatedral. Substituíu a antiga igrexa situada en Ferrol Vello e construíuse segundo os planos de Julián Sánchez Bort. Ten planta de nave única, separada por pilastras xónicas das capelas laterais, cubertas con bóvedas de canón e bóvedas esvaídas, que lle conceden o aspecto de cruciforme; sobre o cruceiro eríxese unha cúpula nervada apoiada en catro piares. A fachada está dividida en dous corpos: o inferior consta de dúas ás laterais e un corpo central con tres arcadas de medio punto que dan acceso ao pórtico; na central destacan dúas columnas xónicas que sosteñen un entaboamento sobre o que se sitúa un frontón curvo; no segundo corpo destaca un ovo pétreo flanqueado por dúas ventás sobre o que se sitúa un frontón triangular. As torres están recuadas respecto á fachada. Na parte superior ábrense catro vans de arco de medio punto que acollen as campás; o remate é cupulado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Ferrol ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Ferrol o 10 de febreiro de 1846. Cesou a súa edición o 31 de marzo do mesmo ano. Impresa nos obradoiros tipográficos de Nicasio Taxonera, levaba por subtítulo “Periódico de Literatura”. Ao seu cargo estaban Leandro Saralegui e Xoán A. Lacaci. Como publicación literaria foi a continuadora de El Águila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe de ferro e manganeso, cun 75 a 92% de Mn, que se emprega na fabricación de aceiros especiais para a construción, de aceiro inoxidable e para recubrimento de electrodos, e tamén como desoxidante e desulfurante. Obtense no alto forno ou en forno eléctrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao circuíto resoante no que un dos elementos é unha reactancia saturable con núcleo de ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO