Ferroi, Santiago de

Ferroi, Santiago de

Igrexa parroquial situada en Guntín. Da primitiva construción románica só conserva a porta principal de dúas arquivoltas e flanqueada por dúas columnas acobadeladas con bases toscanas e capiteis de entrelazos; o tímpano non ten decoración. Ten nave rectangular e capela maior cuadrangular; á súa esquerda engadíuselle unha sancristía. No interior destaca o retablo maior neoclásico e, no exterior, o reloxo da torre procedente da catedral de Lugo.