"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • REXIÓNS

    Rexión do SO de Libia, no deserto do Sáhara, que limita ao O con Alxeria e ao S con Níxer e o Chad. A poboación, na súa maior parte árabe, vive da agricultura de subsistencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘roupa’.

    2. Termo da verba dos cesteiros de Mondariz e dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘camisa’.

    3. Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén no verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘tea’.

    4. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘sabas’.

    5. Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘pucha’.

    6. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ás voces ‘gorra’ e ‘pucha’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Madagascar (150.023 km2; 2.671.150 h [1993]). A súa capital é Fianarantsoa (99.005 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fiada nocturna moi concorrida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político nacionalista e republicano irlandés, fundado por Eamon De Valera en 1926, cos obxectivos de erradicar a influencia británica e reunificar Irlanda. Gobernou en Irlanda case ininterrumpidamente desde 1932 e, co tempo, evolucionou cara a posicións conservadoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de fío que está pegado a unha tea ou que se desprende dela.

    2. Fibra dunha tea que se desfai.

    3. Corrente pouco abundante dun líquido.

      1. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘traxe’.

      2. Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘pano’.

      3. fiaño dos xambros

        Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘calcetín’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, unha torre de goles, superada dun F de sable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, tres piares de sable, ben ordenados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de fiar ou fiarse.

      1. Garantía que se dá para asegurar o cumprimento dunha obriga.

      2. Obriga subsidiaria contraída para asegurar o cumprimento dunha obriga principal, pola que un terceiro, diferente do debedor, se compromete a cumprila, en caso de que este non o fixese.

      3. fianza carceraria

        Fianza que se dá para asegurar que alguén, xa liberado, se presentará sempre que llo demanden.

      4. fianza de estar en dereito

        Fianza que daba un terceiro respondendo de que o demandante se presentase perante o xuíz sempre que este llo demandase.

      5. fianza do rostro

        Fianza que responde do reo en todo o que se refire ás obrigas reais e persoais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico alemán. Foi profesor de anatomía patolóxica na Universidade de Copenhaguen. En 1926 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía polas súas investigacións sobre o cancro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Profesor das universidades de Bonn (1840) e de Tübingen (1842), defendeu a idea da existencia de Deus no home e por riba do home. Das súas obras destacan Beiträge zur Characteristik der neueren Philosophie (Contribución ás características da filosofía moderna, 1829), Grundzüge zum System der Philosophie (Tres fundamentos para o sistema da filosofía, 1833-1846) e System der Ethic (1850-1853).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo idealista alemán. Formado en Pforta, Jena e Leipzig, converteuse en 1793 en profesor de filosofía na Universidade de Jena, posto que tivo que abandonar en 1799 ao ser acusado de ateísmo por afirmar que consideraba a Deus como a orde moral do mundo. Trasladouse a Berlín, onde pronunciou unha serie de conferencias que buscaban a concienciación xermana fronte aos anhelos imperiais de Napoleón e que lle valeron ser nomeado profesor e reitor da nova Universidade de Berlín (1811-1812). Considerou a filosofía como unha ciencia que debe desenvolverse dun xeito sistemático a partir dunha simple proposición autoevidente. Malia ter aceptado o criticismo kantiano, buscou superar os límites impostos por este, polo que mantivo as súas distancias ao respecto da imposibilidade de coñecer o que I. Kant chamaba o noúmeno ou cousa en si. Ao mesmo tempo, matizou as afirmacións de I. Kant no referente á radical división entre a razón pura e a razón práctica. Como o resto dos filósofos idealistas influíu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ficobilina de cor azul que absorbe o máximo de luz entre os 625 e os 630 nm. Este pigmento é o responsable da coloración azul das bacterias que o conteñen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pigmento carotenoide amarelo que acompaña a clorofila nunha gran variedade de algas, fundamentalmente ás algas pardas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Militante do PSOE desde 1991, foi elixido deputado por Ourense no Congreso na sétima lexislatura (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesora. Doutorouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela coa tese Gautier, Berceo, Alfonso X. Estruturas narrativas en la literatura románica medieval de carácter mariano (1992). Desde 1990 imparte clases de literatura e lingüística románicas nesta mesma Universidade. Escribiu As cantigas de santa María (2002), ademais de numerosos estudios, relacionados especialmente coa lírica trobadoresca tanto na súa vertente relixiosa coma profana; entre eles, o capítulo “A cantiga de amor” para Proxecto Galicia. Literatura. Idade Media (2000), e artigos como “La estrutura narrativa de las Cantigas marianas de Alfonso X”, “Aproximación a distintos tipos de análisis” (1990), “La metáfora en las designaciones de la lluvia” (1991), “Esquemas narrativos en las Cantigas de Santa María”, “Denominacións románicas de escaravello”, “Hacia unha tipología del milagro literario”, “Las personificaciones castellanas de las Cantigas de Santa María. Nuevas hipótesis”...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Antropólogo social. Licenciouse en Filosofía e Letras e Teoloxía e diplomouse en Psicoloxía Clínica e Pedagóxica. Profesor titular de antropoloxía social da Universidade de Vigo, dirixiu o Centro Asociado da UNED en Ourense, extensión Valdeorras (1996-2000). Entre outras obras publicou Antropoloxía dunha parroquia rural (1988), O afiador (1992), La gran pulpada gallega (1999) e Os saberes tradicionais dos galegos (2001). Recibiu os premios de investigación Otero Pedrayo (1984) e o XI Xesús Taboada Chivite (1998). Membro da comisión de antropoloxía do Consello da Cultura Galega, foi fundador e director do Laboratorio Ourensano de Antropoloxía Social (LOAS).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo franciscano, coñecido como san Bonaventura. Profesor de teoloxía na Sorbonne de París (1248-1255). Superior dos franciscanos (1256), presidiu varios capítulos xerais da súa orde, e foi nomeado cardeal e bispo de Albano (1273). Presidiu o II Concilio de Lyon (1274), no que se tentou a unión de gregos e latinos. Foi declarado doutor da Igrexa en 1587. A súa festa celébrase o 15 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO