"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1328-1350), fillo do conde Carlos de Valois e de Margarida de Nápoles, e neto de Filipe III de Francia. Nomeado rexente á morte de Carlos IV o Fermoso (1328), foi proclamado rei pola corte e os baróns e con el iniciouse a dinastía Valois, liña secundaria dos Capetos. Durante o seu reinado comezou a Guerra dos Cen Anos, na que foi derrotado en Esclusa (1340) e Crécy (1346), perdeu Calais (1347) e adquiriu o Delfinado (1343) e Montpellier (1349). No eido económico devaluou a moeda e introduciu un novo imposto sobre o sal co fin de facer fronte aos elevados custos da guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Apóstolo do cristianismo. Predicou en Asia Menor. Evanxelizou a rexión de Frixia, onde disque liberou os habitantes dunha víbora á que adoraban. Crese que morreu crucificado e por iso se venera como un mártir. Na iconografía viste túnica e palio, e leva como atributo persoal, unha cruz latina pequena (ás veces unha espada ou lanza na man). A súa festividade celébrase o 3 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mártir. Foi un dos sete diáconos da primeira comunidade cristiá e ocupouse da evanxelización de Samaria e da costa de Palestina. Estableceuse en Cesarea de Palestina, onde acolleu a Paulo ao redor do 58 d C. A súa festividade celébrase o 6 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformación anormal de pezas florais en órganos semellantes a follas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir romana. Despois do descubrimento duns restos incorruptos nunha catacumba en Roma (1802), construíuse unha lenda ao seu redor e identificouse cunha víctima da persecución de Diocleciano. Na iconografía viste túnica e manto, e leva como atributos persoais, unha áncora, unha frecha ou espada. A súa festividade celébrase o 11 de agosto, e o 10 de agosto en Tameiga (Mos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo helenístico. Dirixiu unha delegación enviada a Roma polos xudeus de Alexandría durante o goberno de Calígula. Os seus escritos son un intento de conciliación entre a relixión xudía e a cultura grega por medio da arte da alegoría. Influenciado polo estoicismo, o platonismo, o aristotelismo e o neopitagorismo, consideraba que o logos intervén como mediador entre o carácter absoluto de Deus e a creación, e que a divina sabedoría se articula na natureza e na intelixencia humana. Clasifícanse as súas obras en exposicións catequéticas, comentarios alegóricos á Xenese, exposicións sobre a relixión mosaica e escritos diversos. Entre os seus traballos de esexese, destacan Comentario alegórico á Xenese; entre as obras de apoloxía do xudaísmo, Moisés e A humanidade; e, entre os tratados filosóficos, Sobre a escravitude do insensato e Sobre a liberdade do sabio. Malia a súa defensa da fe bíblica, non foi aceptado polo xudaísmo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos depósitos ou ás rochas que se localizan en filóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que filosofa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico de tendencia absolutista aparecido na Coruña entre 1813 e 1814. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos do Exacto Correo de España en La Coruña. Trátase dunha publicación con forma de libro, crítica co movemento liberal achegado ás Cortes de Cádiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que filtra ou serve para filtrar.

    2. Aplícase ao conxunto ordenado no que todo subconxunto de dous elementos é maiorante (filtrante á dereita) ou minorante (filtrante á esquerda).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Vigo o 21 de decembro de 1988. Subtitulouse “Semanario de actualidad”. Tratábase dunha guía de televisión con información sobre sucesos, sociedade, cociña, moda, concursos e un horóscopo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado á beira do río Nacimiento (2.644 h [1996]). A súa economía baséase principalmente na agricultura (cereais), na gandería e no sector alimentario. De orixe romana, durante a ocupación musulmá foi un importante centro de produción de panos de seda. Do seu patrimonio cultural destacan a alcazaba (ss X-XV) e a mesquita ou ermida de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade que ten por obxecto avanzar os recursos financeiros a outras empresas para o financiamento de novos investimentos, a cambio duns xuros determinados.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ás finanzas.

      2. economía financeira

        Análise das necesidades e dos recursos financeiros dun sistema económico así como das medidas pertinentes para a súa adecuación.

      3. sistema financeiro

        Conxunto de institucións a través das que se canalizan as dispoñibilidades de fondos cara ao crédito e ao investimento distinto do autofinanciamento. Nos países capitalistas, as operacións destas institucións inflúen directamente sobre o nivel de actividade das súas economías, e o banco central ten a misión de regular e de coordinar as súas operacións.

    1. Que financia.

    2. Persoa que se dedica a operacións financeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario inglés fundado en 1888 en Londres, especializado en información política, económica e financeira. Ademais de analizar as principais economías mundiais e os negocios das grandes compañías, inclúe información sobre os mercados bursátiles máis importantes do mundo, cunha especial atención a Wall Street (Nova York) e Londres. Nos seus diferentes apartados, “Themes & Topics”, “News & Comment” e “Comment & Respond” engade reportaxes e comentarios sobre política internacional, lexislación e empresas, deporte, cultura e comentarios dos propios lectores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de financiar. Segundo a súa procedencia, clasifícase en interno, cando se recorre a fontes provenientes da actividade habitual ou da unidade económica (autofinanciamento), ou achéganas individuos pertencentes a esta unidade; e externo, se se recorre a algunha das institucións do sistema financeiro, circunstancia que representa un endebedamento.

    2. Financiamento no que se renunciou ao dereito de cobro preferente fronte a outros acredores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proporcionar os fondos necesarios para a constitución, desenvolvemento e xestión dun proxecto ou dunha actividade económica.

    2. Achegar os cartos necesarios para comprar algo a crédito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de bens e recursos económicos necesarios para desenvolver calquera actividade.

    2. Bens económicos dunha persoa ou sociedade.

    3. Conxunto de procedementos empregados polo Estado para recoller uns ingresos con vistas a efectuar gastos de ámbito estatal, local ou de axencias do goberno. A súa finalidade é a de prover a comunidade duns servicios, implantar unha determinada política social, controlar determinados sectores económicos, ou actuar sobre toda a economía conxuntamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista alemán. Entre 1900 e 1902 estudiou as linguas da rexión de Caucasia e, desde 1909, ensinou lingüística xeral na Universidade de Berlín. Foi un seguidor das teses de Wilhelm von Humboldt e traballou nun sistema de clasificación das linguas que comprendía oito tipos. Foi o primeiro que publicou unha gramática e un dicionario do dialecto occidental de Irlanda. Ademais editou textos en armenio e grego e a Zeitschrift für arnebische Philologie (1901-1904). Cómpre destacar as súas obras Der deutsche Sprachbau als Ausdruck deutscher Weltanschauung. Acht Vorträge (1899), Lehrbuch des Dialekts der deutschen Zigeuner (1903), Die Stellung des Armenisch-Zigeunerischen im Kreise der verwandten Mundarten (1905) e Die Haupttypen des Sprachbaus (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor italiano. Colaborou con G. L. Bernini en Roma. Instalado en Nápoles, cultivou o retrato e a escultura relixiosa. Da súa produción destaca o retrato de Girolamo Manili.

    VER O DETALLE DO TERMO