Fiñana

Fiñana

Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado á beira do río Nacimiento (2.644 h [1996]). A súa economía baséase principalmente na agricultura (cereais), na gandería e no sector alimentario. De orixe romana, durante a ocupación musulmá foi un importante centro de produción de panos de seda. Do seu patrimonio cultural destacan a alcazaba (ss X-XV) e a mesquita ou ermida de Santiago.