"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Que presenta forma alongada con estreitamentos amodo de cintura, como o froito do cacahuete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do voivodato de Bydgoszcz, Polonia (204.322 h [2000]). Porto fluvial no Vístula, ten industrias químicas, téxtiles, de maquinaria e alimentarias. Fundada en 1231 pola orde Teutónica, pertenceu á Liga Hanseática (1280) e foi un mercado importante durante a Idade Media. Estivo sometida a Polonia (1454), Prusia (1793) e ao Gran Ducado de Varsovia (1807). De novo prusiana (1815), pasou definitivamente a Polonia polo Tratado de Versailles (1919). Destacan as súas igrexas góticas de Santa María e de San Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Área máis elevada ou saínte da superficie dun órgano ou dunha estrutura anatómica.

      2. torus supraorbitario

        Prominencia robusta de óso que está situada por enriba das órbitas oculares.

    1. Engrosamento en forma de disco que nos poros areolados está situado no centro da membrana oclusiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que dá medo ou provoca inquietude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político británico, foi fundado no s XVIII polo grupo tory. Representou os intereses dos grandes terratenentes, defendeu as prerrogativas reais sobre o poder parlamentario e os privilexios da Igrexa Anglicana. Ocupou o poder desde 1710 a 1714. A instauración da dinastía dos Hannover conlevou á perda da súa influencia, foi acusado polos whigs de defender os Stuart, e permaneceu apartado do poder durante o resto do s XVIII. A reacción que se produciu en Gran Bretaña contra a Revolución Francesa significou o renacemento do partido, que reformou o seu conservadorismo. En 1807 accedeu ao poder e impulsou unha política de oposición radical a toda influencia revolucionaria (R. Stewart), na mesma dirección que a Restauración europea. Un sector do partido en que destacaron G. Canning e R. Peel, evolucionou cara a posicións máis reformistas e, en 1832, fundou o Conservative Party.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Membro da fracción aristocrática do Parliament inglés, formada no s XVII, que defendía a supremacía das prerrogativas monárquicas sobre o poder lexislativo. Opostos á exclusión do trono inglés do duque de York (futuro Xaime II de Inglaterra), recibiron este nome dos seus adversarios, os whigs, que apoiaban a exclusión do futuro monarca. O crecemento deste grupo desembocou na creación do Tory Party.

      1. Relativo ou pertencente ao Tory Party ou aos seus partidarios.

      2. Partidario ou seguidor do Tory Party.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gravador, tipógrafo e escritor francés. Especializouse en filosofía e literatura. Foi corrector de Henri Il Estienne, impresor real (1530) e reformou os caracteres tipográficos. Escribiu Le Champfleury (1529).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Correspondente en Madrid de Solidaridad Obrera (1931-1932), en Barcelona uniuse ao grupo anarquista Nervio. Dirixiu Solidaridad Obrera (1936-1938) e foi redactor de La Razón (1949) en Bos Aires. Publicou Reportajes. La libertad de expresión en el periodismo contemporáneo (1935), La independencia de España (1938) e a autobiografía No éramos tan malos (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cordón de seda, algodón ou lá, feito ao torcer dous ou máis fíos, formados cada un deles por dous ou máis cabos retortos mediante torsión contraria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dor forte no ventre que é orixinada por certos trantornos intestinais.

    2. Acción de encoller o corpo por causa desa dor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luís López Tosar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ópera de G. Pucini, en tres actos, con libreto de L. Illica e G. Giacosa, sobre o drama homónimo de V. Sardou, que se estreou en Roma en 1900. Obra destacada do verismo e moi popular, presenta o drama da cantante Floria Tosca, namorada do pintor Mario Cavaradossi, quen está encarcerado no castelo Sant’Angelo, en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Italia peninsular, que se estende desde a vertente occidental dos Apeninos ata as costas do mar de Liguria e o Tirreno (22.997 km2; 3.460.835 h [2001]). A súa capital é Florencia. Formada pola alternancia de relevos montañosos, outeiros, concas internas e pequenas chairas, pódese distinguir o sector dos Apeninos toscano-emilianos, o sector subapenino, con relevos máis suaves e moderados, e dúas concas interiores, das que a máis importante é a de Florencia, regada polo Arno, río principal de Toscana. A costa está formada por amplas praias. Na conca de Florencia e na chaira litoral do Arno están as principais cidades: Livorno, Pisa e Florencia. Os cultivos máis importantes son os de cereais (millo, trigo e cebada), vide, oliveiras, hortalizas, patacas e remolacha. Dentro da actividade industrial destaca a produción de mercurio, o sector da metalurxia e a industria téxtil, da pel, a alimentaria e de artes gráficas. Os primeiros poboadores coñecidos desta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo, matemático, astrónomo e astrólogo italiano. Gozou dunha fama extraordinaria entre os seus contemporáneos. Case todas as súas obras sobre astronomía e matemáticas están perdidas. Dedicouse sobre todo á xeografía e á cosmografía, e renovou as ideas do seu tempo, como afirmar que a travesía do Atlántico era o camiño máis directo cara a Oriente. Confeccionou tamén un mapa do mundo coñecido no seu tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Toscana, aos seus habitantes e ás súas variedades lingüísticas.

    2. Natural ou habitante de Toscana.

    3. ariedade lingüística italorrománica que na súa modalidade florentina se converteu na base da lingua literaria italiana. Os seus trazos lingüísticos máis relevantes son: a formación do plural con i para o masculino e e para o feminino, en lugar de con -s; ningunha palabra remata en consoante e adaptan as estranxeiras (cognac > cognache); a presenza das consoantes longas xeminadas que se opoñen fonoloxicamente (FATUM > fato ‘fado’/ FACTUM > fatto ‘feito’); simplificación do grupo RJ latino: RJ > j (AREA > aia); o paso de LV > rb e RV > rb (NERVU > nerbo) e a aspiración das oclusivas intervocálicas C, P e T (K > kh, P > ph e T> th).

    4. Orde romana que se constituíu como unha simplificación da orde dórica. A base é ática, pero simplificada, e o fuste é liso e con éntase pronunciada. O capitel está formado por molduras e a columna ten en total sete diámetros de alto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Grupo de illas do Mediterráneo, situadas entre Córsega e a costa de Toscana, Italia (300 km2). Comprende as illas de Elba, a principal, Gorgona, Capraia, Pianosa, Giglio, Montecristo e Giannutri.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mecanismo fisiolóxico que se caracteriza pola expulsión repentina, ruidosa e máis ou menos violenta, de aire dos pulmóns. Débese á estimulación voluntaria ou reflexa do centro nervioso tusíxeno, que está situado no solo do cuarto ventrículo. A partir das zonas tusíxenas os estímulos chegan ao centro da tose e a través das vías eferentes activan os músculos respiratorios e larínxeos, provocando unha inspiración profunda, seguida da contracción repentina dos músculos espiratorios, coa expulsión do aire a gran velocidade, que arrastra as secrecións e os corpos estraños que existen nas vías respiratorias.

    2. Tose que está asociada a un aneurisma e que vai acompañada frecuentemente da parálise dunha corda vocal.

    3. Tose que ten lugar por unha compresión das vías respiratorias e que se asemella ao ladrido dun can.

    4. Tose que se caracteriza por provocar vómitos.

    5. Enfermidade aguda infectivo-contaxiosa das vías respiratorias altas, causada polo bacilo Haemophylus pertussis, que se caracteriza pola aparición de tose típica convulsiva. O axente chega á traquea e aos bronquios por vía aérea, iniciando o liberamento de endotoxinas que son as responsables do cadro clínico. É unha enfermidade de predominio invernal que afecta a nenos de 2 a 5 anos principalmente e que se transmite por contaxio directo. Esta maniféstase inicialmente por un período catarral inespecífico, con febre e tose irritativa, comezando de modo progresivo a infección do sistema nervioso, dos pulmóns, dos capilares e da medula ósea. As principais complicacións da enfermidade son de tipo respiratorio e nervioso.

    6. Tose que non vai acompañada de expectoración.

    7. Tose que se debe á irrigación das fibras do trixémino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recompilación xurídica e doutrinal que constituíu un suplemento de Mišnà. Atribuído aos rabinos Hiyya e Ušaya (s III), a súa redacción definitiva foi contemporánea á do Talmud (500).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baltar baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tokyo Shibaura Electric Company.

    VER O DETALLE DO TERMO