"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • PERSOEIRO

    Estadista francés, ministro de Luís XIV. Mazzarino recomendouno ao rei e, en oito anos (1661-1669), acumulou nas súas mans a administración central de Francia: foi nomeado intendente de Facenda (1661), controlador xeral (1665), ministro da Mariña (1668), secretario da Casa do Rei e ministro de Estado (1669). Iniciador dunha verdadeira política económica en Francia, favoreceu a reconstrución do comercio e da industria segundo os principios do mercantilismo, con tarifas proteccionistas e control gobernativo da industria e do comercio. Gracias á súa iniciativa, creáronse varias compañías comerciais monopolistas que lle deron un novo pulo á creación de bases coloniais francesas. Foi un mecenas das artes e das letras, e participou na creación das grandes institucións culturais da Francia moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín Informativo que saíu en decembro de 1976 en Vigo. Editouse co gallo da celebración do I Congreso Nacional deste sector, polo que todos os artigos estaban relacionados co acto. Colaboraron nela, entre outros, Carlos García Castro, Miguel Font, Antonio Velloso e Mario Gaviria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago da provincia de Chubut, Patagonia oriental, Arxentina, situado ao L do lago Musters. Asolaga unha superficie de 800 km2 e o seu emisario é o río Chico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi autor de grandes murais, tipicamente modernistas, con ninfas, lagos e néboas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formouse na Escuela de Arquitectura de Madrid, onde se licenciou en 1924. Foi profesor de xeometría, debuxo arquitectónico, estereotomía e construción na Escola de Artes e Oficios de Vigo (1927-1967), e arquitecto municipal de Santiago de Compostela (1930-1931) e de Lavadores. Traballou en Vigo ata que se xubilou en 1974. Durante a súa estadía en Santiago de Compostela proxectou o Hotel Compostela (1930). Influenciado polas ideas arquitectónicas de Gómez Román e Palacios, a súa arquitectura anterior á Guerra Civil caracterízase por unha concepción rexionalista sen a proliferación ornamental que existía noutros arquitectos contemporáneos. Construíu vivendas particulares para a burguesía viguesa da época, edificios para institucións docentes, como o colexio Cluny (1929) e o Fogar e a Clínica San Rafael (1935). Trala guerra a súa actividade incrementouse e realizou un gran número de proxectos, tanto de carácter privado como público. Estilisticamente evolucionou cara a un eclecticismo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Confederación Católica Nacional de Padres de Familia y Padres de Alumnos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que editou o Instituto de Ciencias Humanas y Sociales en Santiago de Compostela en 1990. Subtitulada “Revista de los padres” e de tendencia conservadora, informaba sobre o sistema de educación e trataba temas relacionados coa xornada escolar, a universidade privada, a psicopedagoxía e a formación profesional. O consello de redacción estaba integrado por Agustín Dosil Maceira, Manuel Deaño Deaño, Luís Ríos Tallón, Eva Mª Vázquez e José Rojo Salgado. Sacou os números extraordinarios “Todo sobre la LOGSE” (1990) e “La orientación educativa” (1991). Analizaba os problemas da docencia dende o punto de vista da relixión e incluía temas de actualidade como o uso do preservativo ou a SIDA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Publicacións que conteñen unha serie de prescricións canónicas, litúrxicas e morais de orixe apostólica. Comprenden oito libros. Elaboradas, probablemente en Siria a finais do s IV, consérvanse no texto orixinal grego.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de contrachapar.

    2. Taboleiro destinado á carpintería e á construción de mobles, formado por un número impar de chapas superpostas e encoladas de xeito que as súas fibras queden entrecruzadas. Emprégase para plafóns e fondos de pipotes, caixóns e outros envases.

    3. Operación de contrachapar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encolar a presión, debidamente contrapeadas e sempre en número impar, as diversas chapas de madeira necesarias para obter un taboleiro dun grosor determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pao que se divide en dúas metades, unha de metal e outra de cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parede que se constrúe apoiada noutra para reforzala ou para que non permita que pase a humidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ás figuras iguais colocadas unhas sobre outras pero en posición invertida.

    2. Acto ou obxecto que compensa traballos ou accións anteriores, xeralmente negativas.

      1. Asento que se fai nunha conta para emendar un erro.

      2. FRAS: En contrapartida loc adv En compensación.

        Relación recíproca entre un cargo e o seu aboamento correspondente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acto ou obxecto que compensa traballos ou accións anteriores, xeralmente negativas.

      1. Asento que se fai nunha conta para emendar un erro.

      2. Relación recíproca entre un cargo e o seu aboamento correspondente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás figuras iguais colocadas unhas sobre outras pero en posición invertida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Paso de danza dado en dirección oposta ao que se deu con anterioridade.

    2. Baile propio de Galicia, que constitúe unha das diversas variacións da muiñeira. Báilase facendo unha roda, e nela os homes xiran en sentido contrario facendo unha espiral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de contrapear.

    2. Aplícase á figura na que a cabeza e o remate coinciden, respectivamente, co remate e a cabeza doutra xeralmente igual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colocar unha peza de madeira sobre outra de forma que se crucen as súas fibras.

    2. Colocar cousas de xeito alterno unhas enriba doutras.

    VER O DETALLE DO TERMO