"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

      1. Elemento accesorio que se insire no corpo dun enunciado e que proporciona algún dato, aclaración, precisión ou información sintética de maneira xustaposta, co que pode non gardar estrita relación gramatical.

      2. Signo de puntuación ( ) en que se encerra ese elemento accesorio.

      3. paréntese cadrada

        corchete.

    1. Cada un dos signos ortográficos que se empregan para indicar que as operacións alxébricas escritas entre ambos os dous signos teñen prioridade respecto das outras operacións que poida haber fóra ou ben para indicar cales son as variables dunha función.

    2. Suspensión ou interrupción temporal de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á paréntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas anuais, da familia das escrofulariáceas, hemiparasitas con follas opostas e dentadas, flores de cor amarela agrupadas en acios espiciformes e froito en cápsula. En Galicia está presente a especie P. viscosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parálise lixeira ou incompleta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anomalía da recepción das sensacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á parestesia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Traballou na corte para o infante Luís, para Carlos III e para Carlos IV. O seu estilo partiu dun estilo rococó en que frecuentemente introduce referencias do barroco tardío, neoclásicas e prerrománticas. Cultivou tamén a ilustración. Da súa obra destaca La comida de Carlos III, Baile de máscaras (1767) e La jura del príncipe Fernando (1791). Decorou a capela de San Juan Bautista na igrexa de Santa María la Blanca de Viana (1786-1787).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Coñecida como Graziella Pareto, debutou en Barcelona en 1906 no papel de Micaela de Carmen de Bizet, e como profesional no Teatro Real de Madrid (1908) con La sonnambula de Bellini. Retirouse en 1931, despois de actuar en Madrid, Bos Aires, San Petersburgo, Kiev, Estocolmo, Roma e Milán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Engràcia Pareto i Homs.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e sociólogo. Utilizou o método matemático e destacou no campo da economía do benestar. É moi coñecida a súa lei sobre distribución estatística das rendas. Nas súas análises desenvolveu unha teoría sobre a elite da sociedade polo que foi relacionado co fascismo. A súa obra económica concrétase en dous libros Cours d’économie politique (1896-1897) e Manuale di economia politica (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado en Vallès oriental (14.983 h [2001]). A súa base económica é a industria, en que destacan o sector téxtil, químico, de transformacións metálicas, de construción, de alimentación, e de artes gráficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político italiano precedente do Partito Democrazia Cristiana. Foi fundado en 1919 por Luigi Sturzo e baseábase na doutrina social da Igrexa, a descentralización rexional, a reforma agraria e outras reformas políticas. Nas eleccións de 1919 e en 1921 obtivo un cento de escanos parlamentarios e tamén conseguiu un notable éxito nas municipais de 1920. Os asasinatos do líder socialista Giacomo Matteotti e Minzoni e a desaparición das liberdades constitucionais conduciron ao partido a retirarse do Parlamento. A partir de entón os seus dirixentes foron perseguidos e o derradeiro secretario xeral, Alcide de Gasperi, refuxiouse na Cidade do Vaticano ata a caída do fascismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ponte pequena e estreita que se constrúe ou coloca provisional ou definitivamente para salvar un obstáculo.

    2. Plataforma elevada, longa e estreita pola que desfilan os modelos que exhiben creacións de moda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Oroso baixo a advocación de san Román.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Cofundou a editorial Einaudi e coas súas traducións introduciu a obra de moitos novelistas estadounidenses en Italia, malia o control literario do fascismo, tal e como se reflicte no seu ensaio La letteratura americana e altri saggi (1951). Neorrealista, escribiu en todos os xéneros e a súa obra caracterizouse pola nostalxia da súa infancia e a tristeza, mesturadas con elementos clásicos e símbolos de complicada localización. Da súa produción destacan o libro de poemas Lavorara stanca (1936), en que realizou unha reflexión estética e persoal; a novela Paesi tuoi (1941), coa que foi coñecido inicialmente; o diario Il mestiere de vivere (1935), publicado postumamente en 1952 e onde expresa a súa introversión e a melancolía que o dirixiron cara ao suicidio; os contos de Feria d’agosto (1946) e as novelas La spiaggia (1942), La bela estate (1949) e La luna e i falò (1950), esta última considerada como...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gaiola grande para criar paxaros.

    2. paxariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao paxaro.

    2. Persoa que se dedica á cría, caza ou venda de paxaros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. paxariña.

    2. bolboreta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Boborás baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto arquitectónico situado en Boborás. Está formado pola igrexa de San Salvador e os pazos de Casa de Arriba, Casa e Granxa do Mato, Cervela, O Currelo, Feixó, Laxas e Tizón. A igrexa, que pertenceu á orde de Malta, é románica cunha soa nave e ábsida semicircular, cuberta con bóveda de medio canón no tramo recto e bóveda de cuarto de esfera no curvo. Foi declarado BIC en 1973.

    VER O DETALLE DO TERMO