"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • (Varsovia 1896 - 1980) Matemático polaco. Obtivo importantes resultados na teoría xeral dos conxuntos e en topoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República Sudafricana (92.100 km2; 8.857.615 h [estim 2000]). A súa capital é Pietermaritzburg (156.473 h [1991]). Entre 1973 e 1993 a rexión de KwaZulu, habitada maioritariamente por zulús, acadou o status de bantustán autónomo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. É autora da crónica familiar dos Whiteoak, en sete volumes, que comezou co libro Jalna (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea, perenne, que presenta talos deitados de ata 100 cm de lonxitude. As follas son pinnadas e de ata 6 cm de lonxitude, de 3 a 6 pares de folíolos e dispostas de forma oposta ás umbelas, que están formadas por pequenas flores de cor branca de 1 mm de diámetro. O froito é ovoide, pode acadar ata 3 mm de lonxitude e ten 5 costelas. É común en regatos e lameiros de toda Galicia.

    2. lampaza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe que dá unha persoa a outra na cara coa man aberta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Abandonou os estudios de arquitectura e ingresou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1945-1950). Durante a súa etapa universitaria recibiu o Primeiro Premio na II Exposición de Arte Universitario, foi bolseiro de paisaxe en El Paular (Segovia) e un dos fundadores da revista Alférez e realizou a súa primeira exposición en 1947. En 1953 deseñou, por encargo de M. Fisac, as vidreiras para a capela do colexio de Formación Misioneira dos Dominicos de Valladolid, as pinturas murais para o pavillón da Coruña na Feria del Campo de Madrid e os frescos da delegación provincial de sindicatos da Coruña. Despois de traballar un tempo como axente comercial, en 1954 instalouse en Madrid e dedicouse exclusivamente á arte. Durante a década de 1950 realizou pintura figurativa de tema relixioso que combinou coas primeiras pinturas abstractas e espaciais, ámbito en que derivou cara á abstracción xeométrica. Colaborou, entre outras publicacións, en Atlántida....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou a quen non lle gusta traballar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer o lacazán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista occitano. Foi o fundador das estacións de bioloxía mariña de Rosco, en 1873, e de Banyuls de la Marenda, en 1882, o actual Laboratorio Aragón, que dirixiu ata 1901.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ladislau I de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. En 1944 gañou a primeira edición Premio Nadal de Novela con Nada, unha obra de ton realista e cotián, reflexo do ambiente de posguerra, que se sitúa en Barcelona e que protagoniza unha adolescente, víctima dunha familia na que a violencia é algo cotiá. Publicou tamén La isla y los demonios (1952), La llamada (1954), La mujer nueva (1955, Premio Nacional de Literatura 1956), La insolación (1963), Paralelo 35 (1967) e La niña y otros relatos (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santo Eusebio da Peroxa (Coles). A súa planta é irregular, produto dos diversos engadidos á obra orixinaria. De dúas alturas, na planta baixa hai dous arcos, un deles cego e outro que serve de acceso e sobre eles mantéñense dous escudos. A fachada sitúase unida a un corpo un pouco máis alto cuberto a catro augas. Conserva dúas solainas descubertas. Relaciónase cos Nóvoa, Puga, Vilamartín, Toubes, Temes, Rajoy, Deza, Cadórniga, Bóveda e Salgado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Castro (Mesía). De planta rectangular, empregouse a cachotería de granito. A fachada foi remodelada en estilo barroco e nela destacan a regularidade das ventás da planta superior, o reloxo de sol e a cheminea rematada con pináculos. A capela disponse en perpendicular á fachada principal. Relaciónase con Verea e Aguiar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Laia (Palas de Rei). De planta rectangular, ten cuberta a catro augas. Conserva unha capela de planta rectangular e espadana barroca pegada no lateral dereito e comunicada polo interior co pazo. Na fachada N conserva un escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pianista. Estudiou piano no conservatorio da Coruña e no de Madrid, onde obtivo o Premio ao Virtuosismo. Foi pianista titular da Orquestra da Ópera de Wiesbaden e presidenta da Sociedad Filharmónica Ferrolana e do Ateneo Ferrolano. É presidenta da Delegación do Patronato Rosalía de Castro de Ferrol e directora do Conservatorio Superior de Música. Ofreceu numerosos recitais en Alemaña, Francia e Suíza e gravou o primeiro disco de música galega de concerto, para piano, con obras de Andrés Gaos e Roxelio Groba. Recibiu o Premio Diana á muller do ano (1973) e a Insignia de Oro de la Ciudad de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Froxais (Viana do Bolo). O seu cumio acada os 1.160 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo SO da parroquia de Bembibre (Viana do Bolo). O seu cumio acada os 985 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar ou terreo que se atopa nas cabeceiras das rías e que está cuberto por materiais que teñen a súa orixe na descomposición das rochas continentais que foron arrastradas polas correntes fluviais e polo vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. En 1973 participou na mostra de pintura ao aire libre da praza da Princesa en Vigo e ao ano seguinte presentou a súa primeira exposición individual. En 1980 integrouse en Atlántica. Foi bolseiro da Deputación de Pontevedra e do concello de Lalín (1976-1978) e do ministerio de Cultura (1980-1981). A súa obra evolucionou dunha figuración expresionista, con personaxes nacidos da tradición galega, a un informalismo que se caracteriza polos grandes espacios negros e pola estrutura xeométrica no que se interesou pola superficie e a textura pictórica e nas que desapareceu toda referencia á figuración para acadar o protagonismo a materia. Desde os seus inicios utilizou como soporte distintos materiais como o cartón, as táboas, as caixas de madeira ou materiais de refugallo. Destacan, entre outras, as series Letanías (1988-1991), Gracias vagabundas (1992-1993), Eidos de Rosalía (1996-1997) e Milonga (2001). Participou en diversas convocatorias de ARCO...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no Hospital (Quiroga). Ten planta en forma de U, cun patio central e outro lateral, onde se atopan dependencias anexas. Conserva unha capela que acolle o panteón familiar.

    VER O DETALLE DO TERMO