"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Aranga baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sufrir unha substancia o fenómeno de ebulición. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ola que moito ferve, sazón perde. O fillo por nacer e as sopas xa están a ferver.”

    2. Estar un líquido axitado de forma semellante á auga cando está en ebulición, a causa dunha fermentación, dunha axitación mecánica ou dunha reacción química na que se producen burbullas de gas.

    3. Estar nun estado de excitación moi grande.

    4. Sentir moita calor.

    5. Aplicar calor a un líquido ata que chegue á ebulición.

    6. Cociñar algo en auga fervendo ou noutro líquido.

    7. Meter algo nun líquido que está en ebulición para limpalo ou esterilizalo.

    8. Que é moi apaixonado nos seus sentimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sufrir unha substancia o fenómeno de ebulición. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ola que moito ferve, sazón perde. O fillo por nacer e as sopas xa están a ferver.”

    2. Estar un líquido axitado de forma semellante á auga cando está en ebulición, a causa dunha fermentación, dunha axitación mecánica ou dunha reacción química na que se producen burbullas de gas.

    3. Estar nun estado de excitación moi grande.

    4. Sentir moita calor.

    5. Aplicar calor a un líquido ata que chegue á ebulición.

    6. Cociñar algo en auga fervendo ou noutro líquido.

    7. Meter algo nun líquido que está en ebulición para limpalo ou esterilizalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está moi quente.

    2. Que é moi apaixonado nos seus sentimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sensación de calor e calafríos que produce a febre.

    2. Sensación de calor acompañada de proído que producen algunhas feridas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de ferver.

    2. Entusiamo ou interese excesivo que se pon ao facer algo.

    3. Sentimento de amor ou afección moi forte cara a algo ou alguén, especialmente no referido á relixión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten ou manifesta fervor.

    2. Que implica ou denota fervor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de ferver.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político costarriqueño. Fundou o Partido Social-Democrático. En 1948 encabezou a revolución que defendía a Otilio Ulate e foi presidente da primeira xunta da Segunda República (1948-1949). Acadou a presidencia como candidato do Partido Liberal Nacional (1952-1958) e do Partido de Liberación Nacional (1970-1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político salvadoreño. Foi ministro interino trala caída do presidente Zaldívar (1885) e ocupou a presidencia efectiva de 1907 a 1911.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador, político, escritor e profesor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1927), en Filosofía e Letras pola Universidad de Zaragoza (1927) e doutor en Historia pola Universidad de Madrid (1936), foi profesor de ensino secundario nos institutos de Pontevedra, Balmes de Barcelona e Lugo, para finalmente exercer como director do Instituto de Bacharelato de Pontevedra. No eido da cultura, nas décadas dos anos vinte e trinta, destacou por ser un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos (1921), onde dirixiu a sección de Historia da Literatura (1922-1936); así mesmo, foi patrón fundador do Museo de Pontevedra (1927), do que foi secretario (1927-1942), xefe da oficina do Patronato Nacional de Turismo (1927-1934), vogal das comisións de monumentos de Lugo (1935) e de Pontevedra (1940) e vogal do Servicio de Defensa e Recuperación do Patrimonio Artístico (1938). Foi director do Museo de Pontevedra (1942), posto que ocupou ata a súa morte, membro da Comisión...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soberano dos Países Baixos, conde de Artois, do Franco Condado e de Charolais (1493-1506), e rei da Coroa de Castela (1504-1506), fillo de Maximiliano I de Austria e de María de Borgoña. Casou en 1496 con Xoana, filla dos Reis Católicos, o que fixo que trala morte de Isabel a Católica (1504) e tralos Acordos de Villafáfila (1506), Fernando o Católico lles cedese o goberno de Castela. Foi o iniciador da dinastía dos Austrias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1285-1314) e de Navarra (Filipe III; 1284-1305), fillo de Filipe III de Francia e Isabel de Aragón. Casou en 1284 con Xoana I de Navarra e en 1286 foi coroado rei de Navarra. Polos tratados de Tarascó (1291) e Anagni (1295) concluíu as loitas cos aragoneses, que herdara do seu pai. Entre 1294 e 1296 enfrontouse aos ingleses e recuperou Guyenne e Gascogne, e no 1300 ao conde de Flandres, que foi liberado polos seus exércitos trala Batalla de Courtrai (1303). Estableceu unha pugna co Papa Bonifacio VIII por causa da bula Clericis Laicos (1296), que prohibía o pago de impostos ao poder civil por parte do clero. Impediu a saída das rendas francesas do papado e a entrada do clero nos Estados Xerais, ao que lle valeu a excomuñón. En 1312 obrigou ao papado a suprimir a orde militar dos Templarios e confiscou os seus bens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten ou produce flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que leva follas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación que reciben os protozoos unicelulares mariños ameboides, que moi rara vez exceden 1 mm de lonxitude, e segregan un caparazón calcário -nalgúnhas especies silíceo- dividido en moitas cámaras, no que vive emitindo pseudópodos a través de poros cos que prenden as presas. Nun principio o protozoo ten unha soa cámara e á vez que medra forma unha sucesión de cámaras, cada vez de maior tamaño, ao longo da súa vida. Durante o ciclo vital presentan fases diploides e haploides. Existen unhas 10.000 especies de foraminíferos que habitan todos os ambientes mariños, esteiros e lagoas litorais e das que só unhas 50 viven na columna de auga nos primeiros 100 m e o resto son especies bentónicas que viven sobre os sedimentos ou no seu interior. O conxunto dos foraminíferos que viven nos fondos dos océanos constitúen, probablemente, a maior biomasa animal do planeta. As cunchas das especies planctónicas, ao morrer, van formar parte da lama dos fondo mariño, destacando pola súa abundancia o xénero...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e inventor. Contribuíu de forma decisiva ao desenvolvemento do motor de explosión para automóbiles. Patentou un motor de gasolina de 4 ciclos e 4 cilindros (1891) e inventou o acendido por magneto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao terreo que contén fósiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa da superficie do Sol da que proveñen case todas as radiacións solares que chegan á Terra. Constitúe o disco visible do Sol, que é o disco luminoso que se pode observar en condicións normais. Ten unha profundidade duns 400 km. A temperatura nas rexións máis profundas é de 7.500°K, pero diminúe, ata que chega a un valor de 4.700°K nas rexións máis externas. As zonas máis profundas da fotosfera mestúranse cunha rexión dunha grande opacidade onde predominan os movementos de convección, que se denomina zona de convección. A superficie non perturbada da fotosfera ten unha estrutura granular; os elementos desta estrutura son uns polígonos ou celas de forma irregular que teñen unha largura de 300 a 1.500 km, separados entre eles por estreitas faixas de coloración máis escura. Moi a miúdo a superficie da fotosfera pertúrbase por procesos que se orixinan no interior do Sol e pódense observar formacións claramente máis escuras ca as das rexións que as envolven, denominadas manchas solares, que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Erupción papulosa, ordinariamente limitada ás axilas e á pube, que se debe a unha alteración das glándulas sudoríparas.

    VER O DETALLE DO TERMO