"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pólder do S do río Ijssel, gañado ao Xuiderzee, Países Baixos. Separado do continente polo Veluwemeer, comezou a construírse en 1959.
-
PERSOEIRO
Poeta. Afiliouse ao movemento imaxinista e publicou os poemas líricos In the Net of Stars (1909), Cadences (1915) e Otherworld (1920).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que provoca a floculación.
-
Substancia que provoca a agregación das partículas dun sólido dispersas nun líquido.
-
-
PERSOEIRO
Escultor, irmán de Xácome de la Flor Vaamonde. Activo na cidade de Lugo (1622), foi oficial de Francisco de Moure. Realizou, entre outras obras, o retablo de San Martiño de Oleiros (Láncara, 1627), coas imaxes de Cristo e san Martiño, co escultor Alonso de Canabal; o retablo maior de Santiago de Piugos (Lugo, 1628), coas efixies de Santiago, santo Ildefonso, san Xoán Bautista e santo Antonio de Padua; as portas do Bo Xesús na catedral de Lugo (1636); e un retablo coas imaxes de Cristo, a Virxe, san Pedro, santo Andrés e san Xoán para San Pedro de Narla (Friol, 1642).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir, filla de pai musulmán e nai cristiá. Foi delatada ao cadí polo seu propio irmán, musulmán. Golpeárona brutalmente na cabeza e, tempo despois, presentouse ao tribunal cunha compañeira, e foron as dúas decapitadas (851). Na iconografía viste túnica e palio, como as doncelas romanas, e leva como atributos persoais, un alfanxe dos mouros e ás veces unha ave de rapina. A súa festividade celébrase o 24 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do departamento do Mosela, en Lorena, Francia (11.304 h [1990]). É un núcleo de industrias de cemento, destilerías, química e metalúrxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(s VII) Abade e bispo de Estrasburgo, fillo dun príncipe irlandés que marchou a Alemaña onde se fixo ermitán. Considérase o apóstolo de Alsacia. Na iconografía viste de pontifical; leva, como atributos xerais, a maqueta dunha igrexa e un bordón de dobre cruz, e, como atributos persoais, un animal bravo ou unha meniña cega aos seus pés. A súa festividade celébrase o 3 de xaneiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(s V) Bispo africano deportado polos vándalos á illa de Sardeña, onde morreu no ano 496. Na iconografía viste de pontifical; e leva como atributo un dragón. A súa festividade celébrase o 3 de xaneiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Cartaxena s VI) Mártir, irmá dos santos Leandro e Isidoro de Sevilla e de Fulxencio, bispo de Écija. Foi abadesa dun mosteiro de Sevilla fundado polos seus irmáns. Na iconografía viste hábitos monacais, e leva como atributos un lirio. A súa festividade celébrase o 20 de xuño.
-
PERSOEIRO
Economista. Ocupou diversos cargos no Ministerio de Facenda e durante a República representou o goberno en CAMPSA e no Banco de España. Escribiu Sobre una dirección fundamental de la produción rural española (1926) e Ditamen de la Comisión para el estudo de la implantación del patrón oro (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor español. Da súa produción destaca Breve tratado de Grimalte y Gradisa (1495), que continúa a Fiammeta de Boccaccio, e Historia de Grisel y Mirabella con la disputa de Torrellas y Bracayda (1495?).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño e militar. Capitán xeneral de Ferrol (1771-1776), foi vicerrei de Nova Granada (1776-1782) e de Nova España (1787-1789), onde realizou unha pequena reforma da facenda.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Oficial da Mariña, formou parte da Comisión de Planos Hidrográficos e Navegación en Europa e América. En 1834 pasou á administración do Estado e en 1840 exerceu como secretario da Xunta Provincial, creada tralo pronunciamento progresista. Foi alcalde da Coruña (1846-1847 e 1851-1854), cargo desde o que realizou diversas obras públicas e reformou o Hospital e o Hospicio. Deputado a Cortes pola Coruña na lexislatura 1857-1858, desenvolveu unha intensa actividade en favor do ferrocarril galego; logrou unha licenza para a construción do ferrocarril do Noroeste (Galicia-Asturias), pero non atopou investidores. Foi membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario da Coruña e cabaleiro da Real Orden de San Hermenegildo e da Real Orden de Carlos III.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1904). A Academia de España outorgoulle unha bolsa e residiu en Roma. Ao seu regreso nomeárono arquitecto conservador do Teatro Real de Madrid (1915) e ingresou na dirección xeral de Primeiro Ensino do ministerio de Instrución Pública e Ensino como arquitecto escolar. As súas construcións escolares caracterizáronse pola funcionalidade e polo emprego de materiais modestos, como o ladrillo, pero dende un punto de vista racionalista. Entre outras obras destacan os grupos escolares Cervantes (1910-1914) e Príncipe de Asturias en Madrid, os pavillóns xemelgos da Residencia de Estudiantes (1913-1914) e o pavillón de párvulos do Instituto Escuela; interveu tamén nos edificios das escolas normais de mestres de Granada, Valladolid e León. No eido da conservación arquitectónica traballou na mesquita de Córdoba.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que ten a súa orixe no latín Florianus, derivado de Florius e este de Floro, masculino de Flora. Presenta a variante Floriano. San Floriano, mártir no 304 en Lauriacum (actual Lorch, Austria). A súa festividade celébrase o 4 de maio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do antropónimo Florián.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (276), irmán do Emperador Tácito. Foi prefecto do pretorio co seu irmán e sucedeuno no trono. Derrotado en Tapso polas tropas de Probo, morreu asasinado polos seus soldados.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Santa Catarina, Brasil, na costa oriental da illa de Santa Catarina, no Atlántico (254.994 h [1991]. Exporta os produtos das súas terras e ten industria azucreira e de conservas. Fundada en 1675 por Francisco Dias Velho co nome de Nossa Senhora do Desterro, converteuse en 1726 en vila. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o edificio da antiga Aduana e as igrexas de São Sebastião, Nossa Senhora da Conceição e Nossa Senhora da Lapa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Camos (Nigrán). Ten planta en escuadro con baixo e piso. Conserva unha escaleira con patín. Na fachada destaca o escudo coas armas dos Troncoso e Soutomaior. Ten un portón arquitrabado con ameas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Censo de Floridablanca.