Flora, santa

Flora, santa

Mártir, filla de pai musulmán e nai cristiá. Foi delatada ao cadí polo seu propio irmán, musulmán. Golpeárona brutalmente na cabeza e, tempo despois, presentouse ao tribunal cunha compañeira, e foron as dúas decapitadas (851). Na iconografía viste túnica e palio, como as doncelas romanas, e leva como atributos persoais, un alfanxe dos mouros e ás veces unha ave de rapina. A súa festividade celébrase o 24 de novembro.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Córdoba