"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Calcular o total dunha cantidade.

    2. Facer un total de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Murcia (24.657 h [2001]). Destacan os cultivos de laranxeiras situados ao pé da serra de Espuña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Animal ou planta co que un grupo humano ou clan se considera en relación de parentesco ou de concordancia mítica.

    2. Símbolo ou representación artística destes seres sagrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao tótem ou ao totemismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de normas sociais, obrigas, prohibicións, crenzas ou usos difundidos nas civilizacións chamadas primitivas, sobre todo en culturas baseadas na caza e na agricultura. Fundaméntanse na concepción dunha relación especial de parentesco ou de concordancia mítica e, polo tanto, de mutua protección entre un grupo sociocultural e o tótem (totemismo colectivo), parentesco establecido por descendencia directa ou por parentesco lateral ou paralelo; ou un individuo e o tótem (parentesco individual), que ten a súa máxima expresión no xamanismo. Considerado antepasado mítico e a muído divinizado, o tótem ten a función de estruturar a vida social e é fonte de obrigas e prohibicións. Entre outras cousas, establece a endogamia e múltiples tabús, principalmente alimentarios e rituais. Está considerado por moitos etnólogos e sociólogos do s XIX como unha institución autónoma e como a máis primitiva e xeneralizada forma de relixión entre as sociedades primitivas. A etnoloxía actual valora case exclusivamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta húngaro. Colaborador da revista Nyugat, nos seus inicios estivo influído por Baudelaire e polos simbolistas franceses. Tradutor e crítico literario, publicou as coleccións Hajnali szerenád (Serenata á alba, 1913), Lomha gályán (Sobre a calmosa galera, 1917), Az öröm illan (Foxe a xoia, 1922), Lélektol léleig (Da alma da alma, 1928) e Összes versei (Todas as poesías, 1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos ostrogodos (541-552). Derrotou os bizantinos e recobrou o poder ostrogodo ao apoderarse de Casena, Urbino, Benevento e de Nápoles, en 543. En 546 ocupou Roma, abandonouna deseguida, e retomouna (549). Rompeu toda atadura de submisión ao Imperio de Oriente, someteu Sicilia e devastou as costas balcánicas. Os gregos anularon a súa frota e derrotárono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á célula non diferenciada que pode xerar un individuo novo a partir dela mesma, como é o caso do cigoto ou dos blastómeros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar letón. No curso da Guerra de Crimea dirixiu a fortificación e a defensa de Sebastopol (1854-1855). Interveu na Guerra Ruso-turca (1877-1878), onde conseguiu a capitulación de Pleven, que decidiu o desenlace do conflito en favor de Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos totonacos.

    2. Individuo do pobo totonaco.

    3. Pobo amerindio precolombino que habitaba no golfo de México ata Veracruz e Puebla. Algúns autores atribúenlle as culturas clásicas de El Tajín, Las Remojadas e de Veracruz.

    4. Lingua penuti do phylum amerindio que se fala na zona do golfo de México.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Guatemala (1.061 km2; 361.303 h [estim 2000]). A súa capital é Totonicapán (7.146 h [1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xunco do lago Titicaca con que se elaboran barcas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo latino que quere dicir ‘tanto canto’ e que na Idade Media expresaba o dereito que os príncipes reclamaban dos libertos, consistente no feito de que estes tiñan que pagarlles unha suma igual á que doaran aos seus señores para obter a liberdade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ken de Tottori, situado na illa de Honshū, Xapón (147.523 h [1997]). É un importante centro comercial do SO da illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ken da illa de Honshū, Xapón (3.494 km2; 613.289 h [2000]). A súa capital é Tottori.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Costa de Marfil (8.720 km2; 107.886 h [1988]). A súa capital é Touba (5.263 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Peroxa baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (A Coruña 1947) Ceramista e escultor. Trasladouse a Londres onde fundou o Grupo de Trabajo Gallego con T. Barro e estudou cerámica no Goldsmiths College University of London (1974-1977). Ampliou estudos en Gloucester e en EE UU, e ao regresar en 1979 traballou en Sargadelos ata 1980. En 1989 participou na creación do European Ceramics Work Centre en Holanda do que foi director (1992-1999). En 1999 trasladouse a Chicago como profesor de escultura na The School of the Art Institute of Chicago. Realizou esculturas cerámicas monumentais, de carácter conceptual que se converteron en ensamblaxes ao tempo que iniciou a realización de cabezas, soas ou en grupo, temática constante na súa traxectoria, da que destaca a serie Exquisitos nómades, iniciada en 1983. Mostrando xuntos diversos obxectos, entre os que se atopan as cabezas, realizou en 1988 a serie Descriptions without a place. Posteriormente traballou a porcelana a grande escala e fixo paisaxes, figuras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO