"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Director de escena. Iniciou a súa traxectoria teatral como alumno do Centro de Estudios da Expresión de Barcelona e na Escola Jacques Lecoq de París, para despois colaborar con grupos como Els Joglars e finalmente crear Els Comediants en 1972, compañía na que traballa como actor e director en múltiples espectáculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Discípulo de Talarn, tivo obradoiros en Madrid e Barcelona. Entre as súas obras salientan a estatua de El Cano (1884), situada no Paseo de Gracia de Barcelona, e o monumento a Zumalacárregui (1887), que está localizado en Gipuzkoa. En Madrid traballou na igrexa de San Marcos e na dos Comendadores de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Joan de Beauvoir de Havilland Fontaine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e decorador francés. Traballou como arquitecto oficial para Napoleón Bonaparte xunto con C. Percier. Representante do estilo Imperio, entre as súas obras salientan o Arco do Triunfo do Carrousel (1806-1810) e o proxecto da Rue de Rivoli (1805). No eido da restauración, traballou no Louvre, nas Tuilleries e nos palacios de La Malmaison, Fontaineblau e Versailles, entre outros. Para Luís XVIII realizou a Capela Expiatoria (1816-1820) e para Luís Filipe de Orléans a galería de Orléans do Palaïs-Royal (1829).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia e punta da beira occidental da ría de Betanzos, ao N do porto de Sada, no litoral da parroquia e concello de Sada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1936), foi presidente da Cruz Vermella e alcalde de Vigo (1963-1964). Durante a súa etapa na alcaldía adquiriu os dereitos para a captación da auga do Oitavén e impulsou a planimetría do municipio e da comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeógrafo, matemático e político. Na Universidade de Santiago de Compostela doutorouse en Teoloxía en 1812 e en Artes en 1814; tamén obtivo o grao de bacharel en leis e canons. Na universidade compostelá foi profesor de retórica, lóxica e matemáticas, ata que en 1818 gañou a cátedra desta última especialidade. En 1817 comezou a traballar na Carta Geométrica de Galicia, que rematou en 1834 (aínda que a impresión do mapa demorouse ata 1845). A súa actividade política liberal levouno a ser procesado pola Real Audiencia en 1814; en 1815 restituíronlle os seus dereitos. Adherido ao levatamento de 1820, foi secretario da Deputación Provincial de Galicia. En 1825 sufriu novas represalias políticas, que cesaron en 1826. En 1834 obtivo a cátedra de Física, Mecánica e Delineación na Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Co cambio de réxime foi nomeado director do Observatorio Astronómico de Madrid e catedrático da Escuela de Ingenieros Geógrafos. Entre 1836 e 1844 foi deputado en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carta Geométrica de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Vicente de Mañufe (Gondomar). Ten planta en forma de L, produto dos sucesivos engadidos, e dúas alturas. Conserva unha solaina á que se accede por unha escaleira e un patín sen varanda nin tellado. Mantén unha capela de planta rectangular. Está rodeado dun muro. Pegada á capela sitúase a porta de acceso, onde destaca un brasón partido cos escudos de armas dos Acuña e Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Beba (Mazaricos). Ten planta rectangular e dúas alturas comunicadas por unha escaleira dun tramo. Sufriu modificacións na cuberta. Conserva na fachada dous escudos de armas simétricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Mañufe (Gondomar). Fundouse, segundo unha inscrición conservada no lintel da porta, en 1757. Ten planta rectangular con baixo, destinado a adega, e piso. Conserva un pequeno patín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción pola que sae ou se fai saír auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Café madrileño onde se reunían, en 1820, os compoñentes da Sociedad de los Amigos del Orden, sociedade patriótica presidida por Calvo Rozas, que influíu notablemente nas manifestacións e levantamentos que tiveron lugar a finais de 1820 e principios de 1821.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Licenciado en Filosofía e Letras (1956) e doutor en Historia (1970) pola Universitat de Barcelona. Dedicouse sobre todo a traballar sobre os modelos de transición do Antigo Réxime ao capitalismo, a formación do mercado na Península Ibérica, as revolucións de 1820 e 1868 e as relacións entre o diñeiro público e o desenvolvemento económico. Da súa extensa bibliografía salientan La quiebra de la monarquía absoluta, 1814-1820 (1972), que foi a súa tese doutoral, Cambio económico y actitudes políticas en la España del s XIX (1973), La crisis del Antiguo Régimen (1808-1833) (1979), España bajo el franquismo (1986) e Europa ante el espejo (1994). Dirixiu a Historia Universal Planeta, composta por doce volumes, e foi o autor do volume La época de las revoluciones (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Obreiro portugués. Foi fundador da Aliança da Democracia Socialista, sección portuguesa da Internacional Socialista, e da Fraternidade Operária. Promoveu as primeiras manifestacións do Primeiro de Maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Estudiou na Accademia di Brera en Milán. Expuxo as súas obras en París (1934) en Abstraction-Création. Viviu en Arxentina (1939-1946) onde realizou escultura figurativa e expresionista e publicou o Manifesto branco (1946). En 1947 volveu a Milán e elaborou a doutrina do espacialismo. As superficies dos seus lenzos son planas e están rachadas; empregou tamén as luces de neon e abriu o camiño á enviroment art.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático, coñecido como Tartaglia (‘tatexo’). Autodidacta, foi profesor de matemáticas en Verona e Venecia. Estudiou a ecuación de terceiro grao e atopou a súa resolución. Realizou tamén investigacións sobre o cálculo de probabilidades e aplicou as matemáticas ao eido militar con estudios sobre balística. Publicou La nova scientia (1537) e Questi et inventioni diverse (1546).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Foi correspondente na Guerra Franco-prusiana. Publicou, entre outras obras, Gedichte (1851), Wanderungen durch die Mark Brandenburg (1862-1882), Vor dem Sturm (1878), Grete minde (1880), Irrugen, Wirrungen (1888), Frau Jenny Treibel (1892), Effi Briest (1895) e Stechlin (1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baleira baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica á instalación, reparación e revisión das conducións de auga, billas, así como doutros servicios sanitarios e de calefacción.

    VER O DETALLE DO TERMO